DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 8 de outubro de 2004, o proxecto técnico da obra de ampliación de edificio para a construción dun centro de día e o prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación desta obra por procedemento aberto mediante a forma de concurso e tramitación urxente, expóñense ao público os referidos documentos por prazo de oito días hábiles seguintes á derradeira publicación deste anuncio no DOG ou BOP, para que os interesados poidan examinalos e formular alegacións, e pola súa vez, convócase concurso e, de conformidade co disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, dáse publicidade á apertura do procedemento de adxudicación do contrato, de acordo co seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Palas de Rei.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación de edificio para a construción dun centro de día.

b) Lugar de execución: rúa do Muíño. Palas de Rei.

c) Prazo de execución: 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 253.497,09 euros.

5. Garantías.

Provisoria: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Palas de Rei.

b) Domicilio: avenida de Compostela, 28.

c) Localidade e código postal: Palas de Rei, 27200.

d) Teléfono: 982 38 00 01.

e) Fax: 982 37 40 15.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C; subgrupos 02, 03, 04, 05, 06, 07, 08 e 09; categoría B.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP.

b) Documentación que se deberá presentar: a que figura na cláusula 7ª do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Palas de Rei.

2º Domicilio: avenida de Compostela, 28.

3º Localidade e código postal: Palas de Rei, 27200.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Palas de Rei.

b) Domicilio: avenida de Compostela, 28.

c) Localidade: Palas de Rei, 27200.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ao remate do prazo de presentación das proposicións, logo de notificación a todos os licitadores.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde se poden obter os pregos: www.palasderei.com

Palas de Rei, 13 de outubro de 2004.

Fernando Alfredo Pensado Barbeira

Alcalde