DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 01 de decembro de 2004 Páx. 16.515

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 274/2004, do 18 de novembro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Emigración.

Advertido erro no devandito decreto publicado no Diario Oficial de Galicia nº 232, do luns, 29 de novembro de 2004, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 16.396, no punto IV. Dirección Xeral de Inmigración, artigo 6º, punto 2.1. Servizo de Ordenación da Inmigración, letra f), onde di: «..., de acordo co previsto no Programa global de regulación e coordinación da estranxeiría e inmigración en España»; debe dicir: «, de acordo co previsto no Programa global de regulación e coordinación da estranxeiría e inmigración en España, responsabilidade da Dirección Xeral de Ordenación das Migracións de España».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA