DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 30 de novembro de 2004 Páx. 16.456

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 8 de novembro de 2004 pola que se crean os ficheiros de natureza pública con datos de cáracter persoal da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegacion de Lugo.

A Constitución española, no seu artigo 18.4º establece que a lei limitará o emprego da informática para garantir a honra e a intimidade persoal e fami

liar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como o emprego posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexer os dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente a súa honra e intimidade, tanto persoal como familiar.

No seu artigo 20.1º disponse que a creación, modificación, ou supresión dos ficheiros das administracións públicas soamente se poderá facer por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante esta orde a Consellería de Innovación, Industria e Comercio crea os ficheiros de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, esta contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e emprego dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros de natureza pública da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo creados pola presente orde só serán empregados para os fins expresamente previstos no anexo e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas atenderase ao disposto na normativa vixente.

Artigo 5º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifiquen están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición final

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2004.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO

a) Nome: ficheiro Censo público de empresas da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

1. Finalidade e emprego do ficheiro: dar cumprimento á función público-administrativa prevista no artigo 2.1º h) da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación.

2. Persoas e/ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resultan obrigados a subministralos: persoas físicas ou xurídicas que exerzan actividades empresariais, profesionais, comerciais ou industriais de acordo cos criterios establecidos na Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación na demarcación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

3. Procedemento de recollida de datos: son achegados polas administracións públicas e/ou mediante enquisas, declaracións, entrevistas, formularios e rexistros públicos.

4. Estrutura básica do ficheiro:

1. Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, denominación social, DNI/NIF/CIF, enderezo, teléfono, fax, correo electrónico, web.

2. Datos da actividade económica.

3. Datos identificativos dos cargos.

4. Datos sectoriais.

5. Cesións de datos previstas:

1. O ficheiro será de acceso público en relación cos datos aos que se refire o artigo 3 j) da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

2. Ao público en xeral logo de solicitude, de acordo co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.

3. Ás administracións públicas, de acordo cos artigos 11 e 21 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.

6. Órgano responsable do ficheiro: a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse ante a Secretaría Xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

8. Medidas de seguridade: imporanse as medidas de seguridade de nivel básico, de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

b) Nome: ficheiro Censo electoral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

1. Finalidade do ficheiro e emprego previsto: o mantemento dunha base de datos para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de

comercio, industria e navegación, e no artigo 30 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficias de comercio, industria e navegación de Galicia, e en xeral levar a cabo o seu censo electoral.

2. Persoas e /ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resultan obrigados a subministralos: a totalidade dos electores da cámara, clasificados por grupos e categorías, en atención á importancia económica relativa aos diversos sectores repartidos na forma que determina a Orde do 11 de abril de 1997 pola que se determinan os criterios que teñan que seguir as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación da Comunidade Autónoma de Galicia para a elaboración dos seus censos electorais, a clasificación en grupos e categorías de cada unha das empresas que os integran e para a asignación de vogais representantes nos plenos respectivos (DOG do 21 de abril de 1997).

3. Procedemento de recollida de datos: son achegados polas administracións públicas tributarias.

4. Estrutura básica do ficheiro:

1. Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, denominación social, DNI/NIF/CIF, enderezo, teléfono, fax, correo electrónico, web.

2. Datos da actividade económica.

5. Cesións de datos previstas: a cámara exporá publicamente o seu censo na forma e polo procedemento previsto na súa normativa específica.

6. Órgano responsable do ficheiro: a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse ante a Secretaría Xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

8. Medidas de seguridade: imporanse as medias de nivel básico, de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

c) Nome: ficheiro Recurso Cameral Permanente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

1. Finalidade e emprego do ficheiro: recadación das exaccións previstas nos artigos 10 e seguintes da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, e nos artigos 38 e seguintes da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

2. Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resultan obrigados a subministralos: a totalidade dos electores da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, isto é, persoas físicas ou xurídicas que exerzan actividades comerciais, industriais ou empresas navais de acordo cos criterios establecidos na Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación na demarcación da cámara.

3. Procedemento de recollida de datos: son achegados polas administracións públicas tributarias. Os datos bancarios serán achegados polo propio interesado.

4. Estrutura básica do ficheiro:

1. Datos tributarios da actividade referidos as súas declaracións de impostos recollidos na Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación.

2. Datos bancarios necesarios para o pagamento do recurso cameral permanente, achegados polo propio interesado.

5. Cesión de datos previstos: ningunha.

6. Órgano responsable do ficheiro: a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse ante a Secretaría Xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegacion de Lugo.

8. Medidas de seguridade: imporanse as medidas de nivel medio, de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

d) Nome: ficheiro Empresas (persoas físicas e xurídicas) beneficiarias de subvencións tramitadas pola Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

1. Finalidade do ficheiro e emprego previsto:

1. Xestión dos programas públicos de axudas ás empresas.

2. Mellor desempeño das funcións públicas atribuídas ás cámaras en virtude do disposto no artigo 2 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras de comercio, industria e navegación, e no artigo 4 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, na demarcación da cámara.

3. Función estatística, de acordo coa Lei 12/1989, do 9 de maio, da función estatística pública (BOE do 11 de maio).

2. Personas e/ou colectivos afectados: empresas (persoas físicas ou xurídicas) participantes nos programas de subvencións e axudas públicas xestionados pola Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

3. Procedemento de recollida de datos: son achegados polas persoas titulares das empresas solicitantes das axudas ou subvencións.

4. Estrutura básica do fichero: base de datos.

1. Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, denominación social, DNI/NIF/CIF, enderezo, teléfono, fax, correo electrónico, web.

2. Datos sectoriais.

3. Datos identificativos dos cargos.

5. Cesión de datos: ás administracións públicas, cando así o requiran para o desenvolvemento das funcións que lle encomende a lei e ás entidades bancarias, en relación cos datos necesarios para o aboamento dos haberes líquidos.

6. Órgano responsable do ficheiro: a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no fichero poderán exercerse ante a Secretaría Xeral da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

8. Medidas de seguridade: imporanse as medidas de nivel básico, de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

e) Nome: ficheiro Formación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

1. Finalidade e emprego do ficheiro: o mantemento dunha base de datos para os efectos de cumprir o disposto no artigo 2 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación e no artigo 4 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

2. Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resultan obrigados a subministralos: empresas (persoas físicas ou xurídicas) participantes nos programas de formación xestionados pola Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

3. Procedemento de recollida de datos: datos achegados polas persoas titulares das empresas participantes nos programas de formación.

4. Estrutura básica do ficheiro:

1. Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI/NIF/CIF, enderezo e teléfono.

2. Datos de carácter persoal: data e lugar de nacemento, idade.

3. Datos académicos e profesionais: formación, titulacións e experiencia profesional.

4. Datos de emprego: profesión.

5. Cesións de datos previstas: ningunha.

6. Órgano responsable do ficheiro: a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse ante a Secretaría Xeral da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

8. Medidas de seguridade: imporanse as medidas de nivel básico de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

f) Nome: ficheiro Empresas (persoas físicas e xurídicas) relacionadas coa Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo no desempeño das súas funcións de carácter público-administrativo.

1. Finalidade e emprego do ficheiro:

1. Xestión administrativa e rexistro.

2. Dar cumprimento ás funciones público-administrativas previstas na Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, e na Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

3. Función estatística, de acordo coa Lei 12/1989, do 9 de maio, da función estatística pública (BOE do 11 de maio).

2. Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resultan obrigados a subministralos: todas aquelas empresas (persoas físicas ou xurídicas) que participen en actividades desenvolvidas no marco de cada unha das funcións públicas propias da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

3. Procedemento de recollida de datos:

1. Datos achegados voluntariamente polos interesados.

2. Censo público de empresas.

4. Estrutura básica do ficheiro:

1. Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, denominación social, DNI/NIF/CIF, enderezo, teléfono, fax, correo electrónico, web.

2. Datos sectoriais.

3. Cargos.

5. Cesións de datos previstas: ás administracións públicas, cando así o requiran para o desenvolvemento das funcións que lle encomende a lei e ás entidades bancarias en relación cos datos necesarios para o aboamento dos haberes líquidos.

6. Órgano responsable do ficheiro: a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse ante a Secretaría Xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

8. Medidas de seguridade: imporanse as medidas de seguridade de nivel básico, de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

g) Nome: ficheiro Bolsa electrónica de subprodutos (Bescam) da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

1. Finalidade e emprego do ficheiro: recollida de datos de carácter persoal das empresas interesadas en incluirse, mediante anuncios codificados, na bolsa de subprodutos industriais de Galicia, xa sexa como demandante ou como ofertante de residuos e particularmente a súa posta en contacto con outras empresas igualmente interesadas nalgún anuncio de ofertas ou demandas.

2. Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resultan obrigados a subministralos: todas aquelas empresas (persoas físicas ou xurídicas) que resulten interesadas en ofertas e demandas de residuos incluídas na bolsa de subprodutos de Galicia.

3. Procedemento de recollida de datos: son achegados voluntariamente polos titulares das empresas que solicitan a inclusión na bolsa de subprodutos.

4. Estrutura básica do ficheiro:

1. Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, denominación social, DNI/NIF/CIF, enderezo, teléfono, fax, correo electrónico, web.

2. Datos de actividade económica.

3. Material: tipo, características, composición, cantidade.

5. Cesións de datos previstas ás empresas interesadas en residuos demandados ou ofertados por empresas incluídas na bolsa de subprodutos, así como entre as propias empresas incluídas na bolsa de subprodutos.

6. Órgano responsable do ficheiro: a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse ante a Secretaría Xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

8. Medidas de seguridade: imporanse as medidas de seguridade de nivel básico, de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.