DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 08 de novembro de 2004 Páx. 15.183

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 256/2004, do 26 de outubro, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola

que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméanse membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia en representación de CC.OO. de Galicia, a Clara Gamarra Lozano, José Eusebio Justo Santos, Eva Aldariz Arias e J. Manuel Fernández Pérez.

Artigo 2º

Noméanse membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia en representación de CC.OO. de Galicia, a Maica Bouza Seoane, Francisco Carrera Pérez, Auri Vázquez Estraviz e Manuel Lago Peñas.

Santiago de Compostela, vinte e seis de outubro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente