DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 30 de novembro de 2004 Páx. 16.472

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 19 de novembro de 2004 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das compensacións complementarias pola aplicación de programas de erradicación de enfermidades dos animais establecidas pola Orde do 22 de decembro de 2003.

A Orde do 22 de decembro de 2003 (DOG nº 253, do 31 de decembro) establecía as compensacións complementarias pola aplicación de programas de erradicación de enfermidades dos animais. Á vista das solicitudes realizadas ao amparo desta orde é preciso incrementar a dotación económica prevista inicialmente para afrontar o gasto correspondente.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso

das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se recolle no artigo 5 da orde desta consellería do 22 de decembro de 2003 (DOG nº 253, do 31 de decembro) pola que se establecen as compensacións complementarias pola aplicación de programas de erradicación de enfermidades dos animais, tal como se detalla a continuación:

O importe inicial establecido para o financiamento desta orde incrementarase en 510.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.03.613-A.770.0 Programas sanitarios especiais, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación das solicitudes de axuda na dita Orde do 17 de decembro de 2003.

Disposición derradeira

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2004.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural