DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

No BOP nº 181, do 17 de setembro de 2004, páxinas 11 a 14, publícanse as bases para a cobertura das seguintes prazas vacantes na plantilla de persoal laboral.

1. Persoal laboral.

a) Un capataz de servizos varios, por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición.

b) Un oficial de 1ª de oficios (albanel), por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse, unicamente, no taboleiro de anuncios do concello.

Gondomar, 1 de outubro de 2004.

J. Carlos Silva Mariño

Alcalde