DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 11 de novembro de 2004 Páx. 15.388

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 2 de novembro de 2004 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas destinadas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o exercicio de 2004 convocadas por Orde do 29 de abril de 2004.

Pola orde da consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 29 de abril de

2004 (DOG nº 87, do 6 de maio), convócanse para o ano 2004 as axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. As bases reguladoras destas axudas establécense na orde desta consellería do 4 de xuño de 2001, e modificacións posteriores.

No artigo 6 da Orde do 29 de abril de 2004, detállanse as aplicacións orzamentarias e os importes económicos previstos para o financiamento das devanditas axudas. Tendo en conta o elevado número e dimensión das solicitudes de axuda recibidas e a necesidade dun maior financiamento, convén ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas, sempre que cumpran co establecido nas ordes desta consellería citadas anteriormente.

Por todo o exposto, en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se contempla na orde desta consellería do 29 de abril de 2004 (DOG nº 87, do 6 de maio), pola que se convocan para o ano 2004 as axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, tal como se detalla a continuación:

* A aplicación orzamentaria 09.04.712-B.770.0 increméntase en 1.020.659 A para a anualidade 2004 e en 4.000.000 A para a anualidade 2005.

* A aplicación orzamentaria 09.04.615-A.770.0 increméntase en 1.749.350,09 A para a anualidade 2004 e en 1.000.000 A para a anualidade 2005.

Segundo.-Tamén se poderán utilizar outros remanentes adicionais que puidesen existir nas mesmas aplicacións. En todo caso, a concesión destas axudas estará condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 29 de abril de 2004.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2004.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural