DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 03 de decembro de 2004 Páx. 16.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de novembro de 2004 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Guitiriz (Lugo).

Tendo en conta o artigo 3 do punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Guitiriz.

Localidade: Lagostelle.

Código do centro: 27016200.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Guitiriz.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Poeta Díaz Castro.