DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 15 de novembro de 2004 Páx. 15.599

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros no artigo 35º do convenio colectivo do sector do comercio de alimentación.

Visto o escrito do secretario comarcal da Confederación Intersindical Galega (CIG), con data de entrada no rexistro do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 23-8-2004, solicitando a corrección do artigo 35º do convenio colectivo do sector do comercio de alimentación de Pontevedra (DOG nº 175, do 8-9-2004), no senso de eliminar do citado artigo as siglas CIG, por non ser parte concertante, aínda que foi parte negociadora, así como o escrito do representante da asociación

de empresas que conforma ASAP, con rexistro de entrada do 28-9-2004, no que pon de manifesto a súa conformidade a tal corrección, tendo en conta, ademais, que o convenio non foi subscrito pola devandita central sindical.

Que ao abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Rectificar o erro material sufrido no artigo 35º, parágrafo 3º, do convenio colectivo do sector de comercio de alimentación de Pontevedra, no senso de eliminar as siglas CIG, quedando redactado na forma seguinte: centrais sindicais UGT, CC.OO. e FETICO.

Segundo.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de outubro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra