DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 18 de novembro de 2004 Páx. 15.829

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE de 9 de novembro de 2004 pola que se amplía o prazo de xustificación dos investimentos correspondentes á anualidade 2004 previsto na Orde do 30 de setembro de 2004 de accións sectoriais de promoción da calidade na comercialización de produtos silvícolas.

A Orde do 30 de setembro de 2004 de accións sectoriais de promoción da calidade na comercialización de produtos silvícolas foi publicada o 7 de outubro de 2004, establecéndose no artigo 3 un prazo de presentación de solicitudes de 40 días naturais que finaliza o día 16 de novembro.

No artigo 7 establécese o prazo de xustificación da anualidade 2004 o 20 de novembro de 2004.

Dado o tempo insuficiente para o estudo das solicitudes e a tramitación das resolucións das axudas.

DISPOÑO:

Artículo único.-Amplíase o prazo de xustificación da anualidade 2004, previsto no artigo 7, punto 1º, ata o 11 de decembro de 2004.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2004.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente