DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 11 de novembro de 2004 Páx. 15.399

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Faro de Vigo, S.A.U.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Faro de Vigo, S.A.U., con nº de código 3600642, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 17-8-2004, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte

social, polo comité de empresa, en data 30-7-2004. de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de setembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Texto do convenio colectivo de Faro de Vigo, S.A.U.

e os seus traballadores para o ano 2004

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito de aplicación do presente convenio é o da empresa e por isto afecta unicamente os centros de traballo de Faro de Vigo, S.A.U.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal fixo que preste servizos na empresa, tanto se realiza unha función técnica ou administrativa como se soamente presta un esforzo físico ou de atención. O persoal de calquera categoría que no sucesivo entre a prestar servizos na empresa quedará sometido a este convenio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

As normas deste convenio terán vixencia desde a data da súa publicación até o 31 de decembro de 2004. Non obstante, os efectos económicos comezarán desde o 1 de xaneiro e até o 31 de decembro de 2004.

Artigo 4º.-Denuncia do convenio.

Extinguido o período de vixencia, o convenio entenerase prorrogado de ano en ano, perdendo vixencia soamente as súas cláusulas obrigacionais e manténdose en vigor o seu contido normativo, salvo se algunha das partes que o subscribiu o denunciase cunha anticipación de tres meses á expiración da súa vixencia ou de calquera das prórrogas.

Artigo 5º.-Vixilancia e cumprimento do convenio.

De conformidade co establecido no artigo 85 d) do Estatuto dos traballadores, constituirase unha

comisión paritaria para a vixilancia e cumprimento deste convenio, que estará integrada por tres representantes designados pola empresa e tres traballadores designados polo comité.

Artigo 6º.-Réxime de traballo.

É facultade exclusiva da empresa canto se refire á organización práctica do traballo nela. Por conseguinte, á empresa corresponde a distribución do persoal, conforme a súa categoría profesional e o cambio dos seus labores cando por causas xustificadas así o aconselle o interese da propia empresa.

Igualmente será facultade da empresa modificar os horarios de todos e cada un dos traballadores por conveniencia do servizo, despois de informe ao comité de empresa. De existir disparidade de criterios, someterase á aprobación da xurisdición competente.

A xornada de traballo na empresa é a sinalada no artigo 71 da ordenanza laboral de traballo en prensa, co criterio semanal do Estatuto dos traballadores.

Artigo 7º.-Clasificación do persoal.

Segundo a permanencia ao servizo da empresa e función desempeñada, será clasificado o persoal que preste a súa actividade nela. Clasificarase en fixo e a tempo parcial ou celebrando contratos de duración determinada.

Persoal fixo é aquel que se precisa de modo permanente para realizar traballos de tal carácter.

Persoal contratado a tempo parcial ou con contratos de duración determinada son os definidos e a que se refiren os artigos 12 e 15 do Estatuto dos traballadores, en relación coas disposicións vixentes de concordancia.

Artigo 8º.-Organización da produción.

As partes que interveñen neste convenio, empresa e traballadores, determinan de común acordo que a produtividade, tanto da man de obra como a dos demais factores que interveñen na empresa, constitúe un dos medios principais para a elevación do nivel de vida.

Artigo 9º.-Retribución do persoal.

As cantidades percibidas polos traballadores a 31 de decembro de 2003, que corresponden a conceptos retributivos que veñen sendo mellorados polo convenio colectivo dese ano e anteriores, aumentarase nun 3,50% (tres con cincuenta por cento) desde o 1 de xaneiro até o 31 de decembro de 2004, na base salarial, sempre que o IPC do ano 2004 sexa igual ou menor de 2,70%.

Se o IPC nacional do ano 2004 é maior que o 2,70%, aplicarase sobre o IPC resultante unha suba salarial do 0,80%.

Nun principio aboarase un 3,50% e procederase á regulación correspondente, se hai lugar, unha vez que se coñeza o IPC resultante do ano 2004 (xaneiro de 2005).

Artigo 10º.-Complemento de nocturnidade.

Os traballadores que dun modo continuo ou periódico presten os seus servizos entre as 22.00 e as 6.00 horas, percibirán en concepto de complemento de nocturnidade o 20% do salario ordinario. Este complemento, nas diversas modalidades e contías establecidas, regularase polo disposto no artigo 60 da ordenanza laboral de traballo en prensa, aprobada por Orde do 9 de decembro de 1976, rectificada, e a nova redacción dada ao dito texto legal pola Orde do 23 de maio de 1977.

Non obstante, percibirase o complemento de nocturnidade na vacación anual regulamentaria que regula o artigo 63 da citada ordenanza, pola mesma cantidade que a acreditada no anterior mes de actividade normal a aquel en que se desfrute a vacación regulamentaria de 30 días naturais ininterrompidos.

Artigo 11º.-Permisos.

As ausencias do traballo con dereito a remuneración que -despois de aviso e xustificación- o Real decreto lexislativo 1/1995, concede ao traballador en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes até segundo grao de consanguinidade ou afinidade, establécese por un período de tres días, ampliable a cinco días se necesita facer un desprazamento para o efecto. Así mesmo, a ausencia prevista por causa de traslado de domicilio do artigo 37-tres, c) do Estatuto dos traballadores, con dereito a remuneración, establécese en dous días.

A partir da sinatura deste convenio, concédeselle ao traballador un día de asuntos propios, que non poderá unirse ou acumularse a outro día de permiso ou vacacións e que deberá ser solicitado previamente.

A partir do mes de novembro do actual 2004, concederase, igualmente, un descanso semanal de dous días tanto ao persoal de redacción como ao de administración.

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal suxeito a este convenio desfrutará dunha vacación anual retribuída de 30 días naturais ininterrompidos, de acordo co artigo 63 da vixente ordenanza laboral de traballo en prensa e, precisamente, entre os meses de maio a outubro, ambos incluídos. A empresa incrementará este período de vacacións en tantos días laborables (a desfrutar separadamente dos 30 regulamentarios) como festas aboables e non recuperables traballase o traballador.

A empresa e os traballadores conveñen en que o período de desfrute das vacacións se acordará por seccións; en caso de non chegarse a un acordo entre os traballadores, acudirase a solicitar resolución da xurisdición competente. Igualmente, o calendario de vacacións da empresa deberá quedar fixado antes do 31 de marzo de cada ano.

Así mesmo, concédese, para o ano 2004, unha bolsa a todo o persoal, na data de comezo das súas vacacións regulamentarias, que será de 905,72 (no

vecentos cinco con setenta e dous) euros brutos, para o persoal que realiza unha xornada de 6 horas; e de 300,83 (trescentos con oitenta e tres) euros brutos para o que realiza unha xornada de 2 horas.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

Observarase o disposto no artigo 62 da vixente ordenanza laboral de traballo en prensa.

A empresa aboará aos traballadores unha paga extraordinaria por importe dunha mensualidade cada dez anos a partir do momento en que cumpran vinte anos de antigüidade na empresa, é dicir cando cumpran 20, 30, 40, etc. anos de antigüidade.

Artigo 14º.-Participación en beneficios.

Aboaranse segundo o establecido no artigo 65 da ordenanza laboral de traballo en prensa.

Artigo 15º.-Complemento por enfermidade ou accidente.

En caso de baixa por enfermidade ou accidente de traballo, o persoal percibirá unha cantidade complementaria (consistente na diferenza entre as remuneracións líquidas que percibe en activo e as percepcións que lle corresponden da Seguridade Social), nas datas que a xuízo do servizo médico da empresa non se encontre en condicións de asistir ao traballo a causa de enfermidade ou accidente.

Artigo 16º.-Axudas por falecemento.

Por causa de falecemento do traballador, cónxuxe ou fillos que convivan ás súas expensas, a empresa satisfará aos seus herdeiros legais a cantidade equivalente a tres mensualidades netas, servindo de base para o cálculo desta axuda a última mensualidade pagada. Cando faleza o traballador, cónxuxe, fillos, fillos políticos, pais ou pais políticos, condonarase o total da necrolóxica publicada e da de grazas, no tamaño habitual de tres columnas. Estas dúas necrolóxicas serán tamén condonadas aos xubilados e aos seus cónxuxes.

Nos mesmos casos a necrolóxica do primeiro aniversario será gratuíta. No caso de familiares de segundo grao, bonificarase co 50%.

Artigo 17º.-Xubilación forzosa e pensión complementaria de xubilación.

1. A xubilación será obrigatoria aos 65 anos para o persoal afectado por este convenio, sempre e cando o traballador reúna un período mínimo de cotización que lle permita alcanzar o 80% da base reguladora e sexa requirido pola empresa para tal fin. Por cada xubilación forzosa, a empresa obrígase a formalizar un contrato indefinido de calquera categoría nos seis meses precedentes ou posteriores á data da xubilación forzosa.

A obrigatoriedade da xubilación se manterá aos 65 anos até o momento en que se estableza o contrario por disposición legal.

2. Recoñecemento: o persoal que ingresase na empresa con anterioridade á sinatura do convenio

colectivo para 1995, terá dereito ao recoñecemento dunha pensión complementaria e con cargo á empresa se, no momento de obter a pensión de xubilación do réxime da Seguridade Social, ten 64 anos de idade e 20 anos, como mínimo, de servizo na empresa.

3. Requirimento de xubilación: o persoal con 64 anos e 34 anos de servizo poderá ser requirido pola dirección da empresa para que solicite a xubilación. Se o traballador se negase a aceptar o requirimento de xubilación que a dirección da empresa lle formule, perderá os beneficios deste complemento.

A empresa queda facultada para xubilar coa pensión máxima complementaria de xubilación o persoal con 64 anos de idade, sen que reúna ningún outro requisito. Neste último caso, o acordo da dirección da empresa será comunicado ao comité de empresa en pleno e este poderá solicitar a súa revisión da dirección.

4. Contía: a contía da pensión complementaria de xubilación de cada traballador que acredite este dereito será igual ao importe da diferenza entre o resultado de aplicar a porcentaxe de pensión que lle corresponda, segundo anos de servizo á empresa, ao total dos percibos líquidos por todos os conceptos (excepto as horas extraordinarias e o complemento funcional dominical) e as prestacións que por este concepto lle sexan recoñecidas na Seguridade Social, por aplicación da Lei de pensións, do 31 de xullo de 1985 e o Real decreto 1799/1985, do 2 de outubro, que a desenvolve.

As porcentaxes de pensión, segundo os anos de servizo, son as seguintes:

Anos de servizoPorcentaxe

20 80,00%

21 81,42%

22 82,84%

23 84,26%

24 85,68%

25 87,10%

26 88,52%

27 89,94%

28 91,36%

29 92,78%

30 94,20%

31 95,62%

32 97,04%

33 98,46%

34100,00%

Non son aplicables, por tanto, os beneficios aquí establecidos para o persoal que ingresase na empresa con posterioridade á sinatura do convenio colectivo de 1995.

Artigo 18º.-Transporte.

Durante o ano 2004, o complemento de transporte será incrementado de xeito que os actuais 3,21 euros que percibe por día cada traballador afectado pasarán a ser 3,32 por cada día que acuda ao traballo e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2004.

Tamén con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2004 e por cada día que acudan ao traballo, os traballadores que estaban a desfrutar do complemento de transporte en contía de 1,58 euros, pasarán a percibir 1,64 euros polo dito concepto.

As repartidoras percibirán a cantidade de 1,57 euros por cada día que acudan ao traballo e en concepto de complemento de desprazamento, con efecto do 1 de xaneiro de 2004.

Artigo 19º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas todas as condicións establecidas que sexan máis beneficiosas para o traballador.

Artigo 20º.-Compensación, absorción e vinculación á totalidade.

As melloras económicas que establece este convenio serán absorbidas e compensadas en cómputo anual pola empresa, de conformidade coa lexislación vixente, con calquera mellora de calquera clase e xénero que fose incluída, toda clase de primas, incentivos, complementos, gratificacións, horas extraordinarias e percepcións análogas establecidas ou que voluntariamente se pactasen neste convenio colectivo, contrato individual de traballo ou costume.

Queda expresado, acordado e convido que as melloras de toda índole que no futuro sexan concedidas por disposición legal, serán soamente aplicables no caso de seren superiores ás contidas neste convenio e soamente no que exceda; ou sexa, serán absorbidas e compensadas en cómputo anual até o exceso.

Ambas as partes conveñen en que as normas deste convenio constitúen un todo orgánico e indivisible.

Artigo 21º.-O salario base.

Das categorías profesionais establecidas no artigo 53 da ordenanza laboral de traballo en prensa, vixente, aprobado pola Orde do 9 de decembro de 1976 (rectificada), queda substituído polos que se relacionan na seguinte táboa, resultante de incrementar nun 3,50% os salarios vixentes ao 31-12-2003 e cuxo aumento se detrae do complemento convenio devengado polos traballadores:

CategoríasEuros

Mensual

-Técnicos
Técnico titulado de grao superior1.267,04
Técnico titulado de grao medio766,40
Técnico non titulado672,86
Debuxante proxectista628,85
Radiotelegrafista680,20
Radiotelefonista558,32

-Redacción
Subdirector1.267,04
Redactor xefe1.118,88
Redactor xefe de sección999,44
Redactor845,26
Axudante de primeira753,56
Axudante preferente655,54
Locutor655,54
Axudante584,83
Discjockey584,83

-Administración
Xefe de sección845,26
Xefe de negociado753,56

CategoríasEuros

Oficial primeira665,54
Oficial segunda584,83
Auxiliar543,57
Aspirante (16-18 anos)543,57
Xefe de equipo e informática845,26
Xefe de máquinas753,56

-Servizos auxiliares
Telefonista543,57
Encargado de almacén665,54
Almaceneiro543,57
Cobrador-pagador543,57
Axente de vendas (ax. informativas)543,57
Persoal subalterno543,57
Conserxe543,57
Porteiro543,57
Ordenanza543,57
Ciclistas e motoristas543,57
Gardas, serenos e vixilantes xurados543,57
Pesador basculeiro543,57
Mozo543,57
Persoal de limpeza543,57

Xornal
* Operarios
-Oficios propios
Xefe de taller (rexente)28,45
Xefe de sección25,69
Xefe de equipo22,40
Corrector21,59
Atendedor18,55

-Composición, reprodución e impresión
Oficial primeira20,58
Oficial segunda18,55
Oficial terceira18,09

-Reparación e montaxe
Oficial primeira20,58
Oficial segunda18,55
Oficial terceira18,09

-Manipulado
Oficial primeira18,55
Oficial segunda18,55
Oficial terceira18,09
Embuchadores maiores de 18 anos18,09
Especialistas18,09

-Oficios auxiliares
Oficial primeira18,55
Oficial segunda18,09
Oficial terceira18,09

-Aprendizaxe
Aprendiz de terceiro ano (con 18 anos de idade)18,09
Aprendiz de segundo ano (con 18 anos idade)18,09
Aprendiz de primeiro ano (con 18 anos idade)18,09
Peóns18,09

-Distribución
Xefe de vendas18,55
Axudante18,09
Atador18,09
Distribuidor18,09
Vendedor a xornal18,09

-Reparto
Repartidor (dúas horas)6,02

Os linotipistas, teclistas, perforistas preferentes e correctores, percibirán 0,18 máis diarios sobre as súas respectivas retribucións da táboa de salarios.

Os xornalistas percibirán, ademais, unha asignación mensual de 51,42 euros, denominada complemento artigo 48.

O soldo base dos subdirectores, redactores xefes, xefes de sección e redactores que presten servizos en réxime de libre disposición, incrementarase nun 35%, como mínimo, do sinalado na táboa.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

De conformidade coa Orde do 1 de marzo de 1983, sobre cotización adicional á Seguridade Social por

horas extraordinarias e para os efectos do disposto no artigo 7 do Real decreto 92/1983, do 19 de xaneiro e o Real decreto lei 1/1986, do 14 de marzo, a empresa e os seus traballadores, representados polo comité que intervén na negociación deste convenio, pactan:

a) Entenderase por horas extraordinarias, as necesarias por pedidos imprevistos, períodos punta de produción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estrutural derivadas da natureza da actividade de prensa, isto é:

-As necesarias nas distintas seccións do xornal para lograr todos os días de publicación a composición, confección, reprodución, impresión, cerramento e distribución dos exemplares que compoñen a tirada, tanto na ordinaria como nas edicións especiais, números extraordinarios e suplementos.

-As necesarias por ausencias imprevistas de enfermidade ou accidente de traballo.

-As necesarias por cambios de quenda, implantación tecnolóxica, adestramento, perfeccionamento dos traballadores e adaptación ás novas técnicas de traballo en prensa.

-As necesarias para traballos extraordinarios de reparación, montaxe e limpeza de maquinaria de nova adquisición.

-E calquera outra de natureza análoga, sempre que non poida ser substituída pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

b) As representacións empresariais e do comité aceptan o contido e comprométense á observación da orde de 1 de marzo de 1983, aludida anteriormente.

Artigo 23º.-Desfrute do exemplar gratuíto.

Os traballadores seguirán desfrutando do exemplar gratuíto despois da súa xubilación e, en caso de falecemento do traballador, desfrutarao o cónxuxe sobrevivente.

Artigo 24º.-Seguro colectivo de vida.

Os traballadores de Faro de Vigo, S.A., en canto permanezan na cadro de persoal da empresa en situación activa, quedarán acollidos a un seguro de vida que cubrirá o risco de morte por causas naturais ou de accidente e de invalidez, por importe de 12.020,24 (doce mil vinte con vinte e catro) euros.

Artigo 25º.-Complemento funcional dominical.

Mantéñense as cantidades cobradas, por este concepto, no ano 2003, con excepción do persoal de reparto, cuxos importes se verán aumentados nun 3,50%.

Artigo 26º.-Nóminas.

Os traballadores de Faro de Vigo, Sociedade Anónima ratifican a súa conformidade co formato de nómina que actualmente se está a utilizar.

Artigo 27º.-Vestiario e utensilios persoal de repartición.

Unha vez ao ano, o persoal de repartición, percibirá:

-Calzado: un par de verán e outro de inverno.

-Dous mandilóns.

-Un carro de catro rodas.

E cada catro anos:

-Un impermeable.

Artigo 28º.-Complemento e comisión de cobramento para o persoal de repartición.

A porcentaxe de comisión de cobramento mantense nun 8% e a partir do mes seguinte á sinatura deste convenio incluirase na nómina.

Por outra parte, do dito persoal terá no ano 2004 un complemento de distribución de 300 (trescentos) euros brutos por persoa.

Artigo 29º.-Axuda para o coidado da vista e da dentadura.

Unha soa vez ao ano e despois da presentación da factura emitida pola óptica, aboarase o 50% do custo de vidros ou lentes de contacto e até un importe máximo de 120,20 (cento vinte con vinte) euros por persoa e ano.

Tentarase o concerto con algunha clínica dental, a fin de conseguir condicións máis favorables para o traballador.

Artigo 30º.-Axuda escolar.

Para os traballadores con fillos de idade de 0 a 6 anos, ou sexa desde o seu nacemento e até o seu ingreso en primaria, establécese unha axuda anual e por fillo de 100 (cen) euros, que se aboará no mes de setembro.

Esta mesma axuda de 100 (cen) euros anuais, que se aboará no mes de setembro, prorrógase para os fillos en idade escolar de primeiro a sexto de primaria.

Para ter dereito a esta axuda cumprirá presentar certificado do colexio ou gardaría correspondente.

Artigo 31º.-Descansos.

Por cada festivo traballado, o persoal que pertenza a redacción, descansará día e medio.

Artigo 32º.-Complemento redaccional.

No mes de abril de 2004, os redactores e auxiliares da sección de redacción terán unha percepción de 300 (trescentos) euros.

No mes de setembro de 2004, os mesmos traballadores (redactores e auxiliares da sección de redacción) cobrarán 415 (catrocentos quince) euros.

Artigo 33º.-Unidades de negociación.

A representación das partes que negociaron, aproban e subscriben o texto deste convenio, está constituída da seguinte forma:

-Pola parte económica:

Fernando Fernández Núñez.

-Pola parte social:

Amaia del Olmo Legorburu.

Ana Rodríguez Piñeiro.

Mª del Carmen García Mallo.

Jaime Conde Guillade.

Julio Bernardo González.

Alejandro Mínguez González.

Pablo López Campos.

Ignacio Fernández Mojón.

Ricardo Grobas Antúnez.

Artigo 34º.-Cláusula final.

Para todo o non previsto neste convenio observarase o disposto no procedemento legalmente establecido e nas disposicións laborais de carácter xeral.

Vigo o trinta de xullo de dous mil catro.

-Pola empresa:

Fernando Fernández Núñez.

Administrador.

-Polo comité:

Amaia del Olmo Legorburu.

Mª del Carmen García Mallo.

Ana Rodríguez Piñeiro.

Pablo López Campos.

Jaime Conde Guillade.

Julio Berrnardo González.

Alejandro Mínguez González.

Ignacio Fernández Mojón.

Ricardo Grobas Antúnez.