DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 09 de novembro de 2004 Páx. 15.264

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 11 de outubro de 2004 pola que se declara a alienabilidade dunha franxa de terreo do recinto da Estación de Inspección Técnica de Vehículos do Espírito Santo, no termo municipal de Sada (A Coruña).

Polo Decreto 236/2004, do 23 de setembro (DOG nº 195, do 6 de outubro), desafectouse unha franxa de terreo do recinto da Estación de Inspección Técnica de Vehículos do Espírito Santo, no termo municipal de Sada.

Comprobada a inscrición no correspondente rexistro da propiedade, o predio matriz figura a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, e procede declarar a súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do seu regulamento, co obxecto de posibilitar o tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Industria, Innovación e Comercio

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a continuación:

Franxa de terreo paralela á estrada N-VI, duns 4 metros de largo e 130 de longo, que ten unha superficie de 603 metros cadrados, e que conta cos seguintes lindeiros: ao norte, estrada N-VI; ao sur, predio matriz; ao leste, instalacións de José Riego Lomba, S.A.; e ao oeste, vía de acceso ao polígono industrial do Espírito Santo (Sada).

O predio matriz figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.855, libro 325, folio 94, predio número 8.571, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2004.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda