DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 29 de novembro de 2004 Páx. 16.391

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 253/2004, do 7 de outubro, polo que se regulan as actividades de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Advertidos erros no Decreto 253/2004, do 7 de outubro, polo que se regulan as actividades de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 213, do 2 de novembro de 2004, cómpre realizar as seguintes correccións:

1. No artigo 6 punto 1º, último parágrafo, onde di: «A información exixida no artigo 20.2º da antedita Lei orgánica 15/1999 está contida no anexo III desta orde».

Debe dicir:

«A información exixida no artigo 20.2º da antedita Lei orgánica 15/1999 está contida no anexo III deste decreto».

2. No anexo II-A, epígrafe lexislación aplicable último parágrafo, onde di: «Decreto 249/2004, do 7 de outubro, polo que se regulan as actividades de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta».

Debe dicir:

«Decreto 253/2004, do 7 de outubro, polo que se regulan as actividades de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta».