DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 30 de novembro de 2004 Páx. 16.462

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 8 de novembro de 2004 pola que se crean ficheiros de natureza pública con datos de carácter persoal da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo.

A Constitución española, no seu artigo 18.4º establece que a lei limitará o uso da informática para garantir a honra e a intimidade persoal e familiar dos cidadans e o pleno exercicio dos seus dereitos.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexer os dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente a súa honra e intimidade, tanto persoal como familiar.

No seu artigo 20.1º disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas soamente se poderá facer por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou no diario oficial correspondente.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante esta orde a Consellería de Innovación, Industria e Comercio crea os ficheiros de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros de natureza pública da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo creados por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ao disposto na normativa vixente.

Artigo 5º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2004.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO

a) Nome: ficheiro Censo público de empresas da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo.

1. Finalidade e uso do ficheiro: dar cumprimento á función público-administrativa prevista no artigo 2.1º h) da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación.

Os usos que se farán do ficheiro son os propios de base de datos das empresas e profesionais pertencentes á cámara de comercio.

2. Persoas e/ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resultan obrigados a subministralos: persoas físicas ou xurídicas que exerzan actividades empresariais, profesionais, comerciais ou industriais de acordo cos criterios establecidos na Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación na demarcación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo.

3. Procedimento de recollida de datos de carácter persoal: son achegados polas administracións públicas tributarias e/ou mediante enquisas, declaracións, entrevistas, formularios e rexistros públicos.

4. Estrutura básica do ficheiro: base de datos.

1. Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, denominación social, DNI/NIF/CIF, enderezo, teléfono, fax, correo electrónico, web.

2. Datos da actividade económica, datos sectoriais e datos identificativos dos cargos.

5. Cesións de datos previstas:

1. O ficheiro será de acceso público en relación cos datos aos que se refire o artigo 3 j) da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

2. Ao público en xeral logo de solicitude, de acordo co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.

3. Ás administracións públicas, de acordo cos artigos 11 e 21 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.

6. Órgano responsable do ficheiro: a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo.

7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán

exercerse ante a Secretaría Xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, rúa Republica Argentina, número 18-A, Vigo (36201 Pontevedra).

8. Medidas de seguridade: imporanse as medidas de seguridade de nivel básico, de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

b) Nome: ficheiro Censo electoral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo.

1. Finalidade do ficheiro e uso previsto: o mantemento dunha base de datos para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, e no artigo 30 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Os usos que se farán do ficheiro son os propios de base de datos para as eleccións da cámara de comercio.

2. Persoas e/ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal o que resultan obrigados a subministralos: a totalidade dos electores da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, clasificados por grupos e categorías, en atención á importancia económica relativa aos diversos sectores repartidos na forma que determina a Orde do 11 de abril de 1997 pola que se determinan os criterios que deberán seguir as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación da Comunidade Autónoma de Galicia para a elaboración dos seus censos electorais, a clasificación en grupos e categorías de cada unha das empresas que os integran e para a asignación de vogais representantes nos plenos respectivos (DOG do 21 de abril).

3. Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: son achegados polas administracións públicas tributarias.

4. Estrutura básica do ficheiro: base de datos.

1. Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, denominación social, DNI/NIF/CIF, enderezo postal.

2. Datos da actividade económica.

5. Cesións de datos previstas: exposición pública do censo en período electoral, mediante a forma e procedemento previsto na normativa específica.

6. Órgano responsable do ficheiro: a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo.

7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse ante a Secretaría Xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, rúa República Argentina, número 18-A, Vigo (36201 Pontevedra).

8. Medidas de seguridade: imporanse as medidas de nivel básico, de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

c) Nome: ficheiro Recurso cameral permanente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo.

1. Finalidade e uso do ficheiro: recadación das exaccións previstas nos artigos 10 e seguintes a Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación e nos artigos 38 e seguintes da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Os usos que se darán do ficheiro son os propios de base de datos para o control e xestión do cobramento das cotas camerais.

2. Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resultan obrigados a subministralos: a totalidade dos electores da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, isto é, persoas físicas ou xurídicas que exerzan actividades empresariais, profesionais, comerciais ou industriais de acordo cos criterios establecidos na Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación na demarcación da cámara.

3. Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: son achegados polas administracións públicas tributarias e en canto aos datos bancarios, polo interesado.

4. Estrutura básica do ficheiro: base de datos.

1. Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, denominación social, DNI/NIF/CIF, enderezo postal e teléfono.

2. Datos económicos da actividade e demais datos tributarios referidos ás súas declaracións de impostos recollidos na Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación.

3. Datos bancarios necesarios para o cobramento do recurso cameral permanente, achegados polo propio interesado.

5. Cesión de datos previstas: conforme o disposto no artigo 95 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, na Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, e na Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

As entidades financeiras, unicamente os datos bancarios para o cobramento por conta do recurso cameral permanente.

6. Órgano responsable do ficheiro: a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo.

7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse ante a Secretaría Xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, rúa República Argentina, número 18-A, Vigo (36201 Pontevedra).

8. Medidas de seguridade: imporanse as medidas de nivel medio, de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.