DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 24 de novembro de 2004 Páx. 16.134

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se acorda ratificar a modificación do artigo 4.2º letra k) dos estatutos da confraría de pescadores de Lira, inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas federacións e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 205, do xoves, 21 de outubro de 2004, cómpre facer a seguinte corrección:

-Na páxina 14.307, no derradeiro parágrafo, onde di: «... que dirá: «promover o recoñecemento social da profesión de pescador mediante a divulgación da cultura mariñeira, a difusión do coñecemento das actividades turísticas, culturais e de lecer vinculadas á pesca e ao mar, dirixidas tanto á propia comunidade pescadora como á sociedade en xeral, » ...», debe dicir: «... que dirá: «promover o recoñecemento social da profesión de pescador mediante a divulgación da cultura mariñeira, a difusión do coñecemento da actividade pesqueira en toda a súa extensión e o fomento das actividades turísticas, culturais e de lecer vinculadas á pesca e ao mar, dirixidas tanto á propia comunidade pescadora como á sociedade en xeral,» ...» .