DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 15 de novembro de 2004 Páx. 15.590

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de subcontratistas de Sogama no Complexo Medioambiental de Cerceda.

Visto o expediente do convenio colectivo de subcontratistas de Sogama no Complexo Medioambiental de Cerceda (código convenio 1503941), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-9-2004 e subscrito pola parte económica polos representantes das empresas Nervión, Masa Galicia, Serlimat, Soluziona Oym e Serviguide e, pola parte social, polos representantes dos traballadores de Nervión, Masa Galicia, Serlimat, Soluziona Oym e Serviguide o día 8-9-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de outubro de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de centro de traballo das empresas que prestan servizos nos centros do Complexo Medioambiental de Cerceda, como subcontratistas da Sociedade Galega de Medioambiente (Sogama)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación a todos os traballadores e empresas que presten actualmente ou poidan prestar nun futuro os seus servizos nos centros de traballo do Complexo Medioambiental do Concello de Cerceda (Sogama), calquera que sexa a súa modalidade de contrato ou categoría profesional.

Quedan expresamente excluídos deste convenio colectivo, aquelas empresas e traballadores que realicen traballos de forma esporádica, ou presten algún tipo de colaboración accesoria en traballos que non sexan da propia actividade do Complexo Medioambiental do Concello de Cerceda (Sogama).

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor ao día seguinte da súa sinatura, cunha duración de catro anos, desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2007, e con carácter e efectos retroactivos o 1 de xaneiro de 2004 para todos os efectos e en todo o seu articulado.

Finalizada a vixencia deste convenio e entrementres non se produza a sinatura dun novo entre as partes, seguirá en vigor todo o seu articulado e contidos, xunto co resto de temas tratados e acordados pola comisión paritaria, disposicións xudiciais ou administrativas que se produciran durante a súa vixencia.

Artigo 3º.-Denuncia.

Este convenio quedará denunciado automaticamente á finalización da súa vixencia, comprometéndose as partes asinantes ao inicio da negociación dun novo convenio 30 días antes do seu vencemento.

Artigo 4º.-Subrogación de persoal.

Ademais do previsto no artigo 49 e seguintes do convenio xeral de aplicación, que será norma básica, as partes acordan que:

Ao remate da concesión de calquera das contratas, os traballadores das mesmas, calquera que sexa a súa modalidade de contrato no momento da subrogación, continuarán prestando servizos nas novas contratistas, respetándoselles todos os seus dereitos, obrigas, condicións de traballo e melloras que se produciran ao longo da relación laboral entre ambas as dúas partes.

Igualmente, a empresa entrante respectará todos os dereitos de representación e garantías dos repre

sentantes legais dos traballadores no formato existente, con todas as garantías que desa representación deriven.

Artigo 5º.-Contratación de persoal.

Na contratación de persoal fixo e eventual por parte das empresas afectadas por este convenio colectivo serán de aplicación os acordos reflectidos nas actas do 27-11-2002 da comisión paritaria onde se ratifican os acordos da acta do 30-92002 e o Regulamento de promoción interna e control de ascensos.

En consonancia co exposto anteriormente:

a) A contratación que de forma ordinaria fagan as empresas para o desenvolvemento normal das actividades será mediante contrato fixo de obra ou servizo.

b) As vacantes que se produzan, así como as prazas de nova creación que non impliquen xefatura ou dirección de obra, serán convocadas entre o persoal do cadro de persoal para que poidan optar a elas nas condicións que marca o Regulamento de promoción interna e control de ascensos, asinado como desenvolvemento do artigo 16 do anterior convenio colectivo, figurando o texto como anexo a este.

Se non existen aspirantes ás vacantes, ou ningún dos aspirantes supera as probas correspondentes, declararíase deserta a convocatoria, podendo as empresas ofertalas ao exterior.

Así mesmo e baseándose no artigo 12.4º e) do Estatuto dos traballadores, calquera empresa que desenvolva funcións ou amplíe as que xa ten dentro da planta e estas sexan do mesmo tipo que as que viñan desenvolvendo con contratacións a tempo parcial, estará obrigada a ampliar a xornada aos seus traballadores ata completala.

En canto ás empresas de nova incorporación, estarán obrigadas a aplicar o anteriormente exposto, ben sexa na mesma empresa entrante ou noutra distinta; tal empresa tendrá como premisa a ampliación ata a xornada completa dos traballadores a tempo parcial.

Artigo 6º.-Garantía ad personam.

As condicións máis beneficiosas para os traballadores con respecto a este convenio, individual ou colectivamente, subsistirán para aqueles que as veñan desfrutando, non sendo estas compensables ou absorbibles.

Tamén serán respectadas e consideradas como se parte deste convenio colectivo se trataran, as condicións máis beneficiosas para os traballadores recollidas no convenio xeral de aplicación así como en calquera outra norma e leis de rango superior a este convenio colectivo . Así mesmo, serán respectados a título individual todos os dereitos adquiridos que non se recollan neste convenio colectivo e teñan un carácter máis beneficioso para o traballador.

Artigo 7º.-Comisión mixta paritaria.

No ámbito deste convenio colectivo créase a comisión mixta paritaria que estará composta por 12 mem

bros, 6 da parte empresarial e outros 6 da parte social. A comisión mixta paritaria terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos deste convenio.

c) Conciliación en conflitos colectivos que supoñan a interpretación e aplicación das normas deste convenio.

d) Cantas funcións tendan á maior eficacia deste convenio, ou deriven do estipulado no seu texto e anexos, que forman parte del.

e) Os acordos por unanimidade da comisión paritaria serán incorporados ao convenio como se deste se tratasen.

Artigo 8º.-Xornada.

En cómputo anual a xornada máxima de traballo do persoal comprendido no ámbito deste convenio colectivo será de:

1.760 horas no ano 2004.

1.752 horas no ano 2005.

1.744 horas nos anos 2006 e 2007.

Cando a xornada diaria sexa igual ou maior a 5 horas continuadas, o persoal disporá dun descanso intermedio de 30 minutos.

Todo o persoal que preste servizos na planta clasificadora (bolsas amarelas) e zona de ensacado, disporán de tres descansos que serán de 10, 20 e 10 minutos diarios. Estes descansos computarán como xornada ordinaria.

Na sección de triaxe da PRTE, a permanencia en cada posto de traballo non poderá exceder, en ningún caso, de dúas horas continuadas por xornada, non podendo volver ao mesmo posto de traballo ata transcorridas como mínimo dúas horas.

Xornada partida:

Esta xornada en cómputo semanal será de 40 horas repartidas de luns a venres, e desenvolveranse diariamente en horario de mañá e tarde, esta só poderá partirse unha vez.

Xornada continuada:

Esta xornada en cómputo semanal será de 40 horas repartidas de luns a venres, e poderá desenvolverse diariamente en horario de mañá ou tarde.

Xornada a quendas:

Dentro do réxime de quendas existirán as modalidades de:

-Quenda pechada: que se realiza no ciclo completo de mañá/tarde/noite, con carácter rotativo.

-Quenda mañá e tarde: que se realiza de luns a venres de mañá ou de tarde, con carácter rotativo.

Para o persoal a quenda pechado, mantense o sistema de quendas 7-5, 7-5, 7-4, no que 7 son días de traballo e 5 e 4 son días de descanso.

Os traballadores entre si, e logo de comunicación ao xefe de quenda, poderán cambiar as súas quendas de traballo e os seus períodos de descanso semanal, sempre que as súas categorías e postos de traballo sexan homologables en coñecemento das funcións que se vaian realizar.

Para os traballadores que debido ao seu posto de traballo non poidan desfrutar da media hora de descanso, esta será acumulable a 14 días completos de descanso desfrutables dentro do ano natural e mediante calendario elaborado para o efecto e pactado coa representación legal dos traballadores.

Para dar cumprimento ao establecido no Real decreto 664/1997, no referente ao tempo para aseo persoal establécese que:

1. Os traballadores que desenvolvan o seu traballo a xornada partida, continuada ou quendas abertas, tomarán estes tempos antes do descanso intermedio e antes do remate da xornada.

2. No caso dos traballadores a quenda pechada desenvolverase o aseo persoal anterior ao descanso intermedio antes de producirse este, quedando reducido o tempo de descanso en cinco minutos. O aseo correspondente á finalización da xornada realizarase a finalización dela.

O tempo de hixiene para aseo persoal de remate de xornada (10 minutos) xunto cos 5 minutos de redución do descanso intermedio, acumularanse para desfrute e traduciranse en 7 días de descanso que se intercalarán entre dous períodos de descanso dentro do módulo 7-5, 7-5, 7-4. Este tempo de descanso compensatorio concretarase nos calendarios anuais e estará sometido ás mesmas condicións que para o desfrute das vacacións.

3. Os traballadores contratados a tempo parcial terán dereito ao desfrute do tempo para aseo persoal dentro da súa xornada de traballo.

O calendario anual de traballo e descanso, así como posibles modificacións nel negociarase cos representantes legais dos traballadores, non podendo as empresas modificalos de maneira unilateral.

Artigo 9º.-Vacacións.

As vacacións anuais fíxanse en 31 días naturais.

A empresa, de acordo cos representantes dos traballadores, establecerá antes do 31 de xaneiro de cada ano o calendario de vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio poderán cambiar o tempo de desfrute das vacacións cos compañeiros, con coñecemento da dirección, sen oposición desa, e con coñecemento do comité de empresa.

Cando un traballador por calquera circunstancia non puidese desfrutar as vacacións na quenda establecida polo calendario, asignaráselle outra quenda dentro de cada ano natural, que será negociada coa empresa.

As vacacións serán retribuídas como se dunha mensualidade normal de traballo se tratase.

Para os traballadores sometidos ao sistema de quendas 7-5, 7-5, 7-4, no que 7 son días de traballo e 5 e 4 días de descanso, establécese que os días de vacacións que estes desfrutarán serán da seguinte maneira e forma: cada traballador verá modificado este réxime de quendas de modo que un dos módulos de 7 días serán de vacacións en lugar de ser de traballo. Este módulo de 7 días irá intercalado entre módulos de 5 ou 4 días de descanso.

Estes 7 días desfrutaranse de acordo coas seguintes condicións:

1. En cada quenda de traballo de sete días desfrutarán as súas vacacións tres persoas de cada grupo.

2. Desas tres persoas non poderán coincidir no mesmo período e grupo dous grindastre, dous rondistas, nin o camioneiro e operador de pa.

3. De cordo co fixado neste mesmo artigo, os traballadores poderán cambiar os días de desfrute das vacacións cos compañeiros, aténdose sempre ás condicións citadas nos puntos 1 e 2. Así mesmo, cando un traballador por calquera circunstancia non puidese desfrutar as súas vacacións na quenda establecido no calendario, asignaráselle outra quenda de desfrute dentro do ano natural.

4. A estes períodos vacacionais poderanse engadir os 7 días de descanso acumulados polos riscos bióloxicos.

Con isto considéranse desfrutados os 31 días de vacacións correspondentes a cada ano.

Artigo 10º.-Licenzas ou permisos retribuídos.

Logo de aviso e xustificación posterior, o traballador poderá ausentarse do posto de traballo por algún dos motivos e tempo seguintes:

1. Por matrimonio, 16 días naturais.

2. Casamento de fillos, irmáns, irmáns políticos, pai ou nai: un día.

3. Por morte ou enfermidade grave de parentes até o segundo grao de consaguinidade ou afinidade, 3 días naturais se é na provincia de domicilio do traballador e catro días naturais se é fóra dela.

4. Un día por morte de persoas que convivan co traballador un mínimo de dous anos, acreditándose tal feito cun certificado de empadroamento.

5. Por nacemento ou adopción de fillo do traballador, 3 días naturais se ocorre dentro da provincia, e 4 se é fora dela. Se concorre enfermidade grave da muller que deu a luz, o prazo aumentarase a 5 días naturais.

6. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, sempre que non se trate dun cargo público ou cometido que implique ausencias frecuentes ou periódicas; en tal caso poderá a empresa pasalo á situación de excedencia forzosa, para a obtención do permiso de conducir, para a concorrencia a exames regrados, renovación carné de identidade ou de conducir, as horas necesarias.

7. Por traslado do domicilio habitual, un día.

8. O tempo necesario para a asistencia e acompañamento de fillos menores de idade que convivan co traballador, a consulta do médico de familia e médico especialista.

9. En canto aos permisos por maternidade, aplicarase o disposto na Lei de conciliación da vida laboral e familiar, S. S. e E. T.

Terá a mesma consideración que o cónxuxe, a persoa que conviva de maneira estable co traballador/ra, e así fose acreditado ante a empresa mediante os correspondentes certificados de empadroamento ou parella de feito.

Nos demais casos non previstos neste artigo aplicarase o disposto na lexislación vixente.

Artigo 12º.-Excedencias.

Ademais do previsto no convenio xeral interconfederal as empresas ao rematar o período de excedencia, estarán obrigadas a readmitir o traballador inmediatamente no posto que deixou vacante, sempre que a solicitude de reincorporación se curse dous meses antes do vencemento da excedencia. As condicións de traballo serán iguais ás que tiña no momento de pedir a excedencia, computándose en todo caso, para efectos de antigüidade, o período desta, excepto a voluntaria.

Artigo 13º.-Incapacidade temporal.

1. Ao traballador que cause baixa como consecuencia dunha incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, aboaráselle ata o 100% do seu salario real desde o primeiro día da baixa, como complemento das prestacións da Seguridade Social.

2. A empresa aboará ata o 100% do seu salario real durante o tempo que dura a hospitalización do traballador, intervención cirúrxica e convalecencia domiciliara derivada destas, como complemento das prestacións da Seguridade Social.

3. A empresa aboará aos traballadores afectados por este convenio ata o 85% do seu salario real ata o 20º día de baixa por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral; a partir do 21º día aboarase ata o 95%.

4. No referente á xestación, as empresas complementarán ata o 100% das retribucións salariais.

Artigo 14º.-Incapacidade permanente derivada de accidente laboral.

1. O traballador ao que se lle declare unha incapacidade permanente parcial que lle impedira seguir realizando o traballo da súa categoría con aptitude suficiente, a empresa adoptarao a un posto de traballo axeitado ás súas condicións físicas.

2. Se o grao de invalidez declarado fora o de incapacidade permanente total para o seu traballo habitual, derivada de accidente laboral, as empresas adoptarán ao traballador con capacidade diminuída a un novo posto de traballo adaptado ás súas condicións físicas, asignándolle, se é o caso, unha nova clasificación profesional, coas mesmas limitacións establecidas no número anterior.

3. En caso de non existir un posto de traballo axeitado para o traballador ou traballadora que sofre a incapacidade, e entrementres non se producira a súa recolocación, as empresas aboarán a diferenza entre a pensión que perciba o traballador ou traballadora e o 100% do salario establecido no convenio colectivo para o posto que desempeñaba no momento do accidente, agás o complemento de transporte.

Artigo 15º.-Indemnización derivada de incapacidade permanente a causa de accidente laboral.

As empresas comprométense á contratación dunha póliza de seguros que cubra as continxencias de morte, incapacidade permanente parcial, total, absoluta ou grande invalidez derivada de accidente laboral.

A comisión paritaria establecerá un escalado de niveis de cobertura, tendo en conta as continxencias cubertas e a idade dos traballadores, sobre a base dun custo equivalente a unha cobertura media do conxunto dos traballadores, de 40.000 A cun incremento anual do 4% na prima.

Artigo 16º.-Accidentes de tráfico.

No suposto de que a un traballador, realizando o seu cometido cun vehículo propiedade da empresa e cumprindo a función que se lle encomendara, se lle retirara o permiso de conducir, a empresa adaptarao noutro posto de traballo, similar ao cargo realizado anteriormente, conservando a súa retribución durante este tempo, sempre e cando o accidente non se deba a imprudencia temeraria ou embriaguez constitutivas de delito.

Se a retirada do permiso de conducir se producira ao ir ou regresar do traballo co seu vehículo particular, a empresa comprométese a garantirlle o posto de traballo e a retribución durante todo o tempo da retirada do permiso de conducir, sempre que non medie imprudencia temeraria ou embriaguez do condutor.

A empresa comprométese a facerse cargo, ben directamente ou a través da compañía de seguros, das responsabilidades económicas de toda índole, tanto respecto de terceiros como fronte á propia empresa, de que poidan ser responsables os condutores desta, polos accidentes que poidan produ

cirse con vehículos dela durante a execución do servizo, sempre que este accidente non se deba a imprudencia ou embriaguez constitutivas de delito.

No caso de que a retirada da licenza fora como consecuencia dos feitos ocurridos cun vehículo particular, a empresa asignaralle outro posto de traballo, percibindo as retribucións correspondentes a este novo posto.

En calquera dos casos, unha vez cumprida polo traballador a sanción de retirada de carné, este volverá ao seu posto de condutor e nas condicións que lle corresponderán.

Artigo 17º.-Xubilación.

De conformidade co Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, os traballadores poderán solicitar a xubilación aos 64 anos, obrigándose as empresas de acordo co citado real decreto, a substituír o traballador que se xubila por outro traballador nas condicións previstas na referida disposición.

Ao amparo do artigo 166.2º da Lei xeral da seguridade social e do artigo 12.6º do Estatuto dos traballadores, recoñéceselles aos traballadores o dereito subxectivo de solicitar da empresa a xubilación parcial e a redución da xornada no límite máximo previsto, que no momento actual é do 85% da xornada, cando reúnan os requisitos legalmente establecidos e en especial o da idade, que non poderá ser inferior aos sesenta anos. A solicitude efectuarase cunha antelación mínima de tres meses á data na que se desexa que alcance a efectividade.

Ata que o traballador xubilado parcialmente chegue á idade ordinaria de xubilación, a empresa deberá manter o contrato de relevo nos termos establecidos no artigo 12.6º do Estatuto dos traballadores. Sen embargo, as empresas realizarán a contratación substitutoria polo 100% da xornada.

Artigo 18º.-Día de pagamento.

O traballador disporá do seu salario, como máximo o día 10 de cada mes. Poren as empresas, na medida das súas posibilidades, tratarán de facer efectivos os pagamentos o derradeiro día de cada mes.

No caso de que este día cadrase en sábado ou festivo, será o día laborable anterior.

Artigo 19º.-Anticipos.

A petición dos traballadores, a empresa concederá anticipos quincenais que non excederán do 90% do salario devengado ata o momento do seu aboamento.

A petición de anticipos efectuarase do día 10 ao 15 de cada mes e o pagamento realizarase o 20 ou o día anterior se este é festivo ou inhábil.

Artigo 20º.-Anticipos reintegrables.

Os traballadores con contrato de fin de obra e cunha antigüidade mínima dun ano na empresa poderán solicitar un anticipo reintegrable de 1.500 euros como importe máximo.

Este anticipo estará suxeito ás seguintes condicións:

a) A amortización deste anticipo efectuarase a través da nómina do traballador, mediante acordo entre a empresa e solicitante, á hora de fixar as cantidades mensuais que achegará este.

b) A amortización levarase a cabo nun período máximo de 24 meses, non podendo a empresa descontarlle da citada nómina, un importe superior ao 12% do salario bruto mensual.

c) Estes anticipos serán considerados de modo singular, non podendo o mesmo traballador solicitar, salvo acordo coa empresa:

c.1. Máis dun ao mesmo tempo.

c.2. Máis dun anticipo reintegrable por ano.

Artigo 21º.-Conceptos salariais.

Os conceptos salariais que se incluirán na táboa salarial (anexo I ), serán os seguintes:

-Salario base mensual.

-Complemento de transporte (aboarase a todos os traballadores).

-Complemento penoso, tóxico e perigoso (de acordo co convenio xeral de aplicación ao concorreren os tres conceptos, será do 30% do salario. Aboarase a todos os traballadores).

-Complemento de produtividade (aboarase a todos os traballadores).

-Complemento de nocturnidade (aboarase aos traballadores que realicen a súa xornada entre ás 21.00 e as 6.00 horas).

-Complemento quendas (aboarase a todos os que realicen quendas).

-Complemento axentes de circulación.

-Antigüidade.

Todos os complementos terán un carácter mensual e consideraranse como unidades indivisibles para todos aqueles traballadores que realicen xornada completa.

No caso dos traballadores a tempo parcial cobrarán todos os conceptos económicos proporcionalmente á xornada de traballo e sempre tendo en conta as condicións do parágrafo anterior, excepto os complementos de transporte e antigüidade, que se pagarán na súa totalidade.

Artigo 22º.-Complemento por antigüidade.

Todos os traballadores ao cumpriren dous anos de antigüidade no centro de traballo, percibirán un complemento no ano 2004 de 18,06 euros, que se incrementará en cada bieno en 3,30 euros máis, durante os seguintes 10 anos, manténdose este complemento desde esa data.

Estas cantidades revisaranse todos os anos de vixencia do convenio na mesma porcentaxe en que o faga a táboa salarial.

Artigo 23º.-Incentivo axentes de circulación.

A todo o persoal que desempeñe as funcións de axentes de circulación aboaráselle un incentivo de 16,53 euros/mes, que se incrementará cada ano na porcentaxe en que o faga o convenio.

Artigo 24º.-Pagas extraordinarias.

A empresa aboará a todo o persoal comprendido neste convenio tres pagas extraordinarias anuais que se axustarán ás seguintes normas:

-Contía: 30 días de salario base máis antigüidade.

-Data de aboamento:

* Verán 20 de xullo.

* Nadal 20 de decembro.

* Marzo 20 de marzo.

As baixas por enfermidade común ou accidente non laboral non repercutirán sobre as pagas extras.

Artigo 25º.-Horas extras.

Terán a consideración de horas extras aquelas horas de traballo que excedan da duración máxima da xornada normal.

Acórdase definir horas extra de forza maior aquelas traballadas para prever ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios urxentes, sempre que a non realización deles poida representar uns graves prexuícios para a empresa ou para terceiros. Non computarán para o número máximo de horas extraordinarias autorizadas e será obrigada a súa realización.

É desexo de empresa e traballadores que o traballo se realice con plena eficacia durante a xornada normal, para reducir ao mínimo imprescindible a realización de horas extras.

O valor da hora extra, por termo xeral, será do 150% do valor da hora ordinaria. Será do 175% do valor da hora ordinaria si se realizara en sábado, domingo, festivo, ou en nocturno de luns a venres, e do 200% do valor da hora ordinaria se se realizara no caso anterior (sabado, domingo ou festivo) e se fai en nocturno.

Procurarase un cadrante rotativo para a súa realización con data tope o 31 de xaneiro de cada ano.

Artigo 26º.-Categorías profesionais.

Asimilaranse a determinada categoría todos estes operarios ou similares:

-Encargado: xefe de quenda.

-Oficial 1ª: operador, operador de guindastre, condutor, maquinista, control de accesos, axente de circulación, rondista, rondista depuradora, mecánicos, electricista, soldadores, e ensacadores.

-Oficial de 2ª: operarios de secadoiro desde 2004, e operario de trituradora desde 2005.

-Peóns especialistas: serán aqueles operarios dedicados a determinadas funcións que sen constituír

un oficio, exixen, sen embargo, certa práctica e especialidade, comprometéndose a realizar substitucións para as que estean capacitados, e así serían: operarios de triaxe, auxiliares rondistas PTE, xardineiro.

Todo o persoal que sexa clasificado como especialista seguirá desempeñando as tarefas propias á categoría de peón.

Tales traballadores, cando desempeñen substitucións nos postos de oficiais, percibirán o salario e os complementos inherentes ao posto e/ou xornada de traballo a que estean asignados.

-Peón: aqueles operarios encargados de executar labores para os que non se requira ninguna especialización profesional nin técnica.

-Encargado ou xefe de quenda administrativo.

-Oficial 1ª administrativo, equiparado a oficial de 1ª de oficio.

-Auxiliar administrativo, equiparado a oficial de 2ª de oficio.

Artigo 27º.-Promoción interna e control de ascensos.

No prazo de tres meses, a comisión paritaria procederá á modificación do Regulamento de promoción interna e control de ascensos actualmente vixente (texto integro no anexo VI), co fin da súa adecuación a este convenio colectivo.

Artigo 28º.-Definición de funcións.

As empresas e os representantes dos traballadores, nun prazo non superior a seis meses, redactarán unha definición de funcións por postos e categorías para todos os traballadores afectados por este convenio.

Artigo 29º.-Formación profesional de traballadores.

As empresas afectadas por este convenio colectivo comprométense á realización anual dun programa que incluirá, polo menos, catro cursos-talleres formativos relacionados coas tarefas que se desempeñen no complexo.

Tales cursos serán de mutuo acordo entre as empresas e os representantes dos traballadores. Poderán incluso programalos do xeito que establece o regulamento de promoción interna e control de ascensos.

Tales cursos terán unha duración mínima de 25 horas cada un. A realización de tales talleres formativos será levada a cabo fóra das horas de traballo e non terán carácter retributivo, salvo para o/os encargados de impartilo.

Artigo 30º.-Representantes sindicais.

1. Ademais do previsto no E.T. e na LOLS e demais lexislación vixente na materia, terán a consideración de representantes sindicais, dentro de cada empresa, os delegados de persoal, os membros dos comités de empresa, delegados de prevención e delegados das seccións sindicais.

2. Co obxecto de establecer un efectivo e coordinado seguimento e diálogo sobre o pactado neste convenio colectivo, así como para os temas que poidan suscitarse en materia de seguridade e saúde no traballo, todos os representantes legais dos traballadores comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio, e os delegados das seccións sindicais, poderán delegar, mediante acta, facultades concretas nun órgano máis reducido, que terá carácter instrumental das decisións que competen aos órganos da representación unitaria dos traballadores.

3. Os representantes sindicais, de acordo co artigo 68 letra e) do Estatuto dos traballadores, e independentemente, se así se dera o caso, do tempo correspondente pola súa condición de delegados de prevención, disporán dun crédito horario de 30 horas mensuais.

As horas sindicais poderán acumularse nun ou en varios membros do comité anualmente, por seccións sindicais.

Do crédito horario para delegados e membros de comité de empresa a comisión paritaria decidirá a asignación e compensación de 10 horas mensuais de cada un deles, tendo as 20 horas mensuais restantes un carácter de crédito horario individual.

4. De acordo co establecido na LOLS e demais, en canto ás reunións que se manteñan coas empresas, os representantes sindicais disporán de permisos retribuídos para a súa asistencia a elas, cando polo seu cadrante de traballo e descanso, lles correspondera traballar na quenda anterior á hora de inicio da reunión, así como nos de celebración e na quenda posterior á hora de finalización dela.

5. As empresas confeccionarán para uso exclusivo dos representantes dos traballadores, e sen exclusión do mencionado no artigos 64 do ET, un censo co seguinte contido:

a) Días efectivos de traballo por mes e ano.

b) Horas extras por mes e ano.

c) Permisos retribuídos e non retribuídos.

d) Faltas ao traballo xustificadas e sen xustificar.

Artigo 31º.-Seguridade, prevención e saúde laboral.

Como criterio xeral, establécese que será de aplicación a todos os traballadores dos centros de traballo deste complexo o Real decreto 664/1997, sobre riscos biolóxicos. Ao mesmo tempo recoñécese ás partes leximitación para poder recorrer as actas e as resolucións administrativas sobre a aplicación do indicado real decreto.

Como consecuencia do anterior, as empresas xunto cos representantes dos traballadores nun prazo non superior a seis meses elaborarán un regulamento de seguridade, prevención e saúde laboral, que pasará a formar deste convenio como se del se tratase.

Roupa de traballo: ao persoal afectado por este convenio, facilitaráselle como mínimo e antes do 31 de xaneiro de cada ano:

-3 fundas, que poderán substituírse por traxe de faena de dous corpos a vontade do traballador.

-3 camisas.

-3 camisetas.

-1 cazadora ou chaleco.

-1 anorak ou forro polar.

-2 pares de botas.

-1 impermeable ou roupa de augas.

-2 toallas cada ano.

-Equipos de protección individual: os necesarios.

Calquera dos anteriores que se deteriore ou extravíe por causas non imputables ao traballador, será substituído por un novo.

En canto a servizos en empresas tales como armarios, duchas, comedores, salas de estar, etc., estableceranse segundo o disposto na regulamentación vixente.

Onde non se poidan eliminar os riscos laborais de maneira individual ou colectiva, as empresas dotarán os seus traballadores dos equipos de protección individual identificados e específicos segundo o posto de traballo que se vaian desempeñar, e velarán polo seu correcto uso e mantemento.

3. Comités de seguridade e saúde: na súa composición aplicarase o disposto no artigo 35 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais do 8 de novembro.

Os delegados de prevención, membros do comité de seguridade e saúde, disporán do tempo necesario, dentro da súa xornada laboral, para o exercicio das súas funcions, marcadas no artigo 36 da L.P.R.L., e que deberá comprender de forma efectiva e habitual, a comprobación e revisión das medidas de prevención nos centros de traballo do complexo.

A representación de delegados de prevención estará determinada polo número de traballadores de cada empresa do complexo.

Os delegados de prevención recibirán formación en materia de riscos laborais para desempeñar funcións de nivel básico.

4. Recoñecemento médico: con carácter obrigatorio para a empresa, todos os traballadores realizarán unha revisión específica anual dentro da xornada laboral, quedando para decidir no servizo de prevención qué colectivos terían que facelo en períodos de tempo inferior, debendo informarse o comité de seguridade e saúde e tendo en conta a avaliación de riscos do posto de traballo que desempeña.

5. As empresas porán á disposición dos traballadores un rexistro individual de incidencias en materia de vixilancia da saúde (para anotar nel todos

os problemas, pequenos golpes, pinchazos, incidentes, etc.).

6. As empresas do complexo garantirán o servizo de ATS durante as 24 horas do día, polos medios e esquemas operativos que se concretarán no seo do comité de seguridade e saúde antes do remate de 2004.

Artigo 32º.-Xustificantes médicos.

Serán válidos todos aqueles que sexan expedidos polo facultativo ou no centro público de saúde a que pertenza este. En caso de asistencia privada, o xustificante virá asinado polo facultativo.

Artigo 33º.-Comisión estratéxica.

As partes asinantes deste convenio colectivo acordan que no prazo máximo de trinta días despois da súa sinatura, se levará a cabo a creación dunha comisión estratéxica que terá como obxectivo a aplicación sistemática de criterios de diálogo, en relación coas naturais diferenzas de enfoque que se poidan dar en materias que teñan un alcance relevante, para o mantemento da paz social nas empresas do complexo.

Especificamente, esta comisión afrontará, no prazo máximo de 30 días a partir da súa constitución, o estudo e proposta dun novo sistema de produtividade incentivada, a maiores da actividade ordinaria. Os seus acordos serán referendados por medio da comisión paritaria.

Estará composta por catro membros de cada parte e na medida do posible contará coa presenza, se a súa axenda llo permite, do mediador Xosé Vázquez Portomeñe.

Cláusulas adicionais

Primeira.-Para o non previsto neste convenio aplicarase ao disposto no convenio xeral do sector da limpeza pública, rego, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación da rede de sumidoiros, así como á resolución da comisión paritaria do dito convenio publicada no BOE nº 306, do 22 de decembro de 2000, E.T., LOLS, e demais lexislación vixente.

Segunda.-As discrepancias producidas na comisión paritaria solventaranse de acordo cos procedementos regulados no acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solucións de conflitos de traballo (AGA).

Terceira.-Coa sinatura deste convenio colectivo quedan compensadas as letras a) e d) do punto primeiro da acta redactada e asinada na inspección de traballo o día 30 de setembro de 2002, e incluída na súa totalidade como anexo deste convenio.

Cuarta.-As partes asinantes deste convenio acordan incorporar a este as actas da comisión paritaria, a inspección de traballo e o AGA como parte del, e figurando como anexos.

ANEXO I

TÁBOAS SALARIAIS

Quenda pechada

Ano 2004

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base635,08639,10695,30728,45819,67

Complem. tox. pen. peri.190,52191,73208,59218,54245,90

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade52,9253,2657,9460,7068,31

Complem. quendas64,9564,9564,9564,9564,95

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.190,971.196,531.274,271.320,131.446,32

Pagas extras1.905,241.917,302.085,902.185,352.459,01

Total anual16.196,8516.275,6417.377,1618.026,9019.814,81

Ano 2005

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base709,58719,00780,60816,95916,95

Complem. tox. pen. peri.212,87215,70234,18245,09275,09

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade59,1359,9265,0568,0876,41

Complem. quendas64,9564,9564,9564,9564,95

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.294,031.307,061.392,271.442,551.580,89

Pagas extras2.128,742.157,002.341,802.450,852.750,85

Total anual17.657,0517.841,6819.049,0419.761,5021.721,50

Ano 2006

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base781,31795,94862,75902,161.010,61

Complem. tox. pen. peri.234,39238,78258,83270,65303,18

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade65,1166,3371,9075,1884,22

Complem. quendas64,9564,9564,9564,9564,95

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.393,251.413,491.505,911.560,431.710,45

Pagas extras2.343,932.387,822.588,252.706,483.031,83

Total anual19.062,9619.349,7020.659,1821.431,6223.557,24

Ano 2007

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base855,80875,84948,05990,651.107,88

Complem. tox. pen. peri.256,74262,75284,42297,20332,36

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade71,3272,9979,0082,5592,32

Complem. quendas64,9564,9564,9564,9564,95

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.496,301.524,021.623,911.682,841.845,01

Pagas extras2.567,402.627,522.844,152.971,953.323,64

Total anual20.522,9620.915,7422.331,0623.166,0225.463,73

Quenda aberta

Ano 2004

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base635,08639,10695,30728,45819,67

Complem. tox. pen. peri.190,52191,73208,59218,54245,90

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade

Complem. quendas64,9564,9564,9564,9564,95

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.138,041.143,271.216,331.259,431.378,01

Pagas extras1.905,241.917,302.085,902.185,352.459,01

Total anual15.561,7715.636,5416.681,8617.298,4518.995,14

Ano 2005

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base709,58719,00780,60816,95916,95

Complem. tox. pen. peri.212,87215,70234,18245,09275,09

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade

Complem. quendas64,9564,9564,9564,9564,95

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.234,891.247,141.327,221.374,481.504,48

Pagas extras2.128,742.157,002.341,802.450,852.750,85

Total anual16.947,4717.122,6818.268,4418.944,5520.804,55

Ano 2006

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base781,31795,94862,75902,161.010,61

Complem. tox. pen. peri.234,39238,78258,83270,65303,18

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade

Complem. quendas64,9564,9564,9564,9564,95

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.328,141.347,161.434,021.485,251.626,23

Pagas extras2.343,932.387,822.588,252.706,483.031,83

Total anual18.281,6518.553,7619.796,4320.529,4622.546,63

Ano 2007

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base855,80875,84948,05990,651.107,88

Complem. tox. pen. peri.256,74262,75284,42297,20332,36

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade

Complem. quendas64,9564,9564,9564,9564,95

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.424,981.451,031.544,911.600,291.752,68

Pagas extras2.567,402.627,522.844,152.971,953.323,64

Total anual19.667,1620.039,9021.383,0122.175,3724.355,85

Xornada partida

Ano 2004

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base635,08639,10695,30728,45819,67

Complem. tox. pen. peri.190,52191,73208,59218,54245,90

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade

Complem. quendas

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Bruto mes1.073,091.078,321.151,381.194,481.313,06

Pagas extras1.905,241.917,302.085,902.185,352.459,01

Total anual14.782,3714.857,1415.902,4616.519,0518.215,74

Ano 2005

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base709,58719,00780,60816,95916,95

Complem. tox. pen. peri.212,87215,70234,18245,09275,09

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade

Complem. quendas

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.169,941.182,191.262,271.309,531.439,53

Pagas extras2.128,742.157,002.341,802.450,852.750,85

Total anual16.168,0716.343,2817.489,0418.165,1520.025,15

Ano 2006

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base781,31795,94862,75902,161.010,61

Complem. tox. pen. peri.234,39238,78258,83270,65303,18

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade

Complem. quendas

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.263,191.282,211.369,071.420,301.561,28

Pagas extras2.343,932.387,822.588,252.706,483.031,83

Total anual17.502,2517.774,3619.017,0319.750,0621.767,23

Ano 2007

PeónPeón

especialista

Oficial 2ªOficial 1ªXefe de

quenda

Salario base855,80875,84948,05990,651.107,88

Complem. tox. pen. peri.256,74262,75284,42297,20332,36

Complem. transporte85,1185,1185,1185,1185,11

Complem. nocturnidade

Complem. quendas

Complem. produtividade162,38162,38162,38162,38162,38

Bruto mes1.360,031.386,081.479,961.535,341.687,73

Pagas extras2.567,402.627,522.844,152.971,953.323,64

Total anual18.887,7619.260,5020.603,6121.395,9723.576,45

Táboa salarial 25 horas

Ano 2004

Peón

Salario base396,93

Complemento tox. pen. peri.119,08

Complemento transporte85,11

Complemento nocturnidade

Complemento quendas

Complemento produtividade101,49

Bruto mes702,60

Pagas extras1.190,78

Total anual9.622,01

Ano 2005

Peón

Salario base443,49

Complemento tox. pen. peri.133,05

Complemento transporte85,11

Complemento nocturnidade

Complemento quendas

Complemento produtividade101,49

Bruto mes763,13

Pagas extras1.330,46

Total anual10.488,07

Ano 2006

Peón

Salario base488,32

Complemento tox. pen. peri.146,50

Complemento transporte85,11

Complemento nocturnidade

Complemento quendas

Complemento produtividade101,49

Bruto mes821,41

Pagas extras1.464,96

Total anual11.321,93

Ano 2007

Peón

Salario base534,88

Complemento tox. pen. peri.160,46

Complemento transporte85,11

Complemento nocturnidade

Complemento quendas

Complemento produtividade101,49

Bruto mes881,95

Pagas extras1.604,64

Total anual12.187,99