DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 30 de novembro de 2004 Páx. 16.450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de novembro de 2004 pola que se modifica a clasificación de determinadas fundacións e se ordena a súa adscrición ao departamento da Xunta de Galicia competente para o exercicio das funcións de protectorado.

O Decreto 22/2003, do 20 de xaneiro, determina os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, modificado polo decreto da Presidencia 280/2003, do 17 de xuño. Esta normativa establece unha distribución de competencias distinta á existente ata ese momento, que obriga á reclasificación de determinadas fundacións e á conseguinte modificación na súa adscrición para efectos do exercicio das funcións de protectorado.

Na súa virtude, e logo de acordo da Comisión de Secretarios Xerais, na súa reunión de data vinte e tres de novembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único.-As fundacións relacionadas no anexo desta orde, clasificadas inicialmente como mixtas e adscritas ao protectorado da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, clasifícanse como de interese para o desenvolvemento rural e ordénase a súa adscrición ao protectorado da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, por desenvolveren todas elas un obxecto fundacional incluído nas competencias atribuídas á dita consellería.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para que instrumente o disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Nº rexistroDenominación

1994/4Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Celanova

1994/5Fundacion para o Desenvolvemento da Comarca da Terra Chá

1994/6Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Ulloa

1994/8Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Fonsagrada

1994/10Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Ribeiro

Nº rexistroDenominación

1994/11Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Salnés

1994/12Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Arzúa

1994/13Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra de Lemos

1994/14Fundación para o Desenvolvemento da Comarca dos Ancares

1994/15Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes

1994/16Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Carballiño

1994/17Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Paradanta

1994/18Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Melide

1994/19Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Deza

1994/20Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Valdeorras

1994/21Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños

1994/23Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Ordes

1994/25Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Trives

1994/26Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Baixo Miño

1994/27Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Ortegal

1999/3Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Noia

1999/4Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Caldas

1999/5Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Verín

1999/6Fundación para o Desenvolvementoda Comarca da Mariña Occidental

1999/7Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra de Caldelas

1999/8Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Muros

2000/18Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Chantada

2001/3Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Betanzos

2001/4Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Morrazo

2001/5Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Central

2001/21Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Santiago de Compostela

2001/22Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Oriental

2001/23Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Eume

2002/18Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra de Soneira