DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Sábado, 30 de outubro de 2004 Páx. 14.764

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 250/2004, do 29 de outubro, polo que se dispón que cese María Pilar del Mar Pérez Marsó como directora xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta

de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de outubro de dos mil catro,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, María Pilar del Mar Pérez Marsó como directora xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Santiago de Compostela, vinte e nove de outubro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria