DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 08 de novembro de 2004 Páx. 15.183

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 255/2004, do 26 de outubro, polo que se dispón o cesamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9, parágrafo 1º, inciso segundo, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia en representación de CC.OO. de Galicia, Francisco Javier Montero Dongil, José Eusebio Justo Santos, Mª Isabel Quintáns Rodríguez e J. Carlos Rodríguez Gesto.

Artigo 2º

Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia en representación de CC.OO. de Galicia, Maica Bouza Seoane, Manuel Lago Peñas, Jesús Penedo Pallas e Jaime López Golpe.

Santiago de Compostela, vinte e seis de outubro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente