DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO INCIO

EDICTO.

O Pleno Corporativo municipal, en sesión extraordinaria, con data do 14 de outubro de 2004, aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal

do Incio, para efectos do establecido no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, ábrese un trámite de información pública por plazo dun mes, durante o que as entidades e os particulares poderán presentar as suxestións e reclamacións que consideren oportunas.

De conformidade co establecido no artigo 77.2º e 3º, parágrafo 2º, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas, cunha duración máxima de dous anos contados desde a data de aprobación inicial, naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento nos que as novas determinacións do plan supoñan unha modificación da ordenación urbanística vixente.

O Incio, 18 de outubro de 2004.

Ángel Camino Copa

Alcalde-presidente