DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 15 de novembro de 2004 Páx. 15.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2004 pola que se concede o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente aos Premios Galicia de Investigación 2004.

A orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 30 de abril de 2004 (DOG do 6 de maio) convoca o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente aos Premios Galicia de Investigación 2004.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado

RESOLVO:

Concederlle o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente aos Premios Galicia de Investigación 2004, á empresa Hermanos Rodríguez Gómez, S.A. (Hermasa), pola súa traxectoria innovadora desde a súa creación, pola súa capacidade para levar a cabo tarefas de I+D+i no eido do deseño, fabricación e comercialización internacional de maquinaria destinada a procesos de produción de conservas e conxelados do sector alimentario en Galicia.

Esta resolución pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2004.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio