DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 30 de novembro de 2004 Páx. 16.472

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 19 de novembro de 2004 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas para a compra de gando bovino que teña por obxecto a reposición das reses como consecuencia do sacrificio obrigatorio en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais reguladas e convocadas pola Orde do 17 de decembro de 2003.

A Orde do 17 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro) regulaba e convocaba axudas para a compra de gando bovino que teña por obxecto a reposición das reses como consecuencia do sacrificio obrigatorio en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais. Á vista das solicitudes realizadas ao abeiro desta orde é preciso incrementar a dotación económica prevista inicialmente para afrontar o gasto correspondente.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se recolle no artigo 12 da orde desta consellería

do 17 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro) pola que se regulan e convocan axudas para a compra de gando bovino que teña por obxecto a reposición das reses como consecuencia do sacrificio obrigatorio en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais, tal como se detalla a continuación:

O importe inicial establecido para o financiamento desta orde incrementarase en 205.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.03.613-A.770.0 Programas sanitarios especiais, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación das solicitudes de axuda na dita Orde do 17 de decembro de 2003.

Disposición derradeira

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2004.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural