DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.759

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO do 25 de outubro de 2004 polo que se lles dá publicidade ás listas definitivas de admitidos ao proceso selectivo da Fundación Pública Hospital da Barbanza nas categorías de facultativos e técnicos superiores e se modifican as listas definitivas de admitidos na categoría de auxiliar de enfermaría.

Unha vez rematado o prazo de reclamacións ás listas provisionais de admitidos e excluídos nas categorías de facultativos e técnicos superiores, a Fundación Pública Hospital da Barbanza anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos nestas categorías para o proceso selectivo publicado no DOG do 23 de xullo de 2004, que se poderán consultar no taboleiro de anuncios da fundación e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Así mesmo, anúnciase a inclusión dunha nova aspirante nas listas definitivas de admitidos na categoría de auxiliar de enfermaría para o proceso publicado no DOG do 12 de maio de 2004, podéndose consultar a lista modificada nos mesmos lugares que as anteriores.

Ribeira, 25 de outubro de 2004.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital da

Barbanza