DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 18 de novembro de 2004 Páx. 15.829

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 8 de novembro de 2004 pola que se modifican os terreos en que se prohibe o exercicio da caza, sinalados na Orde do 21 de xuño de 2004, pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2004-2005.

No artigo 19.1º x) da Orde do 21 de xuño de 2004 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2004-2005, establécense os terreos en que se prohibe o exercicio da caza na provincia da Coruña, en particular dise: « ...x) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nos terreos das parroquias de Colúns e Arcos, do concello de Mazaricos... ».

A Sociedade de Caza e Pesca O Halcón, do concello de Mazaricos, solicita que se levante a veda disposta no artigo 19.1º x) da Orde do 21 de xuño de 2004, nas parroquias de Colúns e Arcos, nos terreos pertencentes ao Tecor C-10.095 O Halcón do concello de Mazaricos, ao finalizar na vía administrativa o expediente de segregación do seu Tecor, e non haber motivo xa para a dita veda, a excepción dos montes veciñais en man común segregados Xián, Furiño, Gándara, Reviratorta e Reboredo.

Vistos os acordos tomados na reunión do Comité Provincial de Caza con data do 14 de setembro de 2004, polo que se dá o visto e prace a proposta de levantar a veda, coa excepción dos montes veciñais en man común arriba citados, e consonte as atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

RESOLVO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 19.1º x) que figura na Orde do 21 de xullo de 2004 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2004-2005, que quedará redactado como segue: «Queda prohibido o exercicio de toda clase

de caza nos montes veciñais en man común Xián, Furiño, Gándara, Reviratorta e Reboredo, das parroquias de Colúns (San Salvador) e Arcos (Santiago), do concello de Mazaricos».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2004.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente