DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 26 de novembro de 2004 Páx. 16.270

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 272/2004, do 25 de novembro, polo que se nomea director xeral de Relacións Laborais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a Antonio de la Hera Roldán.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de novembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Nomear a Antonio de la Hera Roldán, director xeral de Relacións Laborais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de novembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais