DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 03 de decembro de 2004 Páx. 16.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 25 de novembro de 2004 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións desta consellería.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2004.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado

ANEXO

-9ª Xuntanza de novos investigadores: 10 A.

-Outono fotográfico 2004: 12 A.

-A prostitución feminina na Comunidade Autónoma de Galicia: 7,50 A.