DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

No BOP nº 184, do 22 de setembro de 2004, páxinas 21 a 28, publícanse as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria para cubrir as seguintes prazas vacantes de funcionarios, incluídas na oferta de emprego público do ano 2004.

1. Funcionarios.

a) Un auxiliar de Administración xeral, encadrado na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integrado no grupo D, por quenda libre.

b) Un condutor, encadrado na escala de Administración especial, subesfcala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, integrado no grupo E, por promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse, unicamente, no taboleiro de anuncios do concello.

Gondomar, 1 de outubro de 2004.

J. Carlos Silva Mariño

Alcalde