DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2004 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de construción de escola infantil nas Fontiñas.

Tipo de licitación: 574.661,42 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución das obras será de 16 meses.

Forma de adxudicación: concurso e procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9.00 e as 14.00 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 3 e 4, categoría d.

Grupo k, subgrupo 2, categoría d.

Documentación: Copy Estudio, r/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. tfno.: 981 59 33 85.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación); tfno.: 981 54 30 33, fax: 981 54 23 04.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 10.30 horas, o segundo día hábil seguinte á finalización do prazo

de presentación de proposicións. De coincidir sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2004.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde