DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 18 de novembro de 2004 Páx. 15.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2004 pola que se conceden as axudas para a realización de proxectos de investigación sobre materias turísticas dentro do programa de ciencias sociais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Por Orde do 23 de abril de 2004 (DOG nº 83, do 30 de abril) convocáronse as axudas para a realización de proxectos de investigación sobre materias turísticas dentro do programa de ciencias sociais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Conforme o disposto no punto quinto das bases da convocatoria, procedeuse á revisión das solicitudes presentadas e, de ser o caso, requiríuselles aos interesados a emenda de erros e falta de documentación. As solicitudes definitivamente admitidas foron avaliadas pola Comisión designada polo director xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo co establecido no punto sexto das bases da convocatoria.

En consecuencia, e atendendo á proposta elaborada pola comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as axudas para a realización de proxectos de investigación sobre materias

turísticas dentro do programa de ciencias sociais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, ás persoas que se relacionan no anexo da presente resolución.

Estas axudas imputaranse á aplicación orzamentaria 08.05.432A.781.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2004 e 2005.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das obrigas establecidas nas bases da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2004.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

ANEXO

Solicitante

DNI

Proxecto

Cód.-Prox.

Axuda

2004

Axuda

2005

Almeida García, Fernando33354602-WAnálise do sistema turístico territorial de GaliciaPGIDIT04CST-01-PR2.1002.100

Burdeos Quintana, Ramón44448596-SAnálise da influencia do mundo literario no turismo de GaliciaPGIDIT04CST-02-PR2.7502.750

Cereijo Silva, Mª Begoña33261194-CAvaliación dos impactos sociais, económicos e culturais da actividade turística da comarca do BarbanzaPGIDIT04CST-03-PR2.5002.500

Cibeira Moreiras, Rosa76706861-KModelos de desenvolvemento das estacións balnearias do S. XXI en GaliciaPGIDIT04CST-04-PR2.1002.100

Crisóstomo Besada, Mónica35570126-MOs baños de onda en GaliciaPGIDIT04CST-05-PR2.1002.100

García Pose, Silvia Alejandra44809011-CAnálise dos sistemas de información e da presenza e oferta na internet dos principais museos e fundacións de GaliciaPGIDIT04CST-06-PR2.5002.500

Hervella García, Gustavo76719161-QEstudo e investigación sobre novos produtos turísticos e diversificación da oferta: comarca de QuirogaPGIDIT04CST-07-PR2.1002.100

Juanatey Heredia, Dolores76779604-SEvolución da imaxe turística de Galicia a través dos carteis turísticos desde 1950 ata a actualidadePGIDIT04CST-08-PR3.2503.250

Lens Bruña, José Manuel33277907-NPosta en valor e publicitación dos espazos expositivos públicos no rural: relación e posibilidadesPGIDIT04CST-09-PR3.3003.300

Rodríguez Comesaña, Lorenzo

Mazaira Castro, Andrés

Alen González, María Elisa

36077512-B

34962470-D

76713533-T

As oficinas de turismo en Galicia desde a perspectiva da demanda: diagnóstico e estratexiasPGIDIT04CST-10-PR2.2502.250

Rodríguez Espasandín, Laura78796060-SAnálise da demanda do turismo rural en Galicia: ...PGIDIT04CST-11-PR2.1002.100