DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 25 de novembro de 2004 Páx. 16.199

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 268/2004, do 7 de outubro, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 4 e 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei e no artigo 16.1º c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT), por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do sete de outubro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Que cese como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación dos profesores do ensino público dos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia proposto pola central sindical Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT), Jesús Otero Calvo.

Artigo 2º.-Noméase membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos profesores do ensino público dos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia proposto pola central sindical Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT), a José Rábade Arias.

Artigo 3º.-O mandato do novo membro será ata que se proceda á legal renovación por metades que establece o artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de outubro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria