DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.759

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO do 25 de outubro de 2004 polo que se fan públicas as comisións de selección e as datas de realización da primeira fase dos procesos selectivos da Fundación Pública Hospital da Barbanza publicados no Diario Oficial de Galicia do 12 de maio e do 23 de xullo de 2004.

As comisións de selección que se constitúen para as categorías de ATS/DUE, auxiliar de enfermaría, PSX, TEL, TER e traballador social do proceso publicado no DOG do 12 de maio de 2004, así como para as categorías de facultativo especialista en xine

coloxía e obstetricia, cirurxía xeral e dixestiva, otorrinolaringoloxía, anestesia e reanimación, hospitalización a domicilio, radioloxía, aparello dixestivo, pediatría, urxencias, técnico superior rama xurídica e técnico superior informático do proceso publicado no DOG do 23 de xullo de 2004, pódense consultar no taboleiro de anuncios da fundación e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Así mesmo, convócanse os aspirantes das distintas categorías á realización da primeira fase do proceso selectivo nos lugares e datas que se especifican a continuación:

-Venres 10 de decembro de 2004 ás 17.00 horas no salón de actos da Fundación Pública Hospital da Barbanza: categorías de traballador social, técnico superior rama xurídica e técnico superior informático.

-Sábado 11 de decembro de 2004 na aula A da Facultade de Ciencias Económicas de Santiago de Compostela:

* Ás 9.00 horas: categoría de ATS/DUE.

* Ás 12.00 horas: categoría de auxliar de enfermaría.

* Ás 17.00 horas: categorías de persoal de servizos xerais, técnico especialista de laboratorio, técnico especialista en radioloxía e todas as especialidades de facultativos.

Ribeira, 25 de outubro de 2004.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital da

Barbanza

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

(CEEI GALICIA, S.A.)