DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 26 de novembro de 2004 Páx. 16.270

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 273/2004, do 23 de novembro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Consellería de Sanidade, durante a ausencia do seu titular, ao conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade a Hispanoamérica é necesario prover a substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade, con motivo da súa viaxe a Hispanoamérica, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Sanidade, desde o día 26 de novembro ata o día 1 de decembro, ao conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Santiago de Compostela, vinte e tres de novembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA