DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 18 de novembro de 2004 Páx. 15.831

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo extraestatutario da empresa Tratamiento Industrial de Aguas, S.A. (Trainasa).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Tratamiento de Aguas, S.A. (Trainasa), con vixencia desde o 1-1-2004 ata o 31-12-2007, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 20-7-2004, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da empresa, e, da parte social, polos representantes dos traballadores daquela. Tendo en conta que a parte social non posúe representantes lexitimados para negociar que cumpran coas exixencias legais establecidas no artigo 87.1º en relación co 62.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, é polo que ao devandito convenio se lle debe outorgar o carácter de convenio colectivo extraestatutario. A teor do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) por canto razóns de

interese público para a súa publicidade para garantir os dereitos dos traballadores así o aconsella, así como a teor do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de setembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Tratamiento Industrial de Aguas, S.A.

Convenio colectivo anos 2004-2005-2006-2007

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal adscrito ao centro de traballo en Vigo da empresa Tratamiento Industrial de Aguas, S.A., para o servizo de limpeza e conservación de redes de sumidoiros.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura. Non obstante, os efectos económicos salariais terán vixencia desde o 1 de xaneiro de 2004. A duración do convenio será de 4 anos, estendéndose ata o 31 de decembro de 2007.

Artigo 3º.-Denuncia.

Ambas as partes consideran automaticamente denunciado o convenio ao final da súa vixencia, é dicir, o 31-12-2003.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As condicións económicas establecidas neste convenio absorben todas as existentes ata a súa sinatura.

Artigo 5º.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base de convenio e os complementos que para cada actividade, nivel e categoría se determinan, en relación co contido dos artigos seguintes.

O pagamento da nómina mensual deberase efectuar o día 25 de cada mes (excepto o mes de decembro, que se efectuará o día 22 dese mes), mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 6º.-Salario base.

O salario base para o persoal afectado por este convenio é o que se especifica para cada nivel e categoría na táboa salarial anexa.

Cláusula de revisión

No caso de que o IPC establecido polo Instituto Nacional de Estatística rexistrase o 31 de decembro de cada un dos anos de vixencia do convenio un incremento superior ao 3,8%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra, tan axiña como se constate oficialmente esta circunstancia.

O seu aboamento producirase no mes seguinte ao da súa constatación oficial, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro.

Artigo 7º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade consistirá en tres bienios do cinco por cento e posteriores quinquenios do sete por cento sobre o salario base de cada categoría. Respectaranse os topes establecidos polo Estatuto dos traballadores.

O complemento de antigüidade devengarase desde o 1 de xaneiro do ano en que se teña dereito a cobrar o dito complemento.

Artigo 8º.-Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade.

Establécese un complemento por traballos tóxicos, penosos e perigosos na contía do vinte por cento (20%) do salario base en cada categoría. Aplicaráselle ao persoal que realice os traballos de limpeza industrial e de redes de sumidoiros.

Este complemento devengarase por día efectivamente traballado.

Artigo 9º.-Utilización de equipamentos especiais.

Todos os traballadores do equipo en que sexa preciso utilizar pistola de máxima presión ou equipa

mento de respiración autónomo ou alimentado polo camión ou grupo compresor de aire, percibirá un complemento de 1,67 euros por hora efectiva traballada.

Os compoñentes do equipo velarán por que se cumpran as medidas de seguranza do traballador que utilice os equipamentos especiais.

Ano 2005: importe do ano 2004 incrementado no IPC do ano 2004.

Ano 2006: importe do ano 2005 incrementado no IPC do ano 2005.

Ano 2007: importe do ano 2006 incrementado no IPC do ano 2006.

Artigo 10º.A.-Complemento de actividade e calidade.

Establécese un complemento de actividade e calidade de traballo.

Este complemento devengarase por día efectivamente traballado.

O equipo de traballo comporano, de acordo co tipo de actividade que se vaia realizar, ben un oficial e dous peóns ou ben un oficial e un peón.

O importe do dito complemento para o ano 2004 será de 7,40 euros para cada un dos compoñentes do equipo formado por dous traballadores e de 4,63 euros para o equipo formado por tres traballadores.

Ano 2005: importe do ano 2004 incrementado no IPC do ano 2004.

Ano 2006: importe do ano 2005 incrementado no IPC do ano 2005.

Ano 2007: importe do ano 2006 incrementado no IPC do ano 2006.

Artigo 10º.B.-Complemento de colaboración.

Todos os peóns compoñentes dos equipos percibirán este complemento, a contía do cal será de 16,15 euros mensuais por mes efectivamente traballado.

Artigo 10º.C.-Quebranto de moeda.

A empresa non exime da obriga de repoñer as perdas de diñeiro a aqueles traballadores cuxa función leve implícito o manexo de diñeiro.

Non obstante, como compensación do anterior, aboaráselles a cada un dos xefes de equipo ou responsables desta función a cantidade de 30 euros por mes efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Complemento de distancia e transporte urbano.

Todo o persoal afecto a este convenio percibirá un complemento extrasalarial denominado complemento de distancia e transporte urbano por un importe, para o ano 2004, de 4,94 euros/día.

Este complemento devengarase por día efectivamente traballado.

Así mesmo, percibirase este complemento por cada unha das saídas que se realicen en retén.

Ano 2005: importe do ano 2004 incrementado no IPC do ano 2004.

Ano 2006: importe do ano 2005 incrementado no IPC do ano 2005.

Ano 2007: importe do ano 2006 incrementado no IPC do ano 2006.

Artigo 12º.-Complemento de desprazamento.

O persoal acollido a este convenio percibirá, cando deba realizar traballos fóra do termo municipal de Vigo, un complemento de desprazamento de carácter extrasalarial, a contía do cal será de 0,65 euros/hora para o ano 2004.

Ano 2005: importe do ano 2004 incrementado no IPC do ano 2004.

Ano 2006: importe do ano 2005 incrementado no IPC do ano 2005.

Ano 2007: importe do ano 2006 incrementado no IPC do ano 2006.

Este complemento devengarase por hora efectivamente traballada fóra do concello de Vigo, incluídos os desprazamentos.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de verán, Nadal e beneficios aboaranse a razón dunha mensualidade cada unha, de salario base máis antigüidade.

A paga extra de verán devengarase do 1 de xaneiro ao 30 de xuño.

A paga extra de Nadal devengarase desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro.

A paga de beneficios devengarase desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro.

PagaAboamento

Verán24 de xullo

Nadal22 de decembro

Beneficios25 de marzo

As pagas extra devengaranse día a día e non se devengarán nas ausencias inxustificadas nin durante o tempo de baixa por IT, excepto cando a baixa sexa causada por accidente laboral ou accidente non laboral grave ou hospitalización durante os primeiros seis meses.

Artigo 14º.-Complemento de nocturnidade.

Os traballadores que deban realizar a súa xornada laboral en xornada nocturna (entre as vinte e dúas trinta horas e as seis horas da mañá), recibirán por tal concepto un complemento de nocturnidade consistente no trinta por cento (30%) do salario base

de cada categoría. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado en xornada nocturna.

Artigo 15º.-Retén de garda e festivo traballado.

Os sábados, domingos e festivos existirá un retén de garda, que deberá estar disposto e localizable para acudir ao servizo para o que sexa requirido por necesidade de intervención urxente na rede de saneamento público. Este retén estará formado por un condutor e un peón; farase de forma rotativa entre todo o cadro de persoal. No suposto de que un traballador tivese asignado un retén e non o puidese realizar por estar ausente por calquera causa, este realizarao o persoal que tivese asignado o retén seguinte das mesmas características ou ben persoal contratado para a substitución.

Os retén de máis de dous días, así como os dos días 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro designaranse por mutuo acordo dos traballadores coa conformidade da empresa.

Para este tipo de reténs nomearanse cada ano tres condutores e tres peóns como suplentes.

O retén durará desde as vinte e dúas trinta horas do venres ou véspera de festivo ata as vinte e dúas trinta horas do domingo e festivo.

A prima por este servizo será de 123,32 euros/mes para os oficiais e de 92,49 euros/mes para os peóns.

Ano 2005: importe do ano 2004 incrementado no IPC do ano 2004.

Ano 2006: importe do ano 2005 incrementado no IPC do ano 2005.

Ano 2007: importe do ano 2006 incrementado no IPC do ano 2006.

Artigo 16º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 37,5 horas (trinta e sete horas e trinta minutos) semanais, distribuídas segundo o seguinte horario:

Xornada de mañá: das 7.30 horas ás 15.00 horas.

Xornada de tarde: das 15.00 horas ás 22.30 horas.

Xornada de noite: das 22.30 horas ás 6.00 horas.

A xornada será de luns a venres excepto reténs e servizos de urxencia no saneamento público.

Dentro do horario desfrutarase dunha pausa de quince minutos que todo o equipo realizará simultaneamente.

A totalidade do cadro de persoal rotará por equipos semanalmente nas tres xornadas establecidas, facéndose a igualdade posible na rotatividade por categorías en cómputo anual.

Establécense dúas pontes; o seu desfrute será ao 50% do cadro de persoal en catro datas fixadas pola empresa logo de negociación cos traballadores.

Os días de Noiteboa (24 de decembro) e Fin de Ano (31 de decembro) considéranse, para efectos do artigo 15º deste convenio, como festivos.

Artigo 17º.-Organización do traballo.

Cando se produza a creación dun posto de traballo en calquera categoría, a empresa publicarao no seu taboleiro de anuncios, para coñecemento de todo o persoal.

Na selección dos aspirantes valoraranse os méritos e antigüidade do persoal do cadro, segundo o seguinte baremo:

Antigüidade na empresa: 0,2 puntos por ano de servizo, ata un máximo de 2 puntos.

Antigüidade carné de camión: 0,2 puntos por ano de antigüidade permiso de conducir clase C2 ata un máximo de 2 puntos.

Responsabilidade: ata 1 punto.

Dispoñibilidade no traballo: ata 1 punto.

Capacidade de traballo: ata 1 punto.

Coidado da maquinaria: ata 1 punto.

Imaxe ante cliente: ata 1 punto.

Presentación de partes: ata 0,5 puntos.

Cultura xeral: ata 0,5 puntos.

Todo o persoal que leve na empresa máis de 12 meses con contrato fixo con categoría de peón ascenderá automaticamente a peón especialista.

Por necesidades de organización, a empresa poderá trasladar provisoriamente os traballadores adscritos a un equipo a outro distinto para efectuar os mesmos labores propios da súa categoría e/ou outros distintos se for necesario, aboándose neste caso a diferenza retributiva.

Do total dos equipos de traballo estarán polo menos tres equipos formados por tres traballadores cada un.

Artigo 18º.-Vacacións.

Todos os traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de 30 días naturais, que desfrutarán preferentemente no período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.

Para o desfrute das vacacións fixarase un calendario rotativo, dentro de cada servizo, en función do período de desfrute previsto, que garanta que ningún traballador se poida ver discriminado. Non obstante, o calendario definitivo recollerá aquelas modificacións propostas polos traballadores, e libremente pactadas entre eles, sempre que non afecten significativamente o servizo ou sección a que estean asignados.

A retribución en período de vacacións será: salario base máis antigüidade, complemento tóxico, complemento de actividade, retén de garda e nocturnidade. A nocturnidade calcularase coa media da cantidade percibida por tal concepto nos últimos tres meses anteriores ao desfrute das vacacións.

A empresa poderá conceder ao persoal que o solicite, o desfrute das vacacións fóra do período establecido neste convenio, sempre que as necesidades do servizo o permitan.

Artigo 19º.-Festas.

Terán consideración de festas todas aquelas que, regulamentariamente, estean determinadas; tamén o día 3 de novembro, San Martiño de Porres, padroeiro da limpeza. Se for non laborable, cambiaríase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 20º.-Permisos e licenzas.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e períodos seguintes:

17 días naturais en caso de matrimonio.

6 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe ou fillos.

6 días naturais en caso de enfermidade grave de fillo ou cónxuxe.

4 días naturais por nacemento de fillo.

3 días naturais en caso de falecemento de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

1 día por traslado de domicilio.

1 día para renovación de permiso de conducir (precedendo aviso de 72 horas).

2 días naturais por enfermidade grave de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

1 día por asuntos propios con aviso previo de 72 horas que o concederá discrecionalmente a dirección da empresa (a partir do ano 2005).

As licenzas enténdense vinculadas ao feito causante, debéndose desfrutar ao se producir este e posterior xustificación.

O non recollido neste artigo rexerase polas demais normas vixentes aplicables.

Artigo 21º.-Anticipos reintegrables e fondo social.

Todo o persoal suxeito a este convenio poderá solicitar, con cargo ao fondo establecido neste artigo, anticipos reintegrables, que serán concedidos discrecionalmente pola dirección da empresa.

A forma de amortización será:

-Unha mensualidade, que se amortizará en doce meses.

-Dúas mensualidades, que se amortizarán en vinte e catro meses.

A empresa destinará a este fin a cantidade de 4.000 euros.

Considéranse incluídas no fondo as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

Fondo social.

Créase un fondo social destinado a formación, asistencias, etc. con destino a todos os traballadores.

O importe para o ano 2004 será de 308,32 euros por traballador e ano.

Ano 2005: importe do ano 2004 incrementado no IPC do ano 2004.

Ano 2006: importe do ano 2005 incrementado no IPC do ano 2005.

Ano 2007: importe do ano 2006 incrementado no IPC do ano 2006.

O persoal de novo ingreso ou contratado percibirá a parte proporcional ao tempo traballado.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas vixiando a distribución destes fondos e a contía que se aplicará en cada caso.

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

Subministraráselle a todo o persoal a roupa de traballo necesaria e habitual, quedando determinada a súa entrega do seguinte xeito:

-Camisa de manga longa: dúas ao ano.

-Camisa de manga curta ou polo: dous ao ano.

-Pantalón: catro ao ano.

-Xersei: dous ao ano.

-Calzado de seguranza: dous pares ao ano (bota ou zapato).

-Anorak: un cada ano.

-Chaleco: catro ao ano ou dous xerseis.

-Canguro: dous ao ano.

-Roupa de auga: cando o posto de traballo o requira.

-Luvas de caucho: segundo necesidades.

-Botas de auga de seguranza: un par ao ano.

-Gorra (1 impermeable): dous ao ano.

-Toallas: dous ao ano.

-Camiseta: dous ao ano.

-Calzón longo: dous ao ano.

Será obrigatorio a utilización de roupa de traballo durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente a primeira quincena de maio para a roupa de verán e a segunda quincena de setembro para a roupa de inverno.

Artigo 23º.-Seguro de accidentes.

A empresa subscribirá unha póliza de accidentes de traballo que garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) En caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 20.000 euros.

b) En caso de incapacidade laboral permanente total, absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 25.000 euros.

Artigo 24º.-Axudas de custo.

Ambas as partes conveñen na necesidade de se dotaren dun instrumento pactado de mobilidade xeográfica que facilite a ordenación racional dos recursos humanos da empresa.

O persoal acollido ao presente convenio poderá ser destinado fóra do termo municipal de Vigo, caso en que percibirá os complementos establecidos ao respecto.

Ao persoal que por necesidades da empresa teña de xantar ou cear fóra do seu domicilio, aboaráselle a cantidade de 13,50 euros por cada unha das comidas que se vexa obrigado a realizar fóra da casa.

Caso de ser necesario efectuar as comidas fóra do termo municipal de Vigo, aboaranse 18 euros por cada comida.

Caso de que, por obriga do traballo que se vaia efectuar, se deba pernoitar fóra do domicilio habitual, aboarase unha axuda de custos de aloxamento polo importe de 25 euros.

As melloras pactadas serán de aplicación a partir da data da sinatura do convenio colectivo.

Cláusula de revisión:

Ano 2005 o importe será:

Xantar ou cea no termo municipal de Vigo 14,50 euros por cada unha das comidas.

Xantar ou cea fóra do termo municipal de Vigo 19 euros por cada unha das comidas.

Pernoitar fóra do domicilio habitual, aboarase unha axuda de custo de aloxamento por importe de 26 euros por día.

Ano 2006 o importe será:

Xantar ou cea no termo municipal de Vigo 15,50 euros por cada unha das comidas.

Xantar ou cea fóra do termo municipal de Vigo 20 euros por cada unha das comidas.

Pernoitar fóra do domicilio habitual, aboarase unha axuda de custo de aloxamento por importe de 27 euros por día.

Ano 2007 o importe será:

Xantar ou cea no termo municipal de Vigo 16,50 euros por cada unha das comidas.

Xantar ou cea fóra do termo municipal de Vigo 21 euros por cada unha das comidas.

Pernoitar fóra do domicilio habitual, aboarase unha axuda de custo de aloxamento por importe de 28 euros por día.

Artigo 25º.-Situación de incapacidade transitoria.

A empresa aboará a todos os traballadores durante a situación de IT derivada de accidente de traballo, e desde o primeiro día, a diferenza entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade, toxicidade e complemento de actividade e calidade.

De igual forma, complementarase ata o 100% do salario base máis antigüidade, toxicidade e complemento de actividade e calidade, nos casos de hospitalización e en canto dure esta. A dita situación deberase acreditar de maneira fidedigna para xerar o dereito a este complemento.

Así mesmo, complementarase ata o 100% do salario base máis antigüidade, toxicidade e complemento de actividade e calidade, nos supostos de enfermidade común, sempre a cando o índice global de absentismo sexa do 4% ou inferior. Entenderase por absentismo global para os efectos deste artigo as ausencias por faltas sen xustificar, baixas por continxencias profesionais e baixas por continxencias comúns.

A empresa aboará a todos os traballadores, durante a situación de IT e desde o vixésimo primeiro día a diferenza entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade, toxicidade e complemento de actividade e calidade.

Artigo 26º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que a un traballador, cou ou sen a categoría de condutor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo a función que lle foi asignada, se lle retirase provisoriamente o permiso de conducir, a empresa acomodarao noutro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectaralle a retribución da súa categoría profesional, por un máximo de 2 anos. Ao termo da suspensión será reintegrado ao seu posto de traballo.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir se debese a condución temeraria, embriaguez ou drogadicción ou cando exista reincidencia.

Artigo 27º.-Seguranza e hixiene.

Dada a importancia que recoñecen os asinantes na prevención de accidentes, engádese este capítulo. Considerando ambas as partes a obriga de aplicar a lexislación sobre seguranza e hixiene vixente, así como a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, para este efecto, a dirección e a representación legal dos traballadores velará polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias.

Todo traballador será recoñecido polo menos unha vez ao ano. O resultado destes recoñecementos facilitaráselle a cada traballador de forma clara e lexible para el.

A dirección da empresa adoptará as medidas de seguranza e hixiene pertinentes como consecuencia do control do lugar do traballo, das instalacións e medios que pon ao dispor dos traballadores. Estas medidas de protección afectarán igualmente os traballadores obrigándose a traballar cos medios facilitados así como a coidar de que os locais e instrumentos de traballo se encontren en perfectas condicións, debendo pór en coñecemento da dirección da empresa as anomalías que se detecten para que esta adopte as medidas oportunas.

Artigo 28º.-Cota sindical.

A empresa, logo de solicitude do interesado, efectuará as retencións pertinentes por cotas sindicais.

Artigo 29º.-Horas extraordinarias.

Poderanse realizar as horas extraordinarias estruturais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estrutural por mor da natureza do traballo que se execute.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa.

Artigo 30.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio serán sometidas á comisión paritaria que estará constituída por 2 (dous) representantes designados polos traballadores, 2 (dous) pola dirección da empresa.

Cando menos un dos representantes da dirección da empresa e da representación dos traballadores deberá ter formado parte da comisión negociadora respectiva no convenio.

Todos os conflitos, tanto individuais como colectivos, que puidesen xurdir durante a vixencia deste convenio, deberán someterse, como trámite previo e preceptivo, ao ditame desta comisión.

Artigo 31º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido neste convenio aplicarase o que dispoña o Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Artigo 32º.- Premio de xubilación anticipada.

A empresa aboará a todos os traballadores que soliciten a xubilación anticipada e teñan unha antigüidade superior a 20 anos na empresa unha compensación económica conforme a seguinte escala:

Solicitude ao cumprir 60 anos de idade: 5 mensualidades.

Solicitude ao cumprir 61 anos de idade: 4 mensualidades.

Solicitude ao cumprir 62 anos de idade: 3 mensualidades.

Solicitude ao cumprir 63 anos de idade: 2 mensualidades.

Solicitude ao cumprir 64 anos de idade: 1 mensualidades.

A percepción do premio de xubilación anticipada é incompatible co acollemento á xubilación parcial.

Artigo 33º.- Xubilación parcial.

Ao abeiro do artigo 166.2º da Lei da Seguridade Social e do artigo 12.6º do Estatuto dos traballadores, recoñéceselles aos traballadores o dereito subxectivo de solicitar á empresa a xubilación parcial e a redución dentro dos límites legalmente previstos cando reúnan os requisitos establecidos.

A solicitude deberase remitir á empresa cunha antelación mínima de tres meses á data prevista de xubilación parcial. A empresa estudará a solicitude de boa fe coa vista posta nun acordo coa parte solicitante e, en todo caso, dará resposta nun prazo máximo de 30 días.

Empresa e traballador acordarán a forma en que se realizará a xornada anual efectiva pactada na xubilación parcial.

Artigo 34.- Excedencias

A empresa concederalles aos traballadores que o soliciten unha excedencia voluntaria por un período de un a cinco anos.

A reincorporación realizarase da forma establecida no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Cláusula adicional

As empresas contratadas para realizar a limpeza de redes de sumidoiros do concello de Vigo quedarán obrigadas a tomar ao seu cargo, mediante subrogación dos contratos de traballo, especificamente o persoal de Trainasa que, antes do 1-7-1991 figuraba adscrito á empresa Construcciones y Contratas, S.A. (anterior prestataria desta función para a Empresa Municipal de Abastecemento e Saneamento de Augas de Vigo).

Para efectos da aplicación do parágrafo anterior, transcríbese a relación do persoal afectado, en que se especifica, ademais do nome e apelidos, a categoría profesional e a data de ingreso na empresa Construcciones y Contratas, S.A. Transcríbese, así mesmo, copia do artigo primeiro do convenio colectivo que estaba vixente no 1-7-1991.

NomeCategoría profesionalData ingreso

en CYC

Francisco Javier Suárez Glez.Xefe de servizo1-12-1986
Juan Carlos González MonteroPeón especialista11-3-1985
Jesús Rivero TaboadaPeón especialista16-4-1985
Ramón López BarrosPeón especialista16-4-1985
Juan Domingo Vidal SangabrielOficial primeira22-4-1985
Alfonso Sanmartín CaamañoPeón especialista13-1-1986
José Ramón Montaña ValiñoPeón especialista19-1-1987
José Luis Seoane CostayaPeón especialista26-5-1987
Carlos Rocha LoresPeón especialista19-10-1987
Manuel Paradela OteroOficial primeira19-1-1987
Alejandro Carballeira CardaldaOficial primeira13-10-1986
José Luis Lage AlonsoPeón especialista22-8-1988
Abelardo López LópezPeón especialista29-8-1989

Copia do artigo primeiro do convenio colectivo que estaba vixente no 1-7-1991:

Ámbito territorial e funcional. O presente convenio regulará as condicións de traballo da empresa Construcciones y Contratas, S.A., co seu persoal adscrito aos servizos de recolla de lixo e limpeza viaria que a empresa ten concertadas co Concello de Vigo, Así mesmo, o presente convenio será tamén de aplicación ao persoal adscrito ao servizo de limpeza da rede de sumidoiros da cidade de Vigo.

Se algún dos servizos mencionados deixasen de se prestar pola non renovación da concesión adminis

trativa, os traballadores adscritos a el serían absorbidos pola nova empresa adxudicataria respectándolles as condicións laborais e económicas, conforme a lei vixente.

Disposición derradeira

Son partes asinantes deste convenio colectivo:

Pola parte económica:

José Luis Carcía Ibáñez.

Andrés F. Mariño Vilar.

Francisco Javier Suárez González.

Pola parte social:

Luis Lage Alonso.

Juan Vidal Sangabriel.

Miguel Cerqueira Prado.

Miguel Araújo Vidal.

ANEXO

Táboa salarial

Ano 2004Ano 2005Ano 2006Ano 2007

Encargado de sector

Salario base2.1442.2482.3572.468

Oficial 1ª condutor

Salario base807846887929

Horas extras normais13,57(1)(2)(3)

Horas extras festivas16,65(1)(2)(3)

Peón especialista

Salario base757793832870

Horas extras normais12,95(1)(2)(3)

Horas extras festivas16,04(1)(2)(3)

Peón

Salario base725760797834

Horas extras normais12,95(1)(2)(3)

Horas extras festivas16,04(1)(2)(3)

(1) O valor da hora extra incrementarase co IPC do ano 2004.

(2) O valor da hora extra incrementarase co IPC do ano 2005.

(3) O valor da hora extra incrementarase co IPC do ano 2006.