DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 03 de decembro de 2004 Páx. 16.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2004 pola que se conceden as axudas para a realización de tres proxectos de investigación relativos aos centros de educación non universitaria convocadas na Orde do 10 de setembro de 2004 (Diario Oficial de Galicia do 27 de setembro).

A orde conxunta das consellerías de Innovación, Industria e Comercio e de Educación e Ordenación Universitaria do 10 de setembro de 2004 (DOG do 27 de setembro), aprobaba as bases da convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación en centros de educación non universitaria. No seu artigo 4 determínanse os criterios de valoración que deberían ter en conta os membros da comisión encargada de realizar a proposta de resolución.

Atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVEN:

Primeiro.-Concederlles as axudas para a realización de proxectos de investigación, relativos aos centros de educación non universitaria de Galicia, ás persoas que se relacionan no anexo á presente resolución e na contía e anualidades que en cada caso se sinalan.

Segundo.-As cantidades que se relacionan no anexo comprenden a totalidade da axuda necesaria para a realización do correspondente proxecto de investigación, incrementada nun 10% destinado á coordinación de aspectos didácticos para o ensino da FP, que corresponde ao Instituto de Ciencias da

Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Tendo en conta as características dos proxectos que se van realizar e a composición dos correspondentes equipos non se consideran outros gastos indirectos para o organismo ao que pertencen os investigadores principais.

Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 10 de setembro de 2004 (DOG do 27 de setembro) suporá a perda do dereito a recibir a axuda correspondente.

Antes do derradeiro pagamento, os beneficiarios están obrigados a presentar unha declaración complementaria das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación dela no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2004.

Celso Currás Fernández Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de EducaciónConselleiro de Innovación,

e Ordenación Universitaria Industria e Comercio

ANEXO I

Investigador principal

Código proxecto

Título

Duración

Ano 2004

(euros)

Ano 2005

(euros)

Ano 2006

(euros)

Totais

(euros)

Cabello Ferrer, DiegoPGIDIT04EDU241001Deseño e construción dun seguidor solar para unha instalación solar fotovoltaica210.66717.06712.00039.734
Garrido Vázquez, JoaquínPGIDIT04EDU241002Técnicas de cociña ao baleiro e de atmosfera modificada210.66717.06612.00039.733
Moreno Piquero, EduardoPGIDIT04EDU241003Tecnoloxías encamiñadas á accesibilidade no sector da automoción210.66617.06712.00039.733

TOTAIS32.00051.20036.000119.200

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO