DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2004 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación dun seguro de asistencia sanitaria para o persoal funcionario do Concello de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: 25,07 euros/persoa/mes.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración dun ano, comezando ás 00.00 horas do 1 de xaneiro de 2005, e prorrogable anualmente.

Forma de adxudicación: concurso e procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, ata as 14.00 horas do día 24 de novembro de 2004.

Clasificación do contratista: non se exixe.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación), teléfono: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 9 do prego de cláusulas administrativas.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (secretaría) ás 10.30 horas, o día 26 de novembro de 2004.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2004.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde