DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 18 de novembro de 2004 Páx. 15.830

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da adhesión da empresa Plasto Adhesivos Ibérica, S.L. ao convenio colectivo do sector de industrias do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra.

Visto o texto da acta da reunión do 28-11-2003, subscrita entre as representacións social e empresarial da empresa Plasto Adhesivos Ibérica, S.L., na que amosan a súa conformidade de adhesión da devandita empresa ao convenio colectivo do sector de industrias do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra, que foi publicado no BOP nº 160, do 21-8-2003 e no DOG nº 165, do 27-8-2003, e que por economía procedemental non procede publicalo con esta resolución, por telo feito xa, e polo tanto ser de xeral coñecemento. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, da adhesión da empresa Plasto Adhesivos Ibérica, S.L., ao convenio colectivo do sector de industrias do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra, que foi publicado no BOP nº 160, do 21-8-2003 e no DOG nº 165, do 27-8-2003, do que se obvia a publicación do seu texto con esta resolución por terse publicado xa nos citados diarios oficiais, polo que nos remitimos en toda a súa integridade a estas publicacións.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de setembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de sinatura do convenio colectivo de ámbito empresarial

Empresa Plasto Adhesivos Ibérica, S.L.

No Porriño, 28 de novembro de 2003, comparecen:

En representación da empresa Plasto Adhesivos Ibérica, S.L., Guillermo Fernández Hermida.

En representación do cadro de persoal laboral da empresa, o delegado de persoal, Miguel Olmos Carballo.

Expoñen como antecedentes:

1. Que con data do 3 de novembro se iniciou o proceso de negociación de convenio colectivo de ámbito empresarial respecto da empresa Plasto Adhesivos Ibérica, S.L.

2. Neste acto considérase concluído este proceso, e para o efecto subscríbense os seguintes acordos:

Primeiro.-Acórdase tomar como propio, para efectos da súa total aplicación no ámbito de Plasto Adhesivos Ibérica, S.L., o convenio colectivo das empresas siderometalúrxicas sen convenio propio da provincia de Pontevedra, convenio asinado con data do 20 de xuño de 2003 e publicado no Diario Oficial de Galicia do 21-8-2003.

En consecuencia, este convenio tería tamén unha vixencia desde o día 1 de xaneiro de 2003 ao 31 de decembro de 2005, e seralle aplicado a todo o persoal da empresa Plasto Adhesivos Ibérica, S.L., coas únicas modificacións específicas para o ámbito desta empresa, que se concretarán a seguir.

Segundo.-Acórdase que como pactos específicos no ámbito da empresa Plasto Adhesivos Ibérica, S.L. se aplicarán os seguintes:

a) Táboa salarial. Aplicarase a do convenio provincial antes referido. O complemento de transporte extra vixente nesta empresa, manterase como mellora con respecto ao do metal, e aplicaranse as subas do IPC idénticas ás que se lle apliquen ao salario base.

b) Será en xaneiro de 2004 cando se aboarán as diferenzas resultantes entre o salario que se veu aboando na empresa no ano 2003, e o salario resultante do convenio provincial para o ano 2003; para tal fin, elaborarase unha nómina específica de pagamento da diferenza do convenio.

c) A xornada máxima anual será, durante a vixencia deste convenio, anos 2004 e 2005, a mesma cá do convenio do metal, cunha redución de catro horas con respecto á do metal (xornada 2004 do metal, menos catro horas; e no ano 2005 será a xornada do metal, tamén menos catro horas).

d) Complemento de produtividade e organización do traballo. Acórdase que se levará a cabo un estudo para a aplicación dun sistema de produtividade, incluíndo unha prima única de 180,30 euros por traballador/mes, se este sistema se implanta antes de seis meses contados desde a data desta acta; así mesmo, e con carácter único, subiríanse as categorías un tramo ou chanzo con respecto aos traballadores con relación laboral indefinida e que se acollan aos plans de polivalencia e posteriormente á aplicación do sistema de produtividade. O persoal, sempre que isto sexa posible, rotará de posto cada seis meses nas máquinas de produción seriada.

Mentres a empresa non estableza o novo sistema de produtividade, cobrarase o actual complemento de produtividade mínimo de maneira mensual igual que se veu percibindo ata esta data.

e) Utilización de empresas de traballo temporal. A utilización das empresas de traballo temporal na empresa Plasto Adhesivos Ibérica, S.L. quedará limitada única e exclusivamente a novos procesos ou a novos proxectos (enténdese como novos procesos o cambio dunha referencia xa seriada a un proceso de fabricación distinto, que supoña a realización de probas de ferramentas ou máquinas, e só ata que o proceso xa permita unha fabricación estable en número de pezas e en calidade. En proxectos novos tamén se cumprirán estas condicións).

Nos casos que se mencionan no punto anterior, o persoal de ETT só poderá estar nunha máquina como complemento a unha persoa contratada pola empresa.

De se prolongar o tipo de contratación dos puntos anteriores, debe ser evidente que a produción e a calidade non sexan estables.

As reunións terán lugar no domicilio da empresa, e poderán asistir un asesor da empresa e un asesor do delegado de persoal.

Terceiro.-En todas as demais materias non recollidas expresamente neste acordo, aplicarase o convenio provincial, sen prexuízo das necesarias adecuacións en materias concretas que, de ser preciso, se someterán ao acordo da empresa co delegado de persoal.

Cuarto.-Darase traslado destes acordos á delegación provincial da Consellería de Relacións Laborais, para a debida constancia e depósito.

O que así subscriben, en proba de conformidade.

Pola empresa:Pola parte social:

Guillermo Fernández Hermida Miguel Olmos Carballo