DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 15 de novembro de 2004 Páx. 15.607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2004 pola que se convocan unhas xornadas sobre operativa policial de estranxeiría.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre operativa policial de estranxeiría, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer a normativa vixente na materia de estranxeiría, inmigración e os documentos necesarios para a entrada, permanencia e residencia en España.

-Saber actuar profesionalmente diante das situacións máis habituais que se poidan presentar nesta temática.

Destinatarios.

Membros das forzas e corpos de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan neste curso é de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 29 de novembro ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas e horario.

As xornadas desenvolveranse durante os días 1 e 2 de decembro. O día 1 desenvolveranse en xornada de mañá (das 9.30 ás 14.00 horas) e tarde (das 16.00 ás 19.00 horas); e o día 2 só en xornada de mañá (das 9.30 ás 14.00 horas).

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o 30 de novembro, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

As xornadas desenvolveranse na sede da Academia Galega de Seguridade.

Certificado de asistencia.

Ao remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a estas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modificar o desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 2 de novembro de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade