DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 16 de novembro de 2004 Páx. 15.670

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 12 de novembro de 2004 pola que se modifica o prazo de entrada en vigor da Orde do 5 de novembro de 2004, pola que se regula o control da descarga e transporte dos produtos pesqueiros frescos e os da acuicultura ata a fase de primeira venda.

A Orde do 5 de novembro de 2004 pola que se regula o control de descarga e transporte dos produtos pesqueiros frescos e os da acuicultura ata a fase de primeira venda (Diario Oficial de Galicia nº 221, do 12 de novembro pasado), regula no ámbito territorial da comunidade autónoma a descarga e transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a primeria venda en lonxa ou centro de venda autorizado, e o transporte de moluscos bivalvos vivos desde a zona de produción ata un centro de expedición ou de depuración, unha zona de reinstalación, ou un establecemento de transformación. Na mesma establécense os formularios que deberán acompañar o proceso e dado que, o prazo establecido nesta orde é insuficiente para adaptalo ás circunstancias do sector, é polo que,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase a disposición derradeira segunda da Orde do 5 de novembro de 2004, pola que se regula o control da descarga e transporte dos produtos pesqueiros frescos e os da acuicultura ata a fase de primeira venda, que quedan como segue:

A presente orde entrará en vigor aos trinta días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2004.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos