DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 09 de novembro de 2004 Páx. 15.265

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de novembro de 2004 pola que se autoriza o cesamento de actividades das ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato do centro privado Benposta-Nación de Muchachos de Ourense.

Examinada a solicitude formulada por Jesús César Silva Méndez, na súa condición de representante da titularidade do centro privado Benposta-Nación de Muchachos, pola que pretende o cesamento de actividades para as ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado conta con autorización definitiva para seis unidades de educación primaria, cuatro unidades de educación secundaria obrigatoria, cuatro unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias soiciais, segundo a Orde do 14 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 22 de agosto). Así mesmo, conta con autorización para impartir o ciclo formativo

de grao superior de realización de audiovisuais e espectáculos, segundo a Orde do 20 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 3 de agosto).

Resultando que o centro privado Benposta-Nación de Muchachos ten, por Orde do 27 de xullo de 2004 (Diario Oficial de Galicia do 18 de agosto), concertadas catro unidades de educación primaria e catro unidades de educación secundaria obrigatoria (2 do 1º ciclo e 2 do 2º ciclo).

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27 de decembro), polo que se aproba o regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, especialmente os seus artigos 47 e 59.2º; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, artigos 17 e seguintes, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que aos posibles alumnos afectados se lle garante a súa escolarización en centros sostidos con fondos públicos.

Polo anteriormente exposto, esta consellería

ACORDA:

Primeiro.-Autorizar o cesamento de actividades para as ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato do centro privado Benposta-Nación de Muchachos de Ourense.

Segundo.-Declarar extinguido o concerto educativo relativo ás catro unidades de educación primaria e para as catro unidades de educación secundaria obrigatoria.

Terceiro.-Declarar extinguida a autorización para as ensinanzas recollidas no punto primeiro desta orde.

Cuarto.-O establecido nos puntos anteriores terá efectos económico-administrativos do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria