DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 19 de novembro de 2004 Páx. 15.894

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de novembro de 2004 pola que se desenvolve o Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do rexistro telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

O Decreto 200/2003, do 20 de marzo, establece no seu artigo 3.3º como rexistros da Comunidade Autónoma de Galicia as oficinas de rexistro das consellerías, organismos autónomos, entidades de dereito público e demais entes públicos vinculados ou dependentes delas. Cómpre, por tanto, por esta orde, proceder a completar o anexo I incluíndo nel os rexistros das oficinas territoriais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Lugo, Ferrol e Vigo.

O Decreto 200/2003, do 20 de marzo, regula tamén, no capítulo II, o funcionamento das oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e fai pública a relación das oficinas propias ou concertadas habilitadas para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde incorpora ao anexo II do mencionado decreto as das novas oficinas da Administración local concertadas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, recollendo aqueles concellos que se incorporaron ao convenio de colaboración entre a Consellería da Presidencia e Administración Pública e a Fegamp desde a publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia do 4 de abril de 2003.

Por outra banda, o Decreto 200/2003, do 20 de marzo, crea o rexistro telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 200/2003 os novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.

De conformidade co disposto no artigo 2.2º e disposicións adicional primeira e derradeira primeira, do Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do rexistro telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán

DISPOÑO:

Artigo 1º

Engádense ao anexo I, oficinas de rexistro da Administración da Comunidade Autónoma de Gali

cia, do Decreto 200/2003, do 20 de marzo, e quedan, pois, habilitadas cos efectos previstos no seu artigo 3.3º, as seguintes:

-Rexistro do Instituto Galego de Promoción Económica, sito na Ronda da Muralla nº 70, 1º andar, Lugo, como rexistro do ente público, vinculado á Consellería de Economía e Facenda, Igape.

-Rexistro do Instituto Galego de Promoción Económica, sito na praza Camilo José Cela s/n, 4º andar, Ferrol, A Coruña, como rexistro do ente público, vinculado á Consellería de Economía e Facenda, Igape.

-Rexistro do Instituto Galego de Promoción Económica, sito na rúa Concepción Arenal 8, 4º andar, Vigo, Pontevedra, como rexistro do ente público, vinculado á Consellería de Economía e Facenda, Igape.

Artigo 2º

1. Engádense ao anexo II, oficinas de rexistro da Administración local concertadas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do Decreto 200/2003, do 20 de marzo, e quedan pois habilitadas cos efectos previstos no seu artigo 2.2º, as seguintes:

ProvinciaConcelloPublicación no DOGInicio de rexistro

A CoruñaFerrol30-6-20041-7-2004

LugoBarreiros30-6-20041-7-2004

LugoCospeito30-6-20041-7-2004

LugoSober30-6-20041-7-2004

OurenseGomesende30-6-20041-7-2004

OurenseOurense30-6-20041-7-2004

PontevedraOia30-6-20041-7-2004

Artigo 3º

1. Inclúense no anexo VII do Decreto 200/2003, do 20 de marzo (procedementos para os que está habilitado o rexistro telemático da Xunta de Galicia), e quedan pois habilitados cos efectos previstos no seu artigo 5.1º, os seguintes procedementos:

-Axudas a asociacións de estudantes das universidades galegas.

-Axudas para actualización do profesorado respecto da materia que imparten.

-Axudas para a formación de profesores en novas titulacións ou materias.

-Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarios.

-Financiamento de viaxes para estadías en países membros da Unión Europea co obxecto de coñecer a lingua dese país.

-Axudas complementarias do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudantes (Sócrates-Erasmus).

-Axudas a estudantes das universidades galegas para a realización de viaxes culturais de carácter pedagóxico.

-Axudas a estudantes con residencia en Galicia pero que realizan estudos de carácter oficial e validez nacional nas universidades públicas de fóra de Galicia.

-Axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo recoñecidas nos plans de estudos correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas.

-Axudas para o financiamento de estadías de profesores de fóra do sistema universitario de Galicia.

-Bolsas de residencia para a realización de estudos universitarios de 1º, 1º e 2º ou 3º ciclo, en centros do sistema universitario de Galicia, destinadas aos galegos e aos seus descendentes que teñan a súa residencia familiar en territorio nacional fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Bolsas para o Colexio de Europa (Bruxes e Natolín).

-Bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos de 3º ciclo nas universidades do sistema universitario de Galicia.

-Bolsas de colaboración nos departamentos das universidades do sistema universitario de Galicia.

-Axudas ás universidades galegas para a organización de congresos, simposios, xornadas e similares.

-Bolsas e axudas para asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares e cursos de verán, destinadas a estudantes universitarios.

-Bolsas e axudas ao estudo de carácter especial para estudantes galegos, descendentes de galegos ou con residencia familiar en Galicia que cursen estudos universitarios de 1º ou 2º ciclo, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas.

-Axudas aos estudantes universitarios galegos, descendentes de galegos ou residentes en Galicia, interesados en solicitar os créditos para financiar os seus estudos universitarios de 1º ciclo e 1º e 2º ciclo (nova concesión).

-Axudas aos estudantes galegos, descendentes de galegos ou residentes en Galicia, interesados en solicitar a prórroga dos créditos para financiar os seus estudos universitarios do 1º e 1º e 2º ciclo concedidos na convocatoria anterior.

-Axudas aos estudantes universitarios interesados en solicitar a prórroga para o financiamento dos xuros do préstamo concedido ao abeiro da Orde do 5 de febreiro de 2003 (DOG do 21 de febreiro) pola que se convocaron axudas para a solicitude de créditos bancarios para financiamento dos seus estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo, como medida transitoria para facer fronte ás consecuencias do accidente do Prestige.

-Axudas aos estudantes galegos, descendentes de galegos ou residentes en Galicia, interesados en soli

citar os créditos para financiar os seus estudos universitarios de 3º ciclo (nova adxudicación).

-Axudas aos estudantes galegos, descendentes de galegos ou residentes en Galicia, interesados en solicitar a prórroga dos créditos para financiar os seus estudos universitarios de 3º ciclo concedidos na convocatoria anterior.

-Bolsas de nova adxudicación para a realización de tarefas de colaboración na Dirección Xeral de Universidades.

-Axudas para a mobilidade de estudantes das universidades do sistema universitario de Galicia adheridas ao programa de intercambio SICUE.

-Axudas a estudantes con residencia fóra da Comunidade Autónoma de Galicia con aproveitamento académico excelente, que se incorporen por primeira vez ao sistema universitario de Galicia.

-Programa de axudas para estudos universitarios destinadas a emigrantes galegos ou aos seus descendentes.

Procedementos relativos a solicitudes, escritos e comunicacións tramitados no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que a continuación se relacionan:

-Axudas para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da PEME galega.

-Axudas a gastos financeiros para ampliacións de capital destinadas a financiar proxectos de implantación de melloras.

-Axudas a proxectos do plan de consolidación e competitividade da PEME, sociedade da información.

-Axudas a proxectos do plan de consolidación e competitividade da PEME, deseño.

-Axudas a proxectos do plan de consolidación e competitividade da PEME, redes interempresariais de cooperación.

-Axudas a proxectos do plan de consolidación e competitividade da PEME, sistemas de calidade.

-Axudas a proxectos do plan de consolidación e competitividade da PEME, innovación de procesos: xestión e organización na PEME.

-Axudas a proxectos empresariais de investimento.

-Axudas a gastos financeiros para ampliacións de capital destinadas a financiar proxectos de investimento.

-Apoios financeiros sobre o investimento e gastos de implantación do proxecto emprendedor.

-Axudas a gastos financeiros para ampliacións de capital destinadas a financiar proxectos emprendedores.

-Axudas de reestruturación.

-Axudas a gastos financeiros para ampliacións de capital destinadas a financiar empresas en crise.

-Convenio Igape-centros residenciais para maiores asistidos.

-Axudas a presentación de auditoría de contas anuais.

-Convenio de apoio e incentivo á modernización de establecementos de hostalaría en zonas da Costa da Morte afectadas polo Prestige.

-Convenio de apoio a proxectos ambientais.

-Programa de préstamos para financiar proxectos emprendedores.

-Convenio INESGA.

-Prestación de servizos do Igape para a elaboración de diagnósticos.

-Axudas a iniciativas en materia de difusión e divulgación de técnicas dirixidas á mellora competitiva das Pemes.

-Solicitude de cualificación como entidade colaboradora.

-Solicitude de cualificación como proxecto emprendedor.

-Servizos de apoio á elaboración do plan de empresa.

-Apoios a iniciativas de difusión da cultura emprendedora.

-Axudas á especialización laboral.

-Axudas á especialización laboral-bolseiros.

-Incentivos económicos rexionais.

-Convenio de apoio financeiro ás Pemes.

-Convenio leasing.

-Convenio de apoio financeiro ao comercio retallista.

-Avais.

-Convenio microcréditos Igape-entidades financeiras-sociedades de garantía recíproca.

-Programa de préstamos para financiar producións audiovisuais.

-Convenio sector transporte público por estrada.

2. Os procedementos para a tramitación electrónica estarán dispoñibles no enderezo http://www.xunta.es/servicios.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública