DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 15 de novembro de 2004 Páx. 15.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 11 de novembro 2004 pola que se aproba a convocatoria, de ámbito autonómico, para a concesión de subvencións públicas mediante contratos programa para a formación de traballadores ocupados, en aplicación da Orde TAS/2783/2004, do 30 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das citadas subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establece que a aprendizaxe permanente é un elemento esencial na sociedade do coñecemento. Inclúe esta lei dentro do ámbito da formación profesional, entre outras ensinanzas, as orientadas á formación continua nas empresas, que permitan a adquisición e actualización permanente das competencias profesionais.

A formación profesional continua, regulada no Real decreto 1046/2003, do 1 de agosto, ten como finalidade proporcionarlles aos traballadores ocupados a cualificación que poidan necesitar ao longo da súa vida laboral, co fin de que obteñan os coñecementos e prácticas axeitados aos requirimentos que en cada momento precisen as empresas, e permita compatibilizar a súa maior competitividade coa mellora da capacitación profesional e promoción individual do traballador.

Este subsistema da formación profesional constitúe un valor estratéxico prioritario nos procesos de cambio tecnolóxico, económico e social e é, por este motivo, un instrumento esencial para a estabilidade no emprego e a cohesión social.

Entre as iniciativas de formación continua que recolle o citado real decreto figuran os contratos programa para a formación de traballadores. Os plans de formación continua, obxecto de financiamento mediante a subscrición destes contratos programa, teñen por obxecto tanto a mellora das competencias e cualificacións como a actualización e especialización profesional dos traballadores ocupados, sen que para isto sexa necesaria a intermediación das empresas en que prestan os seus servizos.

Pola súa banda, a orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 30 de xullo de 2004 establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas mediante a subscrición de contratos programa para a formación de traballadores. En desenvolvemento da citada orde, á cal se deberán axustar obrigatoriamente as ordes autonómicas de convocatoria de formación continua, son obxecto de subvención nesta convocatoria distintos tipos de contratos-programa para a execución de plans de formación continua intersectorais, plans de formación específicos da economía social e plans de formación dirixidos a traballadores autónomos.

O Regulamento (CE) nº 1784/1999, do 12 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Social Europeo, polo que se aproban as disposicións de aplicación relativas ao Fondo Social Europeo, sinala que o Fondo apoiará e complementará as actividades dos estados membros destinadas ao desenvolvemento do mercado de traballo e dos recursos humanos, entre outras, nas políticas de fomento e mellora da formación profesional e da formación en xeral.

Consecuentemente co anterior, as accións formativas incluídas nestes plans son obxecto de cofinanciamento polo FSE, de acordo coas decisións da Comisión Europea C(2001)24, do 16 de xaneiro de 2001, e C(2001)100, do 23 de xaneiro de 2001, polas que se aproban os programas operativos de iniciativa empresarial e formación continua, correspondentes aos marcos comunitarios de apoio de España para as rexións de obxectivo 1, como é Galicia, durante o período 2000-2006.

O Plan Galego de Formación Profesional establece entre os seus obxectivos no ámbito da formación dirixida a traballadores ocupados a consecución da adecuada transparencia do mercado de traballo e o axuste entre a oferta e a demanda do factor traballo, mediante o efectivo acceso ás certificacións do sistemas de cualificacións; proporcionarlles ás persoas unha maior motivación para o progreso na súa cualificación profesional; recoñecer de forma fiable, con carácter oficial e alcance sectorial, a competencia adquirida durante a vida laboral; verificar que a preparación conseguida por calquera vía e, en particular, mediante os programas formativos, acade o nivel de competencia establecido nas cualificacións profesionais. Inclúe, así mesmo, un plan de incremento da cualificación da poboación ocupada así como de fomento da formación continua.

O Acordo Galego de Formación Continua, asinado o 29 de marzo de 2004 entre a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e os axentes sociais, ten como un dos seus obxectivos principais a mellora da competencia profesional e a actualización dos coñecementos e capacidades dos traballadores e traballadoras, segundo as necesidades de evolución do seu emprego como consecuencia dos cambios tecnolóxicos e organizativos dos procesos de produción. Establece, tamén, a creación da Comisión Galega de Formación Profesional Continua como órgano tripartito e paritario entre a Administración autonómica e os axentes sociais máis representativos de Galicia, encargado da posta en marcha das estipulacións deste acordo.

O Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, en aplicación do disposto no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, aos que se axusta esta disposición.

O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos do programa 16.05.241A 481.0 (7.513.526 A) e que figura nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2004 e no programa 16.05.241A481.0 (900.000 A) dos orzamentos xerais desta comunidade para o ano 2005, e que constitúe o importe global máximo que se destina para estas subvencións. Deste importe total será obxecto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo a cantidade de 5.468.792 A.

Na súa virtude, consultados o Consello Galego de Relacións Laborais, o Consello Galego de Formación Profesional e a Comisión Galega de Formación Profesional Continua, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto da convocatoria.

1. Esta orde ten por obxecto a aprobación da convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación continua de ámbito autonómico mediante a subscrición de contratos programa.

2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2º.-Finalidade e principios que rexen a concesión das subvencións.

1. Os plans de formación continua, obxecto de financiamento nesta convocatoria mediante a subscrición de contratos programa, terán como finalidade

tanto a mellora das competencias e cualificacións como a actualización e especialización profesional dos traballadores ocupados, calquera que sexa o sector ou rama de actividade en que o traballador presta os seus servizos.

2. A subscrición de contratos programa e a concesión das subvencións correspondentes realizarase atendendo aos principios de concorrencia, publicidade e obxectividade.

Artigo 3º.-Prazo de execución dos plans de formación.

Os plans de formación incorporados aos contratos programa poderanse executar entre o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e o 31 de maio de 2005, e deberán estar xustificados todos os gastos o 30 de xuño de 2005.

Capítulo II

Traballadores beneficiarios

Artigo 4º.-Participación dos traballadores.

Poderán solicitar a súa participación nos plans de formación aprobados mediante o modelo de solicitude que figura como anexo III desta convocatoria, ante as entidades beneficiarias os seguintes colectivos:

a) Os traballadores asalariados que prestan os seus servizos en empresas privadas ou entidades públicas empresariais e cotizan á Seguridade Social en concepto de formación profesional.

b) Os traballadores que se encontren nalgunha das seguintes situacións:

Traballadores fixos descontinuos nos períodos de non-ocupación.

Traballadores que accedan á situación de desemprego cando se encontren en período formativo.

Traballadores acollidos á regulación de emprego nos seus períodos de suspensión de emprego por expediente autorizado.

c) Os traballadores incluídos nos réximes especial agrario, de autónomos, do mar e outros da Seguridade Social que non coticen pola continxencia de formación profesional.

d) Os socios traballadores e de traballo das cooperativas, sociedades laborais e empresas e entidades da economía social.

Artigo 5º.-Destinatarios prioritarios das accións formativas.

1. A selección dos traballadores será realizada pola entidade beneficiaria e/ou responsable de impartir as accións formativas, atendendo ás prioridades do plan de formación e a criterios obxectivos e de igualdade. Na selección terán a consideración de traballadores con prioridade para accederen á formación continua os que así se consideren no ámbito de decisión do Estado, as comunidades autónomas e o Fondo Social Europeo, procurándose que os contratos programa establezan as peculiaridades formativas e as medidas de superación de barreiras que sexan necesarias para favorecer a adquisición de

competencias por parte destes colectivos ao longo da súa vida laboral.

Durante o período de vixencia dos programas operativos de iniciativa empresarial e formación continua teñen a consideración de tales: os traballadores de pequenas e medianas empresas (especialmente das de menos de 50 traballadores), as mulleres, as persoas con discapacidade, os maiores de 45 anos e os traballadores non cualificados calquera que sexa o tamaño da empresa onde presten os seus servizos, de acordo coas decisións da Comisión Europea polas que se aproban os citados programas, correspondentes aos marcos comunitarios de apoio de España dos obxectivos 1 e 3 para o período 2000-2006.

2. En cada contrato programa identificarase a subvención cofinanciada polo Fondo Social Europeo, desagregada por zonas de programación, así como a porcentaxe mínima de traballadores que se van formar pertencentes aos colectivos prioritarios. En todo caso, a taxa de participación da muller no conxunto de cada plan formativo deberá ser de, polo menos, 5 puntos porcentuais superior á taxa xeral de ocupación da muller no correspondente ámbito territorial -con exclusión do sector público-.

3. Para os efectos desta orde, terán a consideración de pequenas e medianas empresas (Pemes), as que empreguen menos de 250 persoas, cun volume de negocio anual que non exceda de 40 millóns de euros ou cun balance xeral anual que non exceda de 27 millóns de euros e que cumpran o criterio de independencia. Consideraranse empresas independentes aquelas en que o 25 por cento ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME.

4. Co fin de lles facilitar aos traballadores o coñecemento e uso xeneralizado das novas tecnoloxías da información e as comunicacións, así como sensibilizar a poboación ocupada co ambiente, poderanse financiar módulos formativos de alfabetización informática e sensibilización ambiental.

5. Terán, así mesmo, prioridade para participar nas accións recollidas nesta orde os colectivos de empregados de fogar e traballadores do réxime especial agrario da Seguridade Social por conta propia.

Capítulo III

Tipos de contratos programa e entidades solicitantes

Artigo 6º.-Tipos de contratos programa.

Poderanse subscribir contratos programa de ámbito autonómico para a execución dos seguintes plans de formación continua:

1. Contratos programa para a execución de plans de formación intersectoriais, dirixidos á formación de traballadores en competencias transversais e horizontais a varios sectores da actividades económica. Dirixiranse á impartición de accións formativas no ámbito territorial autonómico.

2. Contratos programa para a execución de plans de formación que incorporen traballadores e socios traballadores e de traballo de dúas ou máis cooperativas, sociedades laborais e outras empresas e entidades da economía social que, sen pertencer a un mesmo sector produtivo, atendan demandas formativas derivadas da natureza xurídica daquelas ou de necesidades de carácter transversal, no eido da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Contratos programa para a execución de plans de formación dirixidos a traballadores autónomos, co fin de mellorar a súa capacitación nas competencias relacionadas coa actividade que desenvolvan, ben de carácter sectorial ou ben transversal ou horizontal.

Artigo 7º.-Entidades solicitantes: requisitos e acreditación.

1. Poderán solicitar a subscrición dos distintos tipos de contratos programa sinalados no artigo 6º desta orde as seguintes entidades:

a) As organizacións empresariais e sindicais máis representativas no ámbito autonómico nos contratos programa para a execución de plans de formación intersectoriais.

b) As confederacións e federacións de cooperativas con notable implantación no ámbito autonómico nos contratos programa para a execución de plans de formación que incorporen traballadores e socios traballadores e de traballo de dúas ou máis cooperativas.

A acreditación do requisito de notable implantación realizarase mediante certificación expedida polo Consello Galego de Cooperativas sobre a súa condición de membro do devandito órgano.

c) As asociacións de traballadores autónomos con carácter intersectorial que teñan suficiente implantación no ámbito autonómico, con experiencia acreditada na xestión e desenvolvemento de accións formativas por si mesmas ou a través das súas organizacións asociadas, e que estean legalmente constituídas con anterioridade á data de publicación desta convocatoria.

Para a acreditación destes requisitos, as entidades solicitantes deberán achegar certificación do número de afiliados e do seu ámbito territorial, así como unha declaración sobre a súa experiencia na xestión e desenvolvemento de accións formativas, e fotocopia dos seus estatutos.

2. De conformidade co establecido no artigo 11.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, os membros asociados da entidade beneficiaria que se comprometan a executar a totalidade ou parte do plan de formación en nome e por conta dela terán igualmente a consideración de beneficiarios.

3. De conformidade co establecido no artigo 11.3º da Lei xeral de subvencións, terán así mesmo a condición de beneficiarias as agrupacións formadas polas entidades previstas no punto 1 deste artigo con entidades vinculadas a elas, que teñan entre

os seus fins o desenvolvemento das actividades a que se refire esta orde.

O representante ou apoderado único da agrupación deberá pertencer a algunha das entidades beneficiarias previstas no punto 1 deste artigo.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades en que concorra algunha das circunstancias a que se refire o artigo 13, puntos 2º e 3º, da citada Lei 38/2003.

Capítulo IV

Das accións formativas

Artigo 8º.-Selección de alumnos.

1. A selección dos alumnos participantes nas accións formativas realizaraa a entidade adxudicataria entre os traballadores que soliciten a súa participación en cada acción formativa. As solicitudes de participación deberán ser custodiadas polas entidades beneficiarias das subvencións e estar á disposición dos órganos de control.

2. As entidades beneficiarias determinarán os criterios de selección dos alumnos coa previa aprobación pola Dirección Xeral de Formación e Colocación.

3. As entidades beneficiarias poderán realizar convocatoria pública, que se deberá publicar, como mínimo, nun dos xornais de maior tiraxe da comunidade autónoma. No anuncio en prensa os logotipos deberán figurar coa seguinte distribución: na parte superior esquerda o da Xunta de Galicia; na parte superior dereita o do centro impartidor, e na parte inferior dereita o da Unión Europea (Fondo Social Europeo).

4. No caso de que se produzan baixas durante o desenvolvemento da acción formativa, as entidades impartidoras poderán incorporar alumnos dentro do seu primeiro cuarto.

5. Se, durante a impartición dunha acción formativa, sobrevén unha redución dos alumnos sen que se poidan dar novas altas, ata unha cantidade inferior ao 50 por 100 do número programado, poderá ser cancelada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. En caso de cancelación, a entidade terá dereito a unha indemnización, que será proposta pola comisión de valoración e aprobada pola conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, calculada de acordo co principio de proporcionalidade, que nunca será superior aos gastos efectivamente xustificados.

Artigo 9º.-Dereitos e deberes dos alumnos.

1. A formación será gratuíta en todo caso para todos os alumnos das accións formativas incluídas nesta orde.

2. Terán a obriga de asistir e seguir con aproveitamento as accións formativas, e de facilitar a documentación que lles sexa solicitada pola entidade impartidora. No caso de que as faltas de asistencia sen xustificar dalgún alumno superen o 25% das horas lectivas, deberá ser dado de baixa na acción formativa.

3. Os alumnos que rematen as accións formativas con aproveitamento, e asistisen como mínimo ao 75% das súas horas lectivas, recibirán un diploma acreditativo da realización da acción formativa no modelo que estableza a Dirección Xeral de Formación e Colocación, en que deberá constar:

a) Nome, apelidos e DNI do alumno.

b) Lugar e datas de realización.

c) Entidade impartidora.

d) Programa do curso.

4. Os alumnos que non teñan dereito a diploma recibirán, se o solicitan, unha certificación polas horas e módulos aos que asistisen.

5. Ademais, a entidade beneficiaria entregaralle a cada participante que finalizase a formación un diploma acreditativo de realización da acción formativa, no cal, como mínimo, se fagan constar a denominación da acción, os contidos formativos, os días en que se desenvolveu e as horas de formación recibidas, con especificación, de ser o caso, das horas presenciais ou a distancia.

6. Os diplomas acreditativos aos cales se fai mención no parágrafo anterior deberán incluír o emblema do Fondo Social Europeo cando acrediten a realización de accións formativas cofinanciadas polo citado Fondo, e ser entregados ou remitidos aos participantes no prazo máximo de dous meses a partir da data de finalización da acción formativa en que participasen.

7. Cando a formación que se vai impartir conduza á obtención de créditos ou certificados de profesionalidade, teranse en conta os módulos formativos e requisitos que se determinen nos correspondentes certificados, aprobados en desenvolvemento da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño.

Esta formación certificarase nos termos establecidos na citada lei e na súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 10º. Modalidades de impartición das accións formativas.

1. As modalidades de impartición poderán ser as seguintes:

-Presenciais.

-A distancia convencional.

-Teleformación.

-Mixtas.

Cando as accións formativas inclúan, en todo ou en parte, formación a distancia, esta deberá realizarse con soportes didácticos que supoñan un proceso de aprendizaxe sistematizado para o participante, que necesariamente será complementado con asistencia titorial.

A modalidade de teleformación entenderase aplicada cando o proceso de aprendizaxe das accións formativas se desenvolva co apoio de tecnoloxías de información e comunicación (teleformación).

2. As accións formativas presenciais poderán organizarse en grupos cun máximo de 25 participantes. Nas accións de formación a distancia (incluídas as desenvolvidas mediante teleformación) disporase, como mínimo, dun titor por cada 80 participantes. Nas accións mixtas respectaranse os citados límites, segundo a respectiva modalidade formativa.

3. En todo caso, no anexo II da solicitude deberá especificarse expresamente a modalidade pola que optan, e, se é mixta, indicarán as horas de cada unha delas.

4. Nas modalidades a distancia convencional, en teleformación e na parte a distancia da modalidade mixta, o sistema de impartición deberá incluír evidencias necesarias para comprobar que os alumnos reciben a formación impartida.

5. As accións formativas poderán iniciarse cando conten cun mínimo de 8 alumnos.

Capítulo IV

Iniciación do procedemento

Artigo 11º.-Solicitudes.

1. As entidades que desexen colaborar nos plans de formación continua mediante a subscrición de contratos programa previstos nesta orde, deberán formalizar a correspondente solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta orde, e que se subministrará nas delegacións provinciais da consellería, na Dirección Xeral de Formación e Colocación ou en calquera das oficinas administrativas de Información ao Cidadán, subscrita polo titular ou representante legal da entidade debidamente acreditado.

2. As entidades solicitantes deberán presentar tanto a solicitude como o plan de formación anexo.

3. As solicitudes dirixiranse á conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. A documentación que se deberá xuntar á solicitude é a seguinte:

a) Declaración de non ter concedida ningunha outra axuda pública para a mesma acción formativa.

b) Poder bastante en dereito que acredite as facultades de representación do asinante da solicitude para actuar en nome da persoa xurídica solicitante.

c) Fotocopia da tarxeta de identificación da entidade e do documento de identidade da persoa que actúa en nome e representación da persoa xurídica solicitante.

d) Fotocopia dos estatutos debidamente legalizados.

e) Documentos acreditativos da inscrición da entidade no rexistro administrativo correspondente e de reunir os requisitos establecidos no artigo 7 desta orde para ser entidade beneficiaria da subvención que solicita.

No impreso de solicitude deberanse facer constar, polo menos, os seguintes datos:

-Nome e razón social do solicitante, acreditado mediante fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

-Identificación e sinatura do representante legal autorizado que formula a solicitude, acreditándose esa representación mediante escritura notarial de poderes ou por calquera outro medio válido en dereito.

-Declaración do solicitante sobre a veracidade da información e dos datos achegados na solicitude e certificación desta.

5. O plan de formación anexo á solicitude deberá conter, polo menos, a seguinte información:

a) Ámbito de aplicación do plan.

b) Obxectivos e contidos.

c) Accións formativas que se van desenvolver.

d) Colectivos destinatarios, desagregados por colectivos prioritarios do FSE, categorías ou grupos profesionais, situación laboral e réxime de afiliación á Seguridade Social.

e) Custo estimado das accións formativas.

f) Calendario previsto de execución.

g) Lugar, instalacións e medios previstos para impartir as accións formativas.

6. A ausencia dalgún dos datos a que fan referencia as letras anteriores determinará a exclusión da solicitude.

Artigo 12º.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta orde.

Capítulo V

Instrución do procedemento

Artigo 13º.-Procedemento.

1. Recibidas as solicitudes, procederase ao estudo e á cualificación destas pola comisión de valoración; unha vez analizada a documentación achegada polos solicitantes, emitirá informe sobre os expedientes aplicando os criterios de valoración establecidos nesta orde.

2. Unha vez baremados os expedientes pola comisión de valoración, emitirá informe sobre eles a Comisión Galega de Formación Profesional Continua.

3. Á vista do expediente e dos informes preceptivos que se emitan, o órgano instrutor, a Dirección Xeral de Formación e Colocación, formulará proposta de resolución.

4. A comisión de valoración estará composta polo subdirector/a xeral de Formación Ocupacional, que a presidirá, e serán vogais os/as xefes/as dos servizos de Xestión Administrativa e de Planificación de Formación Ocupacional, actuando este último como secretario, e dous técnicos da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Artigo 14º.-Criterios de valoración.

1. Teranse en consideración para a valoración técnica dos plans de formación continua que se van executar a través da subscrición de contratos programa, os seguintes criterios:

a) En relación coas accións formativas que integran o plan:

-Definición dos seus obxectivos.

-Contidos das accións formativas. Instalacións, medios didácticos e material previsto.

-Porcentaxe de alumnos pertencentes a colectivos prioritarios determinados no artigo 5º desta orde.

-Mecanismos de seguimento, avaliación e control da aprendizaxe.

-Certificación das accións formativas.

-Accións formativas de alfabetización informática ou de sensibilización ambiental.

Os criterios contidos nesta alínea terán un peso do 70 por cento da valoración total.

b) Capacidade acreditada da entidade solicitante para impartir o plan presentado, tendo en conta experiencias anteriores e os medios persoais e materiais propios ou alleos postos á disposición para a execución do plan.

Os criterios contidos nesta alínea terán un peso do 30 por cento da valoración total.

2. Serán financiados os plans de formación que superen a puntuación de valoración técnica que, en función das solicitudes presentadas e os recursos dispoñibles, sexa aprobada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Artigo 15º.-Determinación do importe da subvención.

1. Para os contratos programa de execución de plans de formación intersectoriais, a subvención que se vai conceder determinarase tendo en conta:

a) O conxunto das subvencións solicitadas tanto polas organizacións empresariais como polas organizacións sindicais máis representativas.

b) A valoración técnica obtida polo respectivo plan de formación, segundo os criterios recollidos no artigo 14º desta convocatoria.

c) Así mesmo, teranse en conta os módulos económicos máximos establecidos nesta orde, e o volume da actividade formativa que o solicitante se compromete a realizar no marco do cofinanciamento do Fondo Social Europeo, de maneira que a subvención resultante sexa maior canto maior sexa o número de participantes pertencentes aos colectivos prioritarios a que fai referencia o artigo 5 desta convocatoria.

2. Para os contratos programa de execución de plans de formación dirixidos a traballadores e socios de cooperativas, sociedades laborais e outras empre

sas, e entidades de economía social e a traballadores autónomos, a subvención que se vai conceder determinarse tendo en conta:

a) Conxunto das subvencións solicitadas.

b) A valoración técnica obtida polo respectivo plan de formación, segundo os criterios recollidos no artigo 14º desta convocatoria.

c) Así mesmo, teranse en conta os módulos económicos máximos establecidos nesta orde, e o volume da actividade formativa que o solicitante se compromete a realizar no marco do cofinanciamento do Fondo Social Europeo, de maneira que a subvención resultante sexa maior canto maior sexa o número de participantes pertencentes aos colectivos prioritarios a que fai referencia o artigo 5º desta convocatoria.

Artigo 16º.-Módulos económicos máximos.

Os módulos económicos máximos (custo por participante e hora de formación) aplicables para efectos de liquidación das subvencións concedidas para o financiamento dos contratos programa serán os que a continuación se establecen en función da modalidade de impartición e o nivel da formación:

Modalidade de imparticiónNivel de formación

BásicoMedio-superior

Presencial8 euros12 euros

A distancia5 euros

Teleformación6,75 euros

MixtaAplicaranse os módulos anteriores en función das horas de formación presencial e a distancia ou teleformación que teña a acción formativa.

Na modalidade de impartición presencial, o módulo de nivel básico aplicarase cando se trate de impartir formación en materias transversais ou xenéricas, que capacita para desenvolver competencias e cualificacións básicas.

O módulo de nivel medio-superior aplicarase cando a formación incorpore materias que impliquen especialización e/ou capacite para desenvolver competencias de programación e/ou dirección.

Artigo 17º.-Custos financiables e criterios de imputación.

1. Custos directos da acción formativa.

a) As retribucións dos formadores internos e externos; pódense incluír salarios, seguros sociais, axudas de custo e gastos de locomoción e, en xeral, todos os custos imputables aos formadores no exercicio das actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das accións formativas.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por horas dedicadas á actividade a que se imputen.

b) Os gastos de amortización de equipamentos didácticos e plataformas tecnolóxicas, calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade, así como o seu aluguer ou arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, soportados na execución do plan formativo.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de participantes no caso de uso individual dos equipamentos ou plataformas; noutro caso, imputaranse por horas de utilización.

c) Gastos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles utilizados na realización das accións formativas do plan, incluíndo o material de protección e seguridade. Así mesmo, no caso da teleformación, os custos imputables aos medios de comunicación utilizados entre formadores e participantes.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de participantes no caso de uso individual dos equipamentos ou plataformas; noutro caso, imputaranse por horas de utilización.

d) Os gastos de aluguer, arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, ou amortización das aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento do plan de formación.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo período de duración da acción.

e) Seguro de accidentes dos participantes.

Estes gastos deberán presentarse desagregados por acción formativa e a súa imputación farase polo número de participantes.

f) Gastos de transporte, manutención e aloxamento para os participantes en plans que se realicen no territorio nacional, cos límites fixados na orde do Ministerio de Facenda do 22 de febreiro de 2001 (BOE do 27 de febreiro). Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e a súa imputación farase polo número de participantes.

2. Custos asociados á actividade formativa.

a) Consideraranse custos financiables os de persoal de apoio tanto interno como externo e todos os necesarios para a xestión de execución do plan.

b) Os gastos de publicidade para a organización e difusión do plan de formación.

c) Outros custos: luz, auga, calefacción, mensaxaría, correo, limpeza, vixilancia e outros custos, non especificados anteriormente, asociados á execución do plan.

Estes custos deberán ser imputados polo beneficiario da actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

En calquera caso, os custos asociados, igual que os custos directos, deben responder a custos reais, efectivamente realizados, pagados e xustificados mediante facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente.

A suma dos custos asociados do plan non poderá superar o 25 por cento dos seus custos directos.

Capítulo VI

Terminación do procedemento

Artigo 18º.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes de axudas corresponderalle á conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e deberá serlles notificada aos interesados.

2. A resolución dos expedientes deberá producirse no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. Transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimada a súa solicitude.

3. Contra a resolución definitiva procederá recurso contencioso-administrativo logo de recurso potestativo de reposición.

Artigo 19º.-Pagamento e liquidación das subvencións.

1. Non se poderá realizar o pagamento da subvención cando a entidade sexa debedora por resolución firme de procedencia de reintegro.

As entidades beneficiarias deberán acreditar, previamente ao cobramento da subvención, que están ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

2. En ningún caso se poderán realizar pagamentos anticipados a beneficiarios nos supostos previstos no punto 4, parágrafo terceiro, do artigo 34 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Documentación que hai que presentar:

-As entidades impartidoras deberán enviar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, dentro dos 15 días seguintes ao de remate da acción formativa, sendo a data tope o 30 de xuño do ano 2005, a xustificación dos custos inherentes a el, a través da seguinte documentación, que se deberá presentar por cada acción formativa selada e asinada:

-Cubrir a ficha Sifo de finalización.

-Solicitude de liquidación final.

-Relación de facturas.

-Orixinal ou fotocopia compulsada de todas as facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de todos os gastos imputables á acción formativa.

-Certificación dos gastos.

-Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución), para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-As entidades beneficiarias deberán acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen

pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización, segundo o anexo V, para que a citada información sexa solicitada polo órgano xestor das axudas. Todo isto sen prexuízo das excepcións recollidas na Lei anual de orzamentos.

4. Sistemas de pagamento.

O aboamento da subvención farase efectivo da seguinte forma:

a) Ata o 50 por 100 do total do orzamento de gastos do contrato programa, en concepto de anticipo, no momento en que a Dirección Xeral de Formación e Colocación reciba comunicación da entidade impartidora na cal se notifique o inicio dunha acción formativa, así como a documentación sinalada neste artigo, de ser o caso.

b) O importe restante, unha vez rematadas todas as accións formativas e xustificados os gastos realmente efectuados en cada unha.

c) Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os libramentos anteriores, que nunca serán superiores ao 80% da subvención concedida.

5. No caso de que non inicien a acción formativa o total dos alumnos para os que se aprobou, ratearase o importe que se vai aboar ata o número máis alto de alumnos acadado no seu primeiro cuarto.

6. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ao disposto nesta orde ou na súa normativa de desenvolvemento, o Servizo de Xestión Administrativa de Formación Ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Colocación emitirá certificación para poder facer efectiva a correspondente liquidación da axuda concedida.

7. No caso de que a xustificación fose incorrecta, requirirase da entidade que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndolle que, de non facelo, se procederá, se é o caso, a reclamar o reintegro, total ou parcial, da axuda concedida.

Capítulo VII

Execución, xustificación de custos e liquidación

Artigo 20º.-Obrigas das entidades impartidoras.

Sen prexuízo das obrigas establecidas nesta orde, na Orde TAS /2783/2004, do 30 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas mediante contratos programa para a formación de traballadores, en desenvolvemento do Real decreto 1046/2003, do 1 de agosto, polo que se regula o subsistema de formación profesional continua, e no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, constitúen así mesmo obrigas do beneficiario:

1. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autó

noma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas ou polo órgano competente da Unión Europea e polo Servizo Público de Emprego Estatal, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

2. Incluír en toda a documentación relativa á acción formativa o logotipo da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais).

3. Solicitar, antes do inicio da impartición de cada programa formativo, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, autorización dos criterios que se van utilizar para a selección dos alumnos.

4. Requirir de cada alumno, no momento da súa incorporación, a seguinte documentación, que se deberá arquivar separadamente por cada acción formativa:

-Copia do DNI.

-Ficha individual en que acredite a súa pertenza a algún dos grupos preferentes que se recollen no artigo 5º, de ser o caso.

-Acreditación da súa condición de traballador en activo.

5. Remitir á Dirección Xeral de Formación e Colocación:

a) Como mínimo cinco días naturais antes do inicio da acción formativa:

-As datas de inicio e remate e o horario de impartición.

-A planificación temporal dos módulos da acción formativa.

-O enderezo completo do lugar de impartición e teléfono de contacto.

-A relación nominal dos docentes especificando os seus DNI.

-A identificación do coordinador ou persoa responsable da acción formativa.

-Breve resumo das instalacións que se van utilizar, equipamentos e medios didácticos.

b) Dentro dos 10 días seguintes ao do inicio da acción formativa, a seguinte documentación:

-Relación nominal dos alumnos, especificando número do DNI.

-Copia dos seus DNI.

-Fichas de inicio.

-Ficha individual de cada alumno.

-Documento que acredite que o traballador está en activo na data de incorporación ao curso.

-Copia da póliza de seguros contratado co xustificante do seu aboamento, de ser o caso.

-Declaración xurada do traballador de que está en activo e de que os documentos que achega son auténticos.

A entidade impartidora arquivará unha copia desta documentación separadamente por cada acción formativa.

c) Mensualmente:

-Cubrir as fichas de incidencias.

-Fotocopia do parte de asistencia.

A non-comunicación nos prazos establecidos implicará que o correspondente grupo de formación se considerará non realizado para efectos da liquidación económica da subvención, salvo que a non-comunicación en prazo se deba a causas imprevistas, debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

6. Expor no taboleiro de anuncios do centro o programa completo da acción formativa temporizado por módulos, os dereitos e deberes dos alumnos e da entidade impartidora, así como a relación dos docentes e o horario. No anuncio farase referencia expresa aos organismos cofinanciadores da acción formativa.

7. Aboarlles mensualmente aos docentes a súa remuneración. Non exime desta obriga o feito de que a entidade impartidora non percibise os anticipos previstos nesta orde.

8. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, tanto no relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa.

9. Contratar un seguro de accidentes para os alumnos, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento da acción formativa, como os do traxecto ao lugar de impartición das clases teóricas e das prácticas. A súa duración abranguerá estritamente o período da acción formativa, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que se poida admitir restrición nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado. Esta obriga rexerá exclusivamente na parte presencial cando a acción formativa se desenvolva fóra da propia empresa.

A cobertura mínima deste seguro será a seguinte:

-En caso de morte: 30.000 A.

-En caso de invalidez permanente: 42.000 A.

-Asistencia médico-farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro.

10. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar da súa realización para os bens e as persoas.

11. Velar por que todos os alumnos dunha acción formativa reciban a mesma formación, así como o mesmo número de horas tanto teóricas como prácticas, independentemente de que a parte práctica teña lugar no propio centro ou en centros de traballo.

12. Comunicarlles á Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución das accións formativas programadas, no prazo de cinco días desde que se produza.

13. Solicitar da Dirección Xeral de Formación e Colocación, con cinco días naturais de antelación, autorización para realizar calquera modificación substancial no desenvolvemento das accións formativas.

14. Aceptar as modificacións que, de ser o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición sinalados na solicitude.

15. Incluír en toda a documentación relativa á acción formativa o logotipo da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais).

