DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 24 de novembro de 2004 Páx. 16.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2004 pola que se convocan dous cursos para a obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia.

O artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril, pola que se redacta de novo o artigo 27 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, establece que a expedición do diploma de directivo pola Escola Galega de Administración Pública habilita para o desempeño dos postos de traballo de libre designación que así se determinen nas relacións de postos de traballo.

De conformidade co previsto no artigo único do Decreto 319/1996, do 26 de xullo, polo que se modifica o artigo 4 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, na redacción ofrecida polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro, polo que se regula o diploma de directivo, se convocan dous cursos para a obtención do diploma de directivo de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitantes.

Serán requisitos necesarios para a realización do curso:

a) Estar, na data da convocatoria en posesión do título de licenciado ou diplomado universitario.

b) Ser funcionario de carreira ou persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde dos grupos A ou B, en situación de servizo activo ou servizos especiais en calquera das administracións públicas existentes en Galicia.

c) Ter prestado un mínimo de tres anos de servizos na Administración pública ou cinco no caso dos diplomados.

Dous terzos do total das prazas convocadas (40 prazas) quedarán reservadas para o persoal da Administración autonómica que estea comprendido no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, así como para o persoal comprendido no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, que estea ocupando postos de traballo de xestión sanitaria que non teñan carácter asistencial.

Estas prazas cubriranse de acordo coas previsións establecidas para o sistema de acceso 1.

Ás prazas do terzo restante (20 prazas) poderá optar o seguinte persoal:

-O persoal restante comprendido no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

-O persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde.

-O persoal docente ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

-O persoal funcionario de calquera outra das restantes administracións públicas existentes en Galicia.

Estas prazas cubriranse de conformidade coas previsións establecidas para o sistema de acceso 2.

En calquera caso, cada aspirante deberá optar necesariamente por algún dos dous sistemas de acceso.

No suposto de que as prazas reservadas a calquera dos sistemas de acceso non chegasen a cubrirse na súa totalidade, as sobrantes incrementarán o outro sistema de acceso.

Segunda.-Criterios de selección.

A selección dos aspirantes será efectuada por unha comisión designada para o efecto, de conformidade co previsto no artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, e constará de dúas fases:

1ª fase: valoración de méritos:

Puntuación máxima: 5 puntos.

Sistema de acceso 1.

A. Por experiencia en posto directivo na Xunta de Galicia:

a) De director xeral: 1 punto por ano completo de desempeño do cargo.

b) De subdirector xeral: 0,85 puntos por ano completo de desempeño do posto.

c) De xefe de servizo: 0,50 puntos por ano completo de desempeño do posto.

As fraccións do ano traballado nun posto poderanse acumular a outro posto de nivel inferior.

A puntuación máxima non superará os 2,5 puntos. As datas de referencia, para os efectos do cómputo do tempo, serán as que figuran na dilixencia de toma de posesión e cesamento. Esta experiencia deberá ser certificada polo responsable do servizo de persoal do que dependa o solicitante, segundo o modelo oficial que se xunta.

Sistema de acceso 2.

B. Por experiencia en postos directivos sanitarios:

a) De xerente de atención especializada: 1 punto por ano completo de desempeño do cargo.

b) De xerente de atención primaria: 0,85 puntos por ano completo de desempeño do cargo.

c) De director de atención especializada e de director de atención primaria: 0,70 puntos por ano completo de desempeño do cargo.

d) De subdirector de atención especializada e de subdirector de atención primaria: 0,50 puntos por ano completo de desempeño do cargo.

e) De xefe de servizo de atención especializada e de xefe de servizo de atención primaria: 0,25 puntos por ano completo de desempeño do cargo.

C. Por experiencia en postos directivos en centros públicos de educación infantil, primaria, secundaria ou formación profesional:

a) De director: 0,50 puntos por ano completo de desempeño do cargo.

b) De vicedirector, xefe de estudos, secretario ou administrador: 0,25 puntos por ano completo de desempeño do cargo.

D. Por experiencia en postos directivos nas restantes administracións públicas existentes en Galicia:

a) De director xeral ou equivalente: 1 punto por ano completo de desempeño do cargo.

b) De subdirector xeral ou equivalente: 0,50 puntos por ano completo de desempeño do cargo.

c) De xefe de servizo ou equivalente: 0,25 puntos por ano completo de desempeño do cargo.

As fraccións do ano traballado nun posto poderanse acumular a outro posto de nivel inferior.

A puntuación máxima non superará os 2,5 puntos. As datas de referencia, para os efectos do cómputo do tempo, serán as que figuran na dilixencia de toma de posesión e cesamento. Esta experiencia deberá ser certificada polo responsable do servizo de persoal do que dependa o solicitante, segundo modelo oficial que se xunta.

Sistemas de acceso 1 e 2.

E. Por experiencia en posto directivo en empresas privadas:

a) Como responsable máximo: 1 punto por ano completo.

b) Como responsable sectorial: 0,5 puntos por ano completo.

A dita experiencia acreditarase mediante a presentación de copia cotexada do contrato laboral subscrito ou certificación do acordo de nomeamento expedida polo órgano competente segundo os seus estatutos, de tratarse de sociedades.

A puntuación máxima será de 1,25 puntos.

F. Polo título de doutor universitario: 0,10 puntos.

A puntuación máxima será de 0,10 puntos.

G. Por cursos específicos para directivos:

a) Por cursos de menos de 50 horas: 0,07 puntos.

b) Por cursos de 51 a 100 horas: 0,08 puntos.

c) Por cursos de 101 a 150 horas: 0,09 puntos.

d) Por cursos de máis de 150 horas: 0,10 puntos.

A puntuación máxima será de 0,60 puntos.

Estes cursos deberán versar sobre algunha das materias que se tratan neste curso.

H. Por publicacións de monografías ou artigos sobre temas de xestión pública:

a) Por cada monografía: 0,10 puntos.

b) Por cada artigo: 0,05 puntos.

A puntuación máxima será de 0,35 puntos.

Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

I. Por coñecementos de idiomas:

a) Galego:

-Por licenciatura en filoloxía galega: 0,10 puntos

-Por certificado de perfeccionamento ou superior: 0,07 puntos

-Por certificado de iniciación: 0,03 puntos.

A puntuación máxima será de 0,10 puntos. A valoración do certificado de perfeccionamento exclúe a de iniciación.

b) Idiomas comunitarios:

-Por título de licenciado no idioma respectivo: 0,10 puntos.

-Por certificado de aptitude de nivel medio: 0,07 puntos.

-Por certificado de aptitude de iniciación: 0,03 puntos.

A puntuación máxima será de 0,10 puntos. A valoración do certificado de nivel medio exclúe a de nivel de iniciación.

A comisión, unha vez concluída a fase de baremación, exporá os resultados nos taboleiros de anuncios da EGAP, do Centro de Información Administrativa e Atención ao Cidadán e, se é caso, das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, concedéndose para o efecto un prazo de 10 días co fin de aducir as reclamacións que se consideren oportunas. Pola súa vez, a dita comisión determinará a puntuación mínima requirida para acceder á segunda fase do proceso de selección.

2ª fase: realización dunha entrevista, na que a comisión valorará as condicións intelectuais, calidades humanas e profesionais e a capacidade de liderato e motivación dos aspirantes. A dita entrevista poderá puntuarse ata un máximo de 5 puntos.

Terceira.-Adxudicacións de prazas.

A relación de participantes admitidos para a realización do curso exporase nos taboleiros de anuncios da EGAP, do Centro de Información Administrativa e Atención ao Cidadán e, se é caso, das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, sen prexuízo da oportuna notificación aos seleccionados co fin de que poidan obter o correspondente permiso de asistencia.

Cuarta.-Substitucións.

Se unha persoa seleccionada causa baixa antes do comezo ou no transcurso das vinte primeiras horas lectivas do curso, deberá comunicalo á EGAP para a súa substitución pola que corresponda segundo a orde de preferencia no proceso selectivo.

Quinta.-Características dos cursos.

Duración: 150 horas.

Lugar: EGAP. Polígono das Fontiñas. Rúa de Madrid, 2-4. 15707 Santiago de Compostela

Datas: os cursos realizaranse ao longo do ano 2005.

Prazas: 30 por curso.

Contido básico: a función directiva na Administración pública. Mando e liderado. A xestión de recursos humanos. Políticas de igualdade. Dirección de reunións. Dirección por obxectivos e control de xestión. Deseño organizativo. Mercadotecnia pública. Calidade de servizo. Xestión do cambio.

As clases completaranse con conferencias por conta de especialistas cualificados.

Sexta.-Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións previstas dos cursos. O interesado terá que xustificar debidamente toda inasistencia a clase, se ben a ausencia a máis de 20 horas lectivas determinará a cualificación de non apto no curso.

Sétima.-Probas e certificados de aptitude.

Valorarase a participación e dedicación dos alumnos ao longo do curso e o traballo final. A EGAP fixará as probas parciais e finais que coide pertinentes para avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos ao longo do curso, así como a memoria ou o traballo que se vai realizar ao seu remate.

Os declarados non aptos perderán a preferencia que lles poida corresponder nos procesos selectivos que se realicen nas tres próximas convocatorias do curso fronte aos aspirantes que se presenten por primeira vez.

Oitava.-Expedición do diploma de directivo.

Rematado o curso, o director deste elevaralle a proposta dos aptos ao director da EGAP, que ditará a resolución definitiva e expedirá o diploma de directivo.

Novena.-Valoración do curso.

Para os efectos do previsto no artigo 1, alínea D), da Orde do 10 de agosto de 1994, pola que se ditan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, en relación co establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, ao presente curso outórgaselle unha valoración de 2 puntos.

Do mesmo modo, recoñéceselles idéntica valoración aos cursos I ao XXXVII para a obtención do

diploma de directivo e aos cursos I, II e III para a obtención do diploma de directivo adaptado a altos cargos, convocados e realizados no seu día. Para os efectos, o dito recoñecemento levarase a cabo mediante a extensión da correspondente dilixencia de valoración nos diplomas xa expedidos.

Décima.-Modificacións.

A EGAP poderá modificar os contidos, duración, datas e horarios mencionados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir no desenvolvemento do curso.

Décimo primeira.-Instancias e prazo de presentación.

A admisión ao curso solicitarase mediante presentación da instancia, que, como modelo, se recolle no anexo I desta convocatoria, xuntando a ela, debidamente cuberto en todas as epígrafes, o anexo II á presente resolución, no que se resumen os méritos que se pretenda que sexan tidos en conta, así como a súa acreditación documental en orixinal ou copia cotexada, coa excepción daqueles xa certificados polos responsables de persoal. Por último, deberá presentarse tamén unha breve memoria escrita á máquina ou ordenador, a dobre espazo, en DIN A4, sobre as funcións e roles dos directivos na Administración pública. A EGAP poderá solicitar documentación complementaria ou aclaratoria da xa presentada no momento de solicitar o curso.

A falsidade ou ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

As instancias presentaranse no rexistro da EGAP ou enviaranse por calquera dos medios permitidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo.

O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A publicación da resolución do procedemento deberá producirse no prazo máximo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o devandito prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

Décimo segunda.-Financiamento.

De acordo coa Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, e segundo o que se especifica no seu artigo 2, indícase que o gasto que se proxecta queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2004

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO II

Méritos que se fan constar na selección para o curso de obtención do diploma de directivo

A. Sistema de acceso 1.

1. Experiencia en postos directivos na Xunta de Galicia.

Don/Dona

(Nome e apelidos do funcionario responsable dos servizos de persoal)

Cargo

Organismo

Certifica:

Que Don/Dona

ocupou nas administracións públicas, ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes postos, coa duración que se indica:

Director/a xeral ou

equivalente

DenominaciónTempo de desempeño

Subdirector/a xeral ou

equivalente

DenominaciónTempo de desempeño

Xefe/a de servizo ou

equivalente

DenominaciónTempo de desempeño

B. Sistema de acceso 2.

1. Experiencia en postos directivos sanitarios.

Don/Dona

(Nome e apelidos do funcionario responsable da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas)

Cargo

Certifica:

Que Don/Dona

ocupou nas administracións públicas, ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes postos, coa duración que se indica:

De xerente de atención especializada

DenominaciónTempo de desempeño

De xerente de atención primaria

DenominaciónTempo de desempeño

De director de atención especializada e de director de atención primaria

DenominaciónTempo de desempeño

De subdirector de atención especializada e de subdirector de atención primaria

DenominaciónTempo de desempeño

De xefe de servizo de atención especializada e de xefe de servizo de atención primaria

DenominaciónTempo de desempeño

2. Experiencia en postos directivos docentes

Don/Dona

(Nome e apelidos do funcionario responsable da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria)

Cargo

Certifica:

Que Don/Dona

ocupou nas administracións públicas, ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes postos, coa duración que se indica:

De director de centro público infantil, primaria, secundaria ou formación profesional

DenominaciónTempo de desempeño

De vicedirector, xefe de estudos, secretario ou administrador de centro público de infantil, primaria, secundaria ou formación profesional:

DenominaciónTempo de desempeño

3. Experiencia en postos directivos nas restantes administracións públicas existentes en Galicia

Don/Dona

(Nome e apelidos do funcionario responsable do Departamento de Persoal)

Cargo

Administración pública ou organismo

Certifica:

Que Don/Dona

ocupou nas aministracións públicas, ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes postos, coa duración que se indica:

Director/a xeral ou

equivalente

DenominaciónTempo de desempeño

Subdirector/a xeral ou

equivalente

DenominaciónTempo de desempeño

Xefe/a de servizo ou

equivalente

DenominaciónTempo de desempeño

C. Sistemas de acceso 1 e 2.

2. Outros méritos.

Don/ dona

(O/A aspirante) declara pola súa honra que son certos e acredita documentalmente (documentos orixinais ou compulsados) todos os datos que se fan constar para a valoración dos seguintes méritos:

Responsable máximo

de empresa privada

DenominaciónTempo de desempeño

Responsable sectorial

de empresa privada

DenominaciónTempo de desempeño

Curso: DenominaciónOrganismo que o convocouNº horas lectivas

Monografía sobre:Publicada en

Artigo sobre:Publicada en

IdiomaClase de título ou certificación