DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 09 de novembro de 2004 Páx. 15.281

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN conxunta do 29 de outubro de 2004, da División de Recursos Humanos e de Asistencia Sanitaria, pola que se publica o pacto de creación dos postos de traballo de médicos de familia en PAC piloto e de enfermaría en PAC piloto.

Tras o proceso negociador celebrado entre a Administración sanitaria de Galicia e os representantes dos traballadores no seo da mesa sectorial de negociación de persoal de institucións sanitarias do Sergas, acadouse o pacto que se publica, subscrito entre a Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., CIG, UGT, e CSI-CSIF. A negociación foi celebrada de conformidade co artigo 35 da Lei 9/1987, do 9 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas. Así mesmo, a creación dos postos de traballo foi informada favorablemente polas direccións xerais de Orzamentos e Función Pública.

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVEN:

Acordar a publicación do pacto de creación dos postos de traballo de médicos de familia en PAC piloto e enfermaría en PAC piloto que se inclúe xunto con esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2004.

Alfredo García IglesiasJosé Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da DivisiónDirector xeral da División

de Asistencia Sanitaria de Recursos Humanos

Pacto de creación dos postos de traballo de médicos de familia en PAC piloto e de enfermaría en PAC piloto

Con data do 20 de febreiro de 2004, no seo da mesa sectorial asinouse unha acta en execución do pacto de urxencias extrahospitalarias (DOG nº 44, do 2 de marzo de 2001), que, entre outras materias, contén a previsión de negociación dunha norma que posibilite a anticipación das condicións de traballo e retributivas do persoal que se incorpore con carácter estable aos dispositivos de atención urxente, en virtude do novo modelo de atención urxente extrahospitalaria.

A regulación das materias organizativas, asistenciais e laborais do persoal de atención primaria, que prestará servizos nos dispositivos de atención urxente extrahospitalaria, leva consigo modificacións nas normas vixentes.

Materias tales como o establecemento do réxime de participación voluntaria na actividade de prestación de atención continuada en xornada comple

mentaria á ordinaria, a eliminación de cargas horarias obrigatorias -prevista no pacto citado-, o réxime de traballo e retributivo do persoal específico que se incorpore á prestación asistencial nos dispositivos de atención urxente, deberán ser ditadas en función da organización asistencial que resulte da reforma prevista na prestación da atención urxente extrahospitalaria, proxecto que se está elaborando pola Administración sanitaria de Galicia.

Mentres non se produzan as reformas organizativas derivadas da nova regulación, a Administración sanitaria e as organizacións sindicais acordaron na citada acta do 20 de febreiro de 2004 iniciar a posta en marcha de unidades piloto -sempre que asistencialmente for posible-, mediante vinculación de profesionais sanitarios en determinadas unidades cunha regulación das súas condicións de traballo e retributivas.

A posta en marcha mediante unidades piloto que se regula neste pacto, ten como base o cumprimento do acordado, que vén anticipar a reforma coa experiencia debida á evolución da prestación en urxencias desde a ano 1999 ao ano 2004. Preténdese avaliar a actividade e as condicións de traballo seguindo detalladamente a súa execución, tras a análise dos resultados, que deben supoñer unha mellora aos usuarios, a máxima eficiencia do modelo, e a estabilidade dos profesionais que verán melloradas as súas condicións de traballo. Tamén deberá servir para coñecer as dificultades da súa implantación con obxecto de prevelas e resolvelas na implantación progresiva do novo modelo prestacional.

Para levar a efecto a posta en marcha mediante unidades piloto, constituirase unha comisión en cada unidade, coa participación dos profesionais implicados, e unha comisión de seguimento da reforma. Estes órganos de participación serán os encargados do seguimento da actividade e da avaliación da execución do proxecto nas unidades pilotos, para o que deberán dispoñer da información necesaria para ese labor. As comisións de participación poderán propoñer melloras na calidade da prestación, na eficiencia do modelo e nas condicións de traballo dos profesionais implicados.

Sen prexuízo da organización que se estableza na prestación da asistencia sanitaria urxente neste nivel, a posta en marcha do modelo de urxencias extrahospitalarias baséase nos datos asistenciais, medios materiais e persoal, modalidades de prestación, obxectivos asistenciais e demais orzamentos e condicións que se fixarán para cada PAC nos programas funcionais.

A creación de postos de traballo co modelo de relacións laborais e condicións de traballo e retributivas dos profesionais, que prestará servizos nestas unidades de posta en marcha, son o obxectivo principal deste pacto, sen prexuízo das adaptacións que se tivesen que realizar no futuro por mor das normas de regulación xeral. Por iso, este pacto estará vixente con carácter provisional ata a publicación das nor

mas que regulen con ámbito xeral a organización e as condicións de traballo e retributivas do persoal en atención primaria, unha vez sexa publicada a reforma da organización asistencial.

O contido deste pacto foi negociado no seo da mesa sectorial de negociación do persoal das institucións sanitarias do Sergas con acordo asinado coa maioría das representacións sindicais.

A negociación foi celebrada de conformidade co artigo 35 da Lei 9/1987, do 9 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas.

Unha vez recibidos os informes favorables previstos na vixente Lei de orzamentos de Galicia, para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia polos órganos competentes.

Artigo 1º.-Obxecto.

Este pacto ten por obxecto a creación de postos de traballo de médico de familia en PAC piloto e enfermaría en PAC piloto, coa regulación provisional das condicións de traballo e retributivas do persoal médico de familia e enfermaría que vaia prestar servizos nos PAC piloto que se recollen no anexo II, así como o seguimento da actividade asistencial e de traballo das ditas unidades, para a súa avaliación e, se é o caso, realización de propostas de mellora.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este acordo será de aplicación ao persoal temporal médicos de familia e enfermeiras/os que pasen a prestar servizos nos PAC piloto que se recollen neste acordo.

Artigo 3º.-Vixencia.

Este pacto entrará en vigor ao día seguinte da publicación no DOG e manterá a súa vixencia ata decembro de 2004. As normas que se diten para aplicación xeral do persoal que presta servizos no novo modelo atención urxente extrahospitalaria, que substituirán a esta provisional adaptará as condicións previstas neste pacto para a PAC piloto, con sometemento ás normas de carácter xeral.

Artigo 4º.-Selección temporal e vinculación de médicos de familia e enfermaría para PAC piloto.

Tras o proceso de selección previsto no pacto de selección temporal, norma xeral 12.5.I, vincularase aos profesionais de acordo co que se dispón seguidamente:

a) O número de persoal necesario en cada categoría profesional en cada un dos PAC piloto fíxanse no anexo I como número mínimo para cada un deles. Para os PAC restantes tomaranse tamén, como base de cálculo do número de vínculos a realizar, os números actuais dos vínculos subscritos a 1 de marzo de 2004. O número publicarase coa oferta de selección para os PAC restantes do anexo II non incluídos no anexo I, logo de tratamento no seo da comisión de seguimento deste pacto.

b) Para a selección temporal de profesionais a División de Recursos Humanos do Sergas realizará unha convocatoria específica. O nomeamento formalizarase cos aspirantes que resulten seleccionados con base na convocatoria específica prevista nas normas transitorias do pacto de selección temporal vixente e cos criterios de selección regulados no número 12.5º do citado pacto, a favor dos aspirantes que obteñan maior puntuación, en aplicación dos baremos correspondentes recollidos nel, incluíndo a puntuación adicional de urxencias.

c) A vinculación temporal mediante nomeamento de servizos determinados para a posta en marcha das unidades citadas terá unha duración máxima dun ano, transformándose en nomeamento interino en praza vacante coa creación da praza correspondente ao PAC piloto, no prazo previsto dun mes, desde a autorización da provisión da praza logo de dotación orzamentaria. O citado nomeamento interino en praza vacante será ofertado en primeiro lugar ao persoal que teña o nomeamento de posta en marcha no respectivo PAC no momento da transformación.

Artigo 5º.-Xornada de traballo do persoal con nomeamento para prestar servizos nos PAC piloto:

A xornada laboral efectiva determinarase polas horas que hai que cubrir tanto de atención continuada como, de ser o caso, en atención ordinaria, así como pola modalidade de prestación que corresponda a cada PAC en correspondencia cunha das tres que se indican a seguir:

Como regra xeral o persoal que preste servizos nestas unidades terá unha xornada efectiva máxima de 1.624 horas ao ano. As modalidades de xornada inferior ou superior que non sexa de atención continuada será excepcional e debidamente organizada segundo as programacións funcionais das xerencias correspondentes con obxecto de que os profesionais teñan regrada a prestación en xornada distinta á de atención continuada. A comisión de seguimento deste pacto terá coñecemento previo da asignación programada da atención ordinaria nas modalidades B e C seguintes.

Para o cómputo tomarase como referencia o ano natural.

A xornada poderá prestarse baixo unha das seguintes tres modalidades:

a) Prestación de atención continuada: 1.624 horas efectivas ao ano que se desenvolverán no PAC en réxime de quendas rotatorias determinadas en función do horario do dito PAC.

b) Prestación con xornada mixta de atención continuada e ordinaria. O persoal que preste servizos baixo este réxime terá unha xornada mínima de 850 horas efectivas que prestará en réxime de quendas rotatorias no horario e ámbito do PAC. A xornada anterior será completada ata acadar as 1.624 horas ano, tanto en horas de xornada de atención continuada no PAC como ordinaria nas unidades e servizos do ámbito territorial do PAC. A distribución

da xornada correspondente a cada tipo de prestación será determinada con anterioridade e baixo criterios organizativos recollidos no programa funcional de cada PAC. As quendas de traballo serán coñecidas polos profesionais cando menos trimestralmente.

c) Prestación de servizos mixtos de atención continuada e atención ordinaria de alta prestación. O persoal que preste servizos baixo esta modalidade terá prevista a realización dunha xornada superior ás 1.624 horas ano. Esta xornada en réxime de quendas en horario correspondente ao PAC completarase con horas de atención ordinaria ou atención continuada ata acadar o máximo conxunto de 48 horas semanais de traballo efectivo de media en cómputo semestral. A distribución da xornada correspondente a cada tipo de prestación será determinada con anterioridade e baixo criterios organizativos recollidos no programa funcional de cada PAC. As quendas de traballo serán coñecidas polos profesionais cando menos trimestralmente.

Artigo 6º.-Retribucións do persoal con nomeamento para prestar servizos nos PAC piloto.

O persoal con nomeamento para cobertura dos PAC piloto con xornada completa de 1.624 horas serán retribuídos cos salarios seguintes, realizados con base na Lei 3/1987 que regula as retribucións de persoal estatutario e a Lei 55/2003, estatuto marco do persoal estatutario.

As contías recóllense no anexo III.

1. Médicos de familia en urxencias extrahospitalarias.

Estas retribucións remuneran a realización de xornada máxima de 1.624 horas, e terá a redución proporcional derivada de causas de redución de xornada previstas legalmente. Establécese como mínimo de horas anuais de atención continuada 850 horas efectivas, o que supón a realización de 774 horas efectivas en xornada ordinaria.

a) Retribucións básicas:

Comprenderán o soldo base do grupo A de clasificación prevista nas ordes de confección de nóminas, así como os trienios. Este último concepto devengarase no caso ter a condición de persoal fixo.

As retribucións básicas devengaranse en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias que incluirán as básicas e o complemento de destino.

b) Retribucións complementarias:

-O complemento de destino fixase no nivel 24. Será retribuído nese nivel de acordo co contido nas ordes de confección de nóminas.

-O complemento específico retribuirá as condicións particulares do posto de traballo.

-O complemento de produtividade variable: percibirase este complemento de participar en programas específicos destinados a este nivel de atención con obxecto de mellorar a calidade en urxencias ou obxectivos asistenciais dirixidos ás distintas modalidades de atención. Tamén remunera a pro

dutividade derivada da efectiva presenza no posto de traballo. Este complemento será obxecto de desenvolvemento. Previamente negociarase no seo da comisión de seguimento.

-Complemento de produtividade fixa: este complemento remunerarase coa cantidade que se recolle no anexo. Ademais, sempre que se dean os supostos seguintes remunerarase un complemento adicional de produtividade fixa:

1. Pola realización das horas na xornada de atención ordinaria sempre que sexa maior de 200 horas anuais dentro das 1.624, será retribuída cun valor de 5 A adicionais por hora, conforme a seguinte escala:

-O módulo do que se parte é o seguinte: 774 horas ordinarias supón un módulo de 580 horas de retribución, o que significa a 5 A adicionais hora 2.900 A en total.

2. Polo desempeño xornada en atención ordinaria por encima das 1.624, destinado a retribuír as horas efectivas de atención ordinaria por encima da xornada de 1.624, cunha retribución por hora de 16,89 A.

-Un complemento de atención continuada: destinado a retribuír as horas de atención continuada por encima das 1.624. En xornada de atención continuada:

Presenza física: 12,38 A/hora.

Presenza localizada: 6,19.

2. Persoal de enfermaría.

Estas retribucións remuneran a realización de xornada máxima de 1.624 horas, e terá a redución proporcional derivada de causas de redución de xornada previstas legalmente. Establécese como mínimo de horas anuais de atención continuada 850 horas, o que supón a realización de 774 horas en xornada ordinaria.

a) Retribucións básicas:

Comprenderán o soldo base do grupo B de clasificación prevista nos pactos de confección de nóminas, así como os trienios. Este último concepto devengarase no caso ter a condición de persoal fixo.

As retribucións básicas devengaranse en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias que incluirán as básicas e o complemento de destino.

b) Retribucións complementarias:

-Complemento de destino fixase no nivel 21. Será retribuído nese nivel de acordo co contido nas ordes de confección de nóminas.

-Complemento de produtividade variable: percibirase este complemento de participar en programas específicos destinados a este nivel de atención con obxecto de mellorar a calidade en urxencias ou obxectivos asistenciais dirixidos ás distintas modalidades de atención. Tamén remunera a produtividade derivada da efectiva presenza no posto de tra

ballo. Previamente negociarase no seo da comisión de seguimento.

-Complemento de produtividade fixa: este complemento remunerarase coa cantidade que se recolle no anexo. Ademais, sempre que se dean os supostos seguintes remunerarase un complemento adicional de produtividade fixa:

1. Pola realización das horas na xornada de atención ordinaria sempre que sexa maior de 200 horas anuais dentro das 1.624, será retribuída cun valor de 3,31 A adicionais por hora, conforme a seguinte escala:

-O módulo do que se parte é o seguinte: 774 horas ordinarias supón un módulo de 580 horas de retribución, o que significa a 3,31 A adicionais hora, 1.919,80 A en total.

2. Polo desempeño xornada en atención ordinaria por encima das 1.624, destinado a retribuír as horas efectivas de atención ordinaria por encima da xornada de 1.624, cunha retribución por hora de 11,34 A.

-Un complemento de atención continuada: destinado a retribuír as horas de atención continuada por encima das 1.624. En xornada de atención continuada:

Presenza física: 8,67 A/hora.

Presenza localizada: 4,32 A/hora.

Artigo 7º.-Funcións.

As funcións serán as establecidas polo desempeño das funcións de cada categoría aplicadas ás actividades que teñen encomendadas nos puntos de atención continuada así como nos servizos nos que se integren (actividades preventivas, asistenciais, de promoción a saúde, docente, investigadora, formación; en xeral, todas aquelas encamiñadas á mellora da atención dos pacientes da área).

Artigo 8º.-Comisións de participación e seguimento.

8.1. En cada unha das áreas dos PAC con unidades piloto, constituirase unha comisión de participación e seguimento de composición paritaria, da que formarán parte as organizacións sindicais asinantes deste pacto (catro representantes: un representante por cada unha), persoal que presta servizos nos PAC piloto (dous representantes), elixidos por e entre eles, de non haber acordo co criterio de participación elixirase por sorteo, e persoal directivo de cada xerencia ou que designe cada xerencia, en número igual a seis.

8.2. Constituirase tamén unha comisión de seguimento deste pacto coas partes, asinantes en número igual para cada unha delas.

8.3. As dúas comisións terán as competencias que expresamente se recollen neste pacto.

8.4. As comisións de participación e seguimento poderán solicitar a información necesaria á xerencia con obxecto de analizar a evolución do PAC piloto

en todos os aspectos organizativos, funcionais, asistenciais, de eficiencia e de condicións de traballo, así como as incidencias que teñan que ver coa posta en marcha da unidade piloto. Poderán realizar as propostas de mellora que estimen oportunas.

Estas comisións remitirán á comisión de seguimento deste pacto, polo menos mensualmente, un informe sobre a posta en marcha e evolución do modelo organizativo e das funcións e relacións laborais. Estes informes serán valorados pola citada comisión e polos órganos centrais responsables da asistencia e de recursos humanos para con obxecto, de ser o caso, adaptar as medidas que sexan necesarias de adaptación do modelo.

A comisión de seguimento deste pacto está conformada por un representante de cada unha das organizacións asinantes deste pacto e polos representantes da Administración sanitaria. Terá como cometido a adopción dos acordos que estime necesarios para a aplicación e interpretación das disposicións contidas neste pacto, tamén terá por obxecto o seguimento dos PAC unidades piloto, solicitando os informes necesarios e respondendo as incidencias que se presenten na execución das ditas unidades.

Disposicións adicionais

Primeira.-De resultar inviable a organización que se deduce deste documento, ben derivada da falta de opción de voluntariedade ou da falta de profesionais no proceso de selección nalgún dos PAC piloto dos recollidos neste pacto, a xerencia proporá outro PAC piloto para a posta en marcha do novo modelo organizativo. Este cambio será informado previamente aos membros da comisión de seguimento deste pacto.

Segunda.-As normas contidas neste pacto deberán interpretarse e completarse, nos supostos non resoltos expresamente ou, de darse dúbidas ou lagoas, coas normas que regulan as condicións de traballo do persoal específico que se vincule ao PAC, e o resto de normas aplicables ao persoal médico de familia e enfermeiras/os no Sergas, incluíndo o pacto polo que se regulan determinadas condicións de traballo do persoal que presta servizos no ámbito urxencias extrahospitalarias (DOG nº 44, do 2 de marzo de 2001).

Disposición transitoria

A Administración sanitaria ditará as instrucións oportunas para a expedición dun novo nomeamento para cobertura de atención continuada de urxencias extrahospitalarias. A duración deste vínculo virá determinada pola nova oferta de cobertura de PAC que se formalice con anterioridade ao mes de decembro deste ano. Unha vez realizada a dita oferta e as sucesivas que poidan realizarse durante o período transitorio de execución do modelo de urxencias extrahospitalarias vincularanse aos profesionais con estes nomeamentos para cobertura de atención continuada.

ANEXO I

PAC PILOTONº DE VÍNCULOS

MÉDICOS DE FAMILIAENFERMARÍA

COLES33

CAMBRE44

SAN SADURNIÑO54

MONDOÑEDO24

MELIDE44

O PORRIÑO74

CALDAS DE REIS54

TOTAL3027

* O número mínimo de vínculos poderá incrementarse en función da voluntariedade

ANEXO II

PACs Piloto

-Ourense:

1. Coles

2. Maceda

-A Coruña:

3. Cambre

4. Curtis

-Ferrol:

5. San Sadurniño

6. Fene

-Lugo:

7. Mondoñedo

8. Meira

-Santiago de Compostela:

9. Melide

10. Ribeira

11. Arzúa

-Vigo:

12. O Porriño

13. A Cañiza

-Pontevedra:

14. Caldas de Reis

15. Silleda

16. Terra de Montes

Médicos de familia en PAC piloto

Xornada efectiva 1.624Código orzamentario: SF-A: 261

AnoSoldo baseAdicional extraDestinoEspecíficoP. fixa acordoTotal anoCPVTotal

20041.048,6231,66474,91367,0210527.436,902.40429.840,90

AnoSoldo baseAdicional extraDestinoEspecíficoP. fixa acordoTotal anoCPVTotal

20051.048,6231,66474,91367,02183,7528.381,902.40430.785,90

Enfermeira nivel en PAC piloto

Xornada efectiva 1.624Código orzamentario: S-B-363

AnoSoldo baseAdicional extraDestinoProdutividade

fixa acordo

Total anoCPVTotal

200489025,7385,6316,6718.418,66375,6318.794,29

AnoSoldo baseAdicional extraDestinoProdutividade

fixa acordo

Total anoCPVTotal

200589025,7385,6329,1718.568,66375,6318.944,29

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA