DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 03 de novembro de 2004 Páx. 14.896

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 22 de outubro de 2004 pola que se actualizan os prezos máximos que deben pagar os alumnos de centros escolares para o consumo de leite e determinados productos lácteos para o curso escolar 2004-2005.

A orde desta consellería do 20 de maio de 2002, modificada pola do 21 abril de 2004, estableceu

as bases reguladoras do programa de leite escolar nesta Comunidade Autónoma, para a concesión das axudas para a subministración aos alumnos de centros escolares dos produtos lácteos transformados, de conformidade co establecido nos regulamentos (CE) 1255/1999, do Consello, do 17 de maio, e 2707/2000, da Comisión, do 11 de decembro, así como no Real decreto 194/2002, do 15 de febreiro, sobre as modalidades de aplicación no Estado español do establecido nesa normativa comunitaria.

O Regulamento nº 816/2004, da Comisión, modifica as epígrafes 1º e 2º do artigo 3 do Regulamento 2707/2000, da Comisión, substitúe o anexo vixente ata o momento por un novo anexo I (introducindo novos produtos subvencionables e cambiando a numeración das categorías destes), e engade un novo anexo II no que se establecen os importes das axudas para os distintos períodos.

No artigo 4.4º da devandita orde prevese que, para cada curso escolar, poderá variarse o prezo máximo que vai pagar o alumno para os diferentes produtos subvencionables, de acordo co custo medio da materia prima e as modificacións que, se é o caso, se produzan na contía da axuda e, conforme a dita previsión, as ordes desta consellería, do 9 de outubro de 2002 (DOG nº 211, do 31 de outubro) e do 2 de outubro de 2003 (DOG nº198, do 13 de outubro) actualizaron, respectivamente, os prezos máximos para os cursos escolares 2002-2003 e 2003-2004.

O inicio do novo curso escolar 2004-2005 e a modificación do Regulamento nº 2707/2000, da Comisión, polo Regulamento nº 816/2004, fan necesario axustar os prezos máximos dos diferentes produtos subvencionables e as categorías destes para este curso escolar, de acordo coa listaxe de produtos subvencionables establecidos no Real decreto 194/2002, do 15 de febreiro.

Segundo a Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), conforme a denominación actual establecida pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, e o Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que a desenvolve, así como o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece a súa estrutura orgánica modificado polo 161/2003, do 13 de febreiro, correspóndelle a este organismo, entre outras funcións, a concesión das axudas comunitarias para a subministración de determinados produtos lácteos aos alumnos de centros escolares, dentro da organización común de mercados do leite e produtos lácteos.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e do

Fogga, modificado polos decretos 161/2003, do 13 de febreiro e 141/2004, do 1 de xullo,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para o curso escolar 2004-2005, os prezos máximos que debe pagar o alumno para os diferentes produtos establecidos no anexo I da orde desta consellería, do 30 de maio de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas aos alumnos de centros escolares para o consumo de leite e determinados produtos lácteos, serán os indicados no anexo desta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Fondo Galego de Garantía Agraria para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2004.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

ANEXO

Programa de leite escolar

Prezos máximos que pagarán os alumnos

nos centros escolares

Categoría

(*)

ProdutoDefiniciónPrezos

(euros/kg)

IaLeite enteiro tratado termicamente (pasteurizado).0,52
Leite enteiro tratado termicamente (os demais) en envases dun litro.0,52
2º bisLeite enteiro tratado termicamente (os demais) en envases de 1,5 litros.0,52
Leite enteiro tratado termicamente (os demais) en envases de 200 cc.0,52

Ib

Leite enteiro con sabor a chocolate ou aromatizado con mínimo 90 por 100 en peso leite enteiro.

Idem. Envase de 200 cc.

0,69

0,69

IcIogur de leite enteiro.1,34

Va

1º bis

Leite semidesnatado tratado termicamente en envase dun litro.

Leite semidesnatado tratado termicamente en envase de 1,5 litros.

Idem. Envase de 200 cc.

0,47

0,47

0,47

Vb

Leite semidesnatado con sabor a chocolate ou aromatizado con mínimo 90 por 100 en peso de leite semidesnatado.

Idem. Envase de 200 cc.

0,67

0,67

VcIogur de leite semidesnatado.1,21

VIIa

1º bis

Leite desnatado tratado termicamente en envase dun litro.

Leite desnatado tratado termicamente en envase de 1,5 litros.

Idem. Envase de 200 cc.

0,42

0,42

0,42

VIIb

Leite desnatado con sabor a chocolate ou aromatizado con mín. 90 por 100 en peso leite desnatado.

Idem. Envase de 200 cc.

0,58

0,58

VIIcIogur de leite desnatado.1,18

VIIIQueixos frescos ou fundidos cun contido de graxas en peso de materia seca igual ou superior ao 40 por 100.5,15

IXOs demais queixos cun contido de graxas en peso de materia seca igual ou superior ó 45 por 100.5,25

(*) Conforme a numeración establecida segundo o Regulamento (CE) 816/2004

Os prezos virán expresados en euros/quilogramo sumando o IVE vixente e descontada a axuda prevista no Regulamento (CE) 2707/2000.

No caso de que os produtos subministrados se expresen en litros, o prezo deberase definir por quilogramo, para o que se empregarán as conversións regulamentarias.