DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Sábado, 30 de outubro de 2004 Páx. 14.764

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 251/2004, do 29 de outubro, polo que se nomea director xeral de Política Financeira e Tesouro a Manuel Galdo Pérez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de outubro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Manuel Galdo Pérez director xeral de Política Financeira e Tesouro.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos o día 1 de novembro de 2004.

Santiago de Compostela, vinte e nove de outubro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda