DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 18 de novembro de 2004 Páx. 15.825

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de novembro de 2004 pola que se prorroga a autorización a conservatorios de música de titularidade municipal para impartir, con carácter provisional durante o ano 2004-2005, os graos elemental e/ou medio das ensinanzas de música establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, e de acordo co artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro de 2004), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden estas competencias.

Os conservatorios de música de titularidade municipal levan a cabo un importante labor no fomento, difusión e extensión das ensinanzas de música por todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e teñen unha grande importancia para o desenvolvemento integral dos nenos e mozos, contribuíndo así ao enriquecemento da vida cultural dos concellos.

A implantación do sistema educativo establecido pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (Boletín Oficial del Estado do 4 de outubro), exíxelles aos conservatorios de música importantes adaptacións estruturais e aos titulares dos ditos centros os orzamentos necesarios para levalas a cabo, e así cumprir os requisitos mínimos de instalacións destes centros.

Por Orde do 13 de outubro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 27) autorizouse a determinados conservatorios de música de titularidade municipal a impartir, con carácter provisional durante o ano escolar 2003-2004, os graos elemental e/ou medio das ensinanzas de música establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Tendo en conta que os conservatorios que no anexo desta orde se refliten, non remataron as obras para obter a correspondente autorización definitiva e co obxecto de garantir a continuidade dos seus estudos do alumnado que están a cursar estudos de música nestes conservatorios, e logo do compromiso escrito dos concellos titulares deses centros de levar a cabo as actuacións necesarias para dar cumprimento efectivo aos requisitos mínimos de instalacións e de currículo, co fin de que se lles poida conceder a autorización definitiva, é polo que esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar os conservatorios de música de titularidade municipal, que figuran no anexo a

esta orde, para impartir, con carácter provisional durante o ano escolar 2004-2005, os graos elemental e/ou medio das ensinanzas de música establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación do sistema educativo.

Segundo.-Os órganos competentes dos concellos titulares destes conservatorios teñen a obriga de cumprir o compromiso adquirido de levar a cabo todas as actuacións necesarias nestes centros educativos para adaptar aos requisitos mínimos que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril), e ao currículo que establece o Decreto 253/1993, do 29 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 25 de outubro), modificado e ampliado polo Decreto 179/2003, do 27 de febreiro (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo), con antelación suficiente de xeito que a autorización definitiva, se é o caso, poida tramitarse, de acordo co procedemento establecido para o efecto, e poida estar concedida antes do inicio do ano escolar 2005-2006.

Disposición derradeira

Facúltase as direccións xerais de Centros e Ordenación Educativa e a de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Coruña, A.

Concello: Pontes de García Rodríguez, As.

Localidade: Pontes de García Rodríguez, As.

Código do centro: 15026741.

Titular: Concello das Pontes de García Rodríguez.

Centro: Conservatorio Profesional de Música das Pontes de García Rodríguez.

Autorización provisional: grao medio.

Provincia: Ourense.

Concello: Barco de Valdeorras, O.

Localidade: Barco de Valdeorras, O.

Código do centro: 32016510.

Titular: Concello do Barco de Valdeorras.

Centro: Conservatorio Profesional de Música do Barco de Valdeorras.

Autorización provisional: grao medio.

Concello: Carballiño, O.

Localidade: Carballiño, O.

Código do centro: 32016522.

Titular: Concello do Carballiño.

Centro: Conservatorio Profesional de Música do Carballiño.

Autorización provisional: grao medio.

Concello: Ribadavia.

Localidade: Ribadavia.

Código do centro: 32016546.

Titular: Concello de Ribadavia.

Centro: Conservatorio Profesional de Música de Ribadavia.

Autorización provisional: grao medio.

Concello: Xinzo de Limia.

Localidade: Xinzo de Limia.

Código do centro: 32016534.

Titular: Concello de Xinzo de Limia.

Centro: Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia.

Autorización provisional: grao medio.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Guarda, A.

Localidade: Guarda, A.

Código do centro: 36024288.

Titular: Concello da Guarda.

Centro: Conservatorio Elemental de Música da Guarda.

Autorización provisional: grao elemental.

Concello: Ponteareas.

Localidade: Ponteareas.

Código do centro: 36018367.

Titular: Concello de Ponteareas.

Centro: Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Autorización provisional: grao medio.