DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle dunha parcela no Seixo promovido por Mugar Gestión, S.L.

O Pleno do Concello, en sesión do día 19 de outubro de 2004, aprobou definitivamente o estudo de detalle dunha parcela no Seixo, promovido por Mugar Gestión, S.L., redactado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos, con data setembro de 2004.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase este anuncio e remitirase á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a todos os propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practicar a notificación intentada.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio.

Mugardos, 20 de outubro de 2004.

Xosé Fernández Barcia

Alcalde