16. Informar os alumnos do cofinanciamento das accións formativas por parte do Fondo Social Europeo, así como dos obxectivos destes fondos.

17. Realizar a actividade formativa que fundamenta a concesión da subvención, de acordo coas condicións e requisitos formais e materiais que se establecen nesta orde de convocatoria, así como coas condicións de aprobación que serviron de base para determinar a valoración técnica e a subvención que se vai conceder.

18. Achegar a información e documentación que se requira durante a fase de instrución do procedemento e execución do plan formativo, así como ter á disposición dos órganos de control competentes os documentos acreditativos da asistencia dos participantes ás accións formativas, debidamente asinados por eles e segundo os requisitos mínimos que se establezan.

19. Respectar a obrigatoriedade da gratuidade para os participantes das accións formativas comprendidas no plan de formación.

20. Entregar a cada participante un certificado da realización da acción formativa, nos termos previstos nesta orde.

21. Presentar a xustificación do cumprimento dos requisitos e condicións que determinan a concesión da subvención, así como da realización e dos custos da actividade que fundamenta a concesión.

22. Ter realizado ou, de ser o caso, garantido as devolucións de cantidades concedidas e pagadas en convocatorias anteriores e cuxa devolución lle fose exixida mediante reclamación previa á vía executiva ou mediante resolución de procedencia de reintegro, salvo que se aplicase a suspensión do acto.

23. Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e

gastos de execución das accións formativas, coa referencia común a todos eles de formación continua.

24. Comunicarlle á Administración autonómica a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Estes ingresos serán incompatibles coa subvención que corresponda, polo que esta será minorada na cantidade xa percibida.

25. Non incorrer no falseamento de datos contidos na solicitude ou nos documentos e certificados presentados aos órganos competentes na tramitación das solicitudes e na concesión das subvencións.

Artigo 21º.-Execución.

A execución do plan de formación realizaraa o beneficiario tendo en conta o establecido no artigo vixésimo primeiro da Orde TAS/2783/2004, do 30 de xullo, así como que a subvención outorgada terá o carácter de importe máximo e que se destinará á realización das accións formativas obxecto do contrato programa. En todo caso, durante a execución do plan de formación non se poderán incluír accións formativas non aprobadas, nin modificar a duración nin a modalidade delas, salvo acordo da comisión mixta de seguimento do contrato programa.

Artigo 22º.-Instrucións de xustificación de custos e liquidación.

A xustificación de custos e a liquidación económica das subvencións realizarase do seguinte xeito:

1. O beneficiario deberá xustificar os custos en que incorresen na execución das accións formativas obxecto do contrato programa.

2. Os custos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio, en orixinal ou fotocopia compulsada logo de selaxe do orixinal, co detalle suficiente para acreditar a correcta aplicación dos fondos. Os ditos documentos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento que regula as obrigas de facturación.

Cando, de acordo coas normas de contabilidade xeralmente aceptadas, se admita a xustificación de custos mediante notas de cargo, estas deberán ir xunto cos documentos xustificativos que soportan o gasto ou as súas imputacións.

No caso de subcontratación, as facturas que emitan os subcontratistas deberán conter unha desagregación suficiente para identificar os custos imputados a cada acción formativa.

3. Cando as actividades formativas fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

4. O beneficiario da subvención estará obrigado a conservar os xustificantes da realización da actividade que fundamenta a concesión da subvención, así como da aplicación dos fondos recibidos. O prazo

será de catro anos e computarase a partir do momento en que finalice o período establecido para presentar a citada xustificación por parte do beneficiario. No suposto de accións cofinanciadas con fondos comunitarios, aplicarase a este respecto o que estableza a normativa comunitaria.

As entidades que, sen que transcorrese o citado período, decidan suspender a súa actividade ou disolverse, deberán remitir copia da citada documentación á Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Artigo 23º.-Liquidación económica da subvención.

Teranse en conta os seguintes aspectos:

1. A liquidación económica das subvencións concedidas realizarase en función dos participantes que finalizasen a formación e as horas lectivas efectivamente realizadas, a teor dos custos financiables por participante e hora de formación. A subvención resultante terá como límite máximo os módulos económicos que se recollen no artigo 16º desta orde en función da modalidade de impartición e o nivel da formación.

2. Nas accións presenciais considerarase que un participante finalizou a formación cando asistise, polo menos, ao 75 por 100 da duración da acción formativa. Así mesmo, nas accións formativas que sexan de formación a distancia ou teleformación, considerarase que remataron a acción aqueles participantes que realizasen polo menos o 75 por 100 dos controis periódicos de seguimento da súa aprendizaxe ao longo desta.

Se se producisen abandonos de participantes unha vez iniciadas as accións, admitiranse desviacións por acción de ata un 15 por 100 do número de participantes que iniciasen.

3. Para proceder á liquidación final da subvención, o beneficiario deberá cubrir e remitirlle ao órgano que determine as convocatorias nos impresos normalizados e conforme as instrucións que se establezan para o efecto naquelas:

a) A certificación de finalización do plan, con especificación de cada acción formativa realizada da que se comunicase o inicio no momento oportuno.

b) A documentación xustificativa que acredite, como mínimo, os custos relativos ás accións formativas subvencionadas.

c) Xustificante de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, de ser o caso.

A dita obriga realizarase no prazo máximo de dous meses tras a finalización do plan de formación, sen que poida superar a data do 30 de xuño de 2005.

4. Cando non se presentase a documentación xustificativa a que se refire o punto tres deste artigo ou a documentación presentada fose insuficiente para considerar correctamente xustificada a subvención concedida, a Dirección Xeral de Formación e Colocación porá en coñecemento dos beneficiarios as insuficiencias observadas para que, no prazo de 15 días, sexan rectificadas.

Examinada a documentación achegada para a emenda das insuficiencias detectadas, ou transcorrido o dito prazo sen que se presentasen, o órgano concedente procederá á liquidación final a partir dos xustificantes de gastos elixibles que consten no expediente.

Artigo 24º.-Incumprimento de obrigas e reintegro.

Cando se produza incumprimento de calquera das obrigas previstas nesta orde ou se dea calquera dos supostos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro: incumprimento da obriga de xustificación, obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención, incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarias con motivo da concesión da subvención ou axuda pública, procederá o reintegro total ou parcial da axuda concedida, nos termos e coas condicións sinalados na citada lei.

Artigo 25º.-Control e seguimento das accións formativas.

1. Para verificar o cumprimento do disposto nesta orde, a Dirección Xeral de Formación e Colocación, as delegacións provinciais ou o persoal que se contrate para o efecto aplicarán o sistema de seguimento e control que considere conveniente. Estas actuacións poderán consistir na realización de visitas ás accións formativas aprobadas e enquisas a alumnos e docentes, información respecto do progreso da acción e do seu grao de execución en cada momento, así como de control da elixibilidade dos custos imputados a cada acción formativa.

2. Cando nunha acción formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non puidesen ser emendadas no prazo concedido para o efecto, e que incidan negativamente na súa calidade docente, procederase á súa cancelación por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión.

Artigo 26º.-Avaliación da calidade das accións formativas.

1. As entidades beneficiarias deberán avaliar a calidade das accións formativas nos seguintes termos:

Os participantes avaliarán a calidade das accións de formación continua. Esta avaliación realizarase a través dun cuestionario de avaliación de calidade que poderá cubrir, polo menos, os seguintes ámbitos específicos de información:

Valoración xeral da acción formativa.

Contidos: a súa adecuación ás expectativas e necesidades de formación, así como utilidade dos contidos para a traxectoria profesional do traballador.

Profesorado: o seu nivel de preparación, de especialización e de comunicación.

Medios didácticos: valoración dos medios utilizados e a súa adecuación aos contidos.

Medios técnicos: a súa dispoñibilidade, adecuación e estado de funcionamento.

Instalacións: luminosidade, amplitude, ventilación, condicións climáticas e accesibilidade.

Organización: composición e homoxeneidade do grupo de formación, número de alumnos, información previa recibida, horarios e duración.

2. Sen prexuízo da utilidade que estas avaliacións teñen para as entidades beneficiarias e os centros ou institucións impartidores da formación, a Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá requirir das entidades beneficiarias a achega dos correspondentes cuestionarios, ou ben o resultado da tabulación deles, co fin de analizar a calidade das accións de formación continua desenvolvidas no marco dos contratos programa regulados nesta orde.

3. A Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá realizar unha avaliación externa das accións formativas impartidas ao abeiro desta orde, que terá os seguintes obxectivos mínimos:

a) A adecuación das accións formativas ás necesidades do mercado.

b) A incidencia e o impacto da formación continua no mantemento do emprego e na promoción dos traballadores.

c) O acceso á formación continua, especialmente dos traballadores de Pemes e dos restantes colectivos prioritarios.

d) A eficacia e eficiencia dos recursos económicos e medios empregados.

e) Os niveis de aprendizaxe e a súa aplicación no posto de traballo.

Artigo 27º.-Rexistro de contratos programa.

1. A Dirección Xeral de Formación e Colocación creará un rexistro de contratos programa no que constarán as accións formativas impartidas ao abeiro de cada contrato programa co seu programa, a entidade beneficiaria, a entidade impartidora, con especificación do número de alumnos de cada acción formativa, tipo de colectivo ao que pertence, horas de duración e lugar de impartición.

2. Créase tamén o rexistro de diplomas emitidos aos alumnos destas accións formativas, en que se farán constar o nome e DNI do alumno, título e programa formativo da acción, horas, lugar de impartición e entidade impartidora.

Disposicións adicionais

Primeira.-A realización das accións de formación previstas nesta orde e a conseguinte concesión de subvencións estará supeditada á existencia de crédito suficiente no programa 16.05.241A 481.0 que figura nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2004 e 2005.

Segunda.-Se, por calquera causa, cando a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será subs

tituído pola persoa que para o efecto designe o director xeral de Formación e Colocación.

Terceira.-Poderanse modificar as resolucións nos termos e cos requisitos sinalados no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarta.-En todo o non previsto nesta orde, será de aplicación o establecido na Orde TAS/2783/2004 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas mediante contratos programa para a formación de traballadores, e a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, quedando os beneficiarios das axudas reguladas nesta orde suxeitos ao réxime disciplinario previsto nas citadas disposicións.

Quinta.-Poderán efectuarse resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma ou doutros remanentes. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non se poderán ter en conta outras solicitudes distintas das tidas en conta para a resolución inicial.

Sexta.-A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais non terá ningunha relación laboral ou contractual cos docentes e demais persoal contratado polas entidades adxudicatarias, as cales, como únicos empresarios, estarán sometidas ás disposicións laborais e de Seguridade Social respecto daquel persoal.

Sétima.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais no director xeral de Formación e Colocación para a autorización, disposición, recoñecemento de obrigas e propostas de pagamento das subvencións reguladas nesta orde.

Disposición transitoria

Todas as referencias que se fan nesta orde á Comisión Galega de Formación Continua entenderanse feitas aos asinantes do Acordo Galego de Formación Profesional Continua mentres non se cree aquel organismo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2004.

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais