DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 1-10-2004, aprobou inicialmente o estudo de detalle formulado para a segregación da parcela 151002 (rúa Miño, 23) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (Pepri), dunha porción incluída na denominada U.I. 8, Unidade de Intervención rúa Falcón, promovido por Xestión Urbanística de Lugo, S.A.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese á información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poder ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 15 de outubro de 2004.

P.D. (Decreto alcaldía 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de área