DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 03 de novembro de 2004 Páx. 14.896

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se autorizan os programas de garantía social en centros privados e institucións sen ánimo de lucro, que figuran nos anexos I e II, respectivamente, para o curso 2004-2005.

En virtude da Orde do 5 de maio de 1997 (DOG do 29 de maio) pola que se regulan os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais,

RESOLVE:

Autorizar os programas de garantía social en centros privados e institucións sen ánimo de lucro, que figuran nos anexos I e II, respectivamente, para o curso 2004-2005.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2004.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Ordenación Educativa

ANEXO I

Provincia: A Coruña.

Centro privado Agarimo.

Código: 15020431.

1 PGS Operario de albanelaría.

1 PGS Axudante de servizos de restaurante e bar.

1 PGS Servizos auxiliares de oficina.

1 PGS Operario de carpintaría de madeira maciza.

ANEXO II

Provincia: Lugo.

Cruz Vermella de Lugo.

1 PGS Auxiliar de axuda no domicilio e residencias asistidas.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL