DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 18 de novembro de 2004 Páx. 15.826

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de novembro de 2004 pola que se aproban os novos estatutos da Fundación de Estudios e Análises (Fesan) e se inscriben no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de referencia, promovido pola Fundación de Estudios e Análises (Fesan), domiciliada en Santiago de Compostela (A Coruña).

Resultando que a Consellería da Presidencia e Administración Pública por Orde do 27 de maio de 1997, (DOG da mesma data), clasificou como benéfico-docente á Fundación de Estudios e Análises (Fesan) e adscribiuna á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que foi declarada de interese galego por Orde do 1 de xullo de 1997 (DOG do 11 de agosto), inscribíndose no Rexistro de Fundacións deste protectorado co número 182.

Resultando que a Fundación de Estudios e Análises (Fesan) solicitou ante este protectorado a modificación dos seus estatutos co fin de adaptalos á Lei 50/2002, do 26 de decembro, de fundacións, segundo consta na certificación da súa aprobación polo padroado, do 4 de febreiro de 2004, e na escritura pública do notario de Santiago de Compostela, Manuel-Julio Reigada Montoto, do 1 de marzo de 2004, co número de protocolo 610.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de

interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modificar os seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos exixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e 32.3º e 38 do dito regulamento.

Considerando que esta modificación estatutaria é conforme coa vontade fundacional.

Esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Aprobar os novos estatutos da Fundación de Estudios e Análises (Fesan), segundo a modificación que consta na escritura pública do notario de Santiago de Compostela, Manuel-Julio Reigada Montoto, do 1 de marzo de 2004, protocolo número 610.

Segundo.-Practicar a inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrará en vigor tal cambio estatutario.

Terceiro.-A presente disposición, que pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá ser recorrida potestativamente mediante o recurso de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ou ben impugnada directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